Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Día da Poesía / Día de Rosalía

Día da Poesía 2024: #_rdc2024, #oamordapatriagalega

Volve febreiro, e con el o noso recital poético! Dende a biblioteca, animámosvos a inscribirvos para ler algún poema, que podedes escoller vós mesm@s, ou solicitar a axuda de calquera das tres profesoras bibliotecarias e que vos busquemos un.

Como cada nao tamén Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) propón como lema para este 23 de febreiro de 2024 o amor da patria galega, que se difundirá nas súas RRSS: #_rdc2024, #oamordapatriagalega. Por iso, interesaranos sobre todo calquera poema ou fragmento que xire arredor do amor á nosa patria... 

Animádevos e participade!

Tamén dentro das celebracións desta data, participaremos como cada ano (alumnado e profesorado voluntario) na lectura pública de poemas de Rosalía que organiza o Concello de Carnota o mesmo día, o 23 de febreiro.Dia de Rosalia en Carnota

 

 

  • Para máis información, escanear o QR
  •  Acceso directo á autorización, para descargar ou imprimir dende aquí.

 

 

 Modelo para os poemas

 

 

 

 

 

Día da Poesía 2023: #cumpriuseaxustiza

Un ano máis celebramos o Día da Poesía e o Día de Rosalía no 23 de febreiro. Seguindo coa convocatoria da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) este ano poñemos o foco na xustiza ou na falta da mesma. O manifesto para esta ocasión foi redactado por Carme Adán e podedes lelo aquí.

En relación con esta temática, o alumnado de V. Éticos de 4º fixo un traballo de relación do poema "A xusticia pola man" de Rosalía con exemplos tirados da vida real que podedes ver aquí.

Estamos preparando un recital para todo o centro para o xoves 23 febreiro a 3ª hora. De estar bo tempo, farémolo fóra, na zona do patio cuberto; se non se pode, farémolo dentro, no espazo entra a biblioteca e o ximnasio.

Animádevos a preparar o voso poema e participade con nós no recital! 

  Listaxe de poemas e participantes  

  Orde de lectura no recital  

 

  • Na Biblioteca fixemos uns marcapáxinas especiais con versos de Rosalía de Castro para esta data, cos que agasallamos aos participantes.
  •  Tamén dentro das celebracións desta data, participamos (alumnado e profesorado voluntario) na lectura pública de poemas de Rosalía que organizou o Concello de Carnota o 23 de febreiro mesmo, ás 12:00.

(Para máis información, facer clic no cartel da dereita) 

  Acceso directo á autorización, para descargar ou imprimir dende aquí 

Finalmente asistimos, un pequeno grupo de 7 alumnas e alumnos, acompañados polas profesoras e bibliotecarias Mariluz (LG) e Renée (FR) para participar coas noas lecturas no recital poético organizado polo Concello de Carnota no seu salón de plenos.

 

 

 

 

Día da Poesía 2022: pensamentos para Rosalía 

Amor-Perfeito (299713270).jpg

Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) propón como lema para este 23 de febreiro de 2022 #SementadePensamentos, pois esta era unha flor moi apreciada pola nosa querida e ilustre poetisa.

 

Parabéns, Rosalía!! Sabiades que agora, grazas á investigadora galega Sagrario Abelleira coñecemos novos datos sobre a nosa poetisa? A Fundación Rosalía de Castro, nunha reunión de autoridades e expertos, recoñece a veracidade dos novos datos atopados e cambia a data de celebración do día da poetisa gaega ao 23 de febreiro, un día antes do que se viña facendo tradicionalmente.

Comunicación de prensa oficial da Xunta de Galicia sobre o tema.

Velaquí a nosa proposta para este ano:

AMoa1.jpgSe temos un bo día, o vindeiro mércores 23 a terceira hora (antes do recreo) sairase ao patio nesa sesión, co alumnado reunido por grupo-aula pero mantendo sempre as distancias recomendadas, para ir recitando segundo a orde disposta polas profesoras bibliotecarias.

Profesorado: animade aque participe todo o voso alumnado!!                   

E... que terá que ver se non sodes de linguas?... Participade todos vós!!

Se queredes podedes acceder aquí á crónica fotográfica do recital e a algúns poemas creados polo alumnado de Lingua Galega.

 

Día da Poesía 2021: recitando nas aulasThe Arts Poetry.jpg

Dende o equipo de biblioteca non queremos deixar de celebrar este día, aínda que non poidamos facer o recital conxunto de cada ano. Por iso, queremos animarvos a todos, profesorado e alumnado, a celebralo recitando dentro das aulas.

 

Velaquí a nosa proposta:

  • O vindeiro mércores 24, ben ao principio, ben ao final da clase segundo dispoña cada profesor colaborador, quen teña algún poema preparado, poderá recitalo, profesorado e/ou alumnado
  • A única condición é que en cada aula (en particular, no tocante ao alumnado que participe) non se repitan os poemas lidos en cada sesión.

No equipo de biblioteca faremos unha recompilación dos poemas lidos, coa fin de publicalos nesta mesma páxina, polo que agradeceriamos que nos fagades chegar as vosas seleccións.

Celebración na web:

Velaquí un fragmento do Manifesto que este ano redacta Anna R. Figueiredo e será lido o vindeiro sábado 27 no Panteón de Galegos Ilustres.

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2021
« Miña Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa: hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar. Todo iso che hei de dar, santa, se me deixas bailar, todo iso. As fotos do instagram, os vídeos en directo, o streaming das voces, os reels e o youtube. Todo iso, santiña, che empresto se me deixas bailar, se me deixas tirar o pano, abrir a boca, bicar, apertar, atopar, ir á festa, danzarlle ao punto... miña santasa coa cariña linda de calabasa, déixame ser que este mundo hoxe moito ten daquel Santiago do 53 co cólera nas rúas baleiras e as necesidades daquela volven nas almas, santa, volven e precisamos do teu falar. [...] »
Camelia al cuello (17094542862).jpg
Camelia al cuello, Foto da exposición da camelia en Fonseca.
Orixinal de juantiagues
CC BY-SA 2.0, https://commons.wikimedia.org/w/index.php?curid=41943622
  • E, para celebrar lendo poesía dentro dos fondos da biblioteca, velaquí o tríptico de recomendacións poéticas que elabora a profesora de LG e membro do equipo desta biblioteca:

Tríptico especial Poesía galega febreiro 2021

  • Tamén temos recomendacións para ler poesía en castelán:

Recomendacións de poesía española

 

  • Outras actividades:

Colaboración con librerías locais

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Recital poético 2020

Como cada ano, estamos a organizar o noso recital, co que queremos conmemorar a un tempo a importancia de Rosalía e a súa poesía, facéndoa estensible á poesia en xeral, en calquer lingua e sobre calquer temática.

 

Moitas grazas a todos e todas os que participades: alumnado, profesorado, e persoal do Concello de Carnota, que tan amablemente colaborades! 

Foto de Andy Blackledge (Scottsdale, AZ, USA). CC BY 2.0

 

https://commons.wikimedia.org/wiki/File:Night_bike_ride_(48783336027).jpg 

RECITAL POÉTICO
 28 de febreiro de 2020, 3ª hora: de 10:20 a 11:10 (recreo)

GRUPOS

RECITAN

Todo o alumnado no vestíbulo

Presentación xeral: Mariluz, Renée

Lectura dun fragmento do manifesto de Daniel Asorey para a AELG.

AELG - Día de Rosalía 2020

 

 

Profesorado no centro a 3ª hora:

 

Elda

Eva

Iago

Luisa

Macías

Marian

Maribel

Mariluz

Mariña

Renée

Roberto

Susana

Uxío

Xosé

1º bloque: De Rosalía, Follas Novas

Ita Beiro (Axencia de Lectura Municipal - Biblioteca)Vanidade”Follas Novas

Noemí Abajo (Concello de Carnota - Cultura)

Eva Sampedro: “Miña casiña, meu lar”de Follas Novas

Agustín: Hoxe ou mañán, quen pode dicir cando?Follas Novas

Eva: “XanFollas Novas Benito: Sin niño- Follas Novas

Nardo: “Cando un é moi dichoso”- Follas Novas

Lúa: “Que pasa ao redor de min?” e “Cando era tempo de inverno”- Follas Novas

 

2º bloque: De Rosalía, Lieders e Cantares Gallegos

Paula, Andrea, Antía, Mariña e Claudia: “Lieders

Xoán, Brais e Xoel: Adiós ríos, adiós fontes”, de Cantares Gallegos

María e Manuel: “Cantan os galos pró día”, de Cantares Gallegos

Mariluz e Renée: “Miña Santiña, miña Santasa”, de Cantares Gallegos

3º bloque:outros poetas galegos (alumnado 3º)

Uxío: “Paxaros” de Xosé Neira Vilas, en Cantos á natureza.

Carlos: “A ovella número sete non quere que a conten”, de Marilar Aleixandre, Ovella descarreirada.

Noa e Ángela Gª: “Facendo rabos ás culleresde Marilar Aleixandre.

Saray: un poema deMar de Lira, de Francisco Fernández Naval

 

Alumnado de 3º e 4º

4º bloque: poesía en castelán

Oliva: “Me gusta cuando callas”, de Pablo Neruda.

Paula: “La paloma”. Rafael Alberti.

Mariña: Rima XXX, de Gustavo Adolfo Bécquer.
Claudia: 
Rima XLIV, de Gustavo Adolfo Bécquer.
Andrea: Fragmento de “El hambre”, de Miguel Hernández.

Anxo, Agustín e Nardo: “Poderoso caballero es don dinero” de Francisco de Quevedo

Lúa:Proverbios y cantares (XXIX), de Antonio Machado / “Siempre rimando”

 

Profesores e

alumnado de francés/ latín

5º bloque: Poesía variada

Susana: “La energía, de Andrés Neuman

Macías: "As nosas derrotas non demostran nada", de Bertol Brecht

Luisa: poema “sorpresa”: "En una cajita de fósforos", de María Elena Walsh

Alumnado de francés, na orde establecida pola profesora: “Fuguede Louis Aragon; “J’écris, de Geneviève Rousseau; “Mon cartable”, de Pierre Gamarra e “Les mois, de Maxime Huaulmé.

Alumnado de latín de 4º: Omnia sol temperat

 

 

 

Recital poético: 25 febreiro 2019

Día de Rosalía = Día da Poesía

Xa van moitos anos que celebramos por esta orde : a poesía de Rosalía de Castro, a poesía galega e a poesía en xeral (todo nun!!) arredor do 24 de febreiro.

Este ano, o noso recital anual tivo lugar o luns 25 de febreiro, e como novidade, a participación nel da concelleira de cultura de Carnota, Alianza Uhía; e as bibliotecarias da A.L.M. de Carnota, Ita e Noemi, que nos leron cadanseu poema. Moitas grazas pola vosa participación !

 

Tamén elaboramos un boletín de recomendacións especial, colaboración entre a Bibliolamas e a Biblioteca Municipal de Carnota que podedes ver aquí.

 

 

Día de Rosalía - Día da poesía 2018 

 Como cada ano, celebramos o día da Poesía arredor do 24 de febreiro, para recordar á escritora e poeta galega máis importante das letras galegas. Velaquí un tríptico especial  de recomendacións arredor da súa obra. 

 

 

 

  

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Autorizac lectura pública 23F-Rosalía.pdf605.97 KB
Organización e orde recital POESÍA 2024.pdf264.58 KB
MODELO poemas recital 2024.odt92.33 KB


page | by Dr. Radut