Educación Básica de Adultos

Resumo das características e da normativa que regula a Educación Básica para Adultos.


ORGANIZACIÓN.

A formación básica para adultos organízase en dúas etapas: a Formación Básica Inicial e a E.S.A.

A Formación Básica ten dous niveis: o 1º traballa as habilidades instrumentais de lectoescritura e cálculo matemático, e o 2º serve de preparación para o acceso á Educación Secundaria de Adultos (ESA) .

A Educación Secundaria de Adultos (ESA) ten tamén dous niveis, organizados en módulos cuadrimestrais. Os módulos I e II pertencen ao nivel I e correspóndense con 1º e 2º de ESO, e os módulos III e IV pertencen ao nivel II e correspóndense con 3º e 4º de ESO. Este último nivel é o que se imparte no Laxeiro.
En cada módulo cursaranse tres ámbitos de coñecemento: científico-tecnolóxico (Matemáticas, Ciencias da Naturaza, Tecnoloxía e aspectos de Ed. Física), Comunicación (L. galega, L. castelá e 1ª Lingua estranxeira) e Social ( xeografía, historia, ed. Para a cidadanía e aspectos de Plástica e Música). Ademais cursarase a O.C.C. (oferta curricular de centro).

DISTRIBUCIÓN HORARIA SEMANAL

As sesión teñen unha duración de 50 minutos e a distribución de materias e número de sesións por semana son as seguintes:

 

Ámbito



Comunicación
L. Extranxeira 30 %
6 6 4 4
2 2 2 2
Científico Tecnolóxico 9 9 9 8
Social 3 3 4 4
O.C.C. 1 1 1 1
Titoría 1 1 1 1
Totais 22 22 21 20

 

CONDICIÓNS DE ACCESO

  • Maiores de 18 anos ou que cumpran no ano de inicio do curso escolar.
  • Maiores de 16 anos con contrato de traballo que non lles permita acudir aos centros en réxime ordinario ou sexan deportistas de alto rendemento.

ADMISIÓN E MATRÍCULA

O alumnado que cumpra os requisitos anteriores poderá matricularse nun nivel completo ou en ámbitos soltos.

  • Presentación de solicitudes de admisión.- do 1 ao 15 de xuño.
  • Tres días despois publicaranse as listas de admitidos e terán cinco días para reclamacións.
  • De non completarse as prazas ofertadas, a dirección aceptará novas matrículas por orde de entrada na secretaría do centro.
  • Prazo de matrícula.- do 1 ao 10 de setembro.