Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra
Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal
IES Laxeiro |
|
Enderezo: Avenida Buenos Aires Nº 71 - 36500 Lalín - Pontevedra Teléfono: 886 15 19 40 - Correo electrónico: ies.laxeiro@edu.xunta.gal |
|
Visita a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de GaliciaO 18 de marzo un grupo de 26 alumnos de 2º BAC visitaron a exposición Da Terra de Lemos ao Reino de Galicia en Ourense.
A exposición reúne obxectos e documentos do Reino de Galiza medieval que salientan a súa importancia no contexto internacional da época. A mostra pretende fornecerlle ao público un paradigma renovado co que achegarse á nosa historia. Trátase dun modelo que xa desde o inicio nos revela unha Galicia consolidada como referente xeopolítico recoñecido en toda Europa e áreas limítrofes ao longo de toda a Idade Media. Entre outras pezas, puidemos contemplar o primeiro documento escrito en galego (o foral do Bono Burgo de Caldelas), o caliz do Cebreiro ou A Mariscala (cadea coa que, segundo a tradición popular, foi axustizado o mariscal Pardo de Cela). » |
Novos números
|