Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Maio 25, 2021

Este martes 25 de maio, puidemos desfrutar dunha xornada de xogos tradicionais da man de Luchi Iglesias, artesán polifacético de Lalín que ven de recuperar e crear materiais daqueles xogos que nenos, nenas e maiores adoitaban practicar nas aldeas e vilas do país. Xornada de aprendizaxe e diversión, organizada no marco de proxecto Erasmus+ "21st Century skills through Outdoor Traditional Games". Queremos agradecer a Luchi o seu labor de promoción do legado cultural que supoñen os xogos tradicionais, ao alumnado que participou de forma activa e respetuosa e ao profesorado que colaborou na organización e control da actividade.

Sábado Xuño 05, 2021
Start: 05/06/2021 16:26

O alumnado de 2º de ESO que estivo traballando no proxecto ALIMENTACIÓN SAUDÁBEL "O ENIMIGO INVISÍBEL", está a realizar unha presentación, nos cursos de 1º da ESO, na que dan conta de seu traballo sobre o consumo de "azucre engadido" en estudantes da ESO do IES Laxeiro. Os obxectivos principais foron valorar o grao de cumprimento das recomendacións da OMS sobre a inxesta de "azucre libre" (<25 gr/día); e por outra parte, concienciar sobre a necesidade duns hábitos de alimentación saudabeis, que xunto coa actividade física, son os mellores medios para manter un bo estado de saúde.

 

Mércores Xuño 23, 2021

Despois dun ano escolar difícil puidemos desfrutar dunha actividade física no medio natural a partir dun traballo desenvolto polo alumnado de 1º de BAC e con personal docente da empresa Son do mar Surf School.

Toca vivir as vacacións. Podemos aproveitar para facer aquelas actividades que como o surf nos achegan ao medio natural a través do exercicio físico.

 

Distribuir contido