25 de Novembro contra a violencia de xénero.

Enviado por admin o Xov, 24/11/2016 - 19:20
24/11/2016 10:30
24/11/2016 13:30
Etc/GMT+1

DÍA 25 DE NOVEMBRO


Actos IES ILLA DE ONS


 CONTRA  A VIOLENCIA DE XÉNERO

. Alumnado 1º ESO de 10,30 -11,20h. Saída  actividade conxunta co IES Johan Carballeira  actos do 25 novembro contra a violencia de xénero.

. Alumnado de 4º ESO  (programa de radio),audición musical durante o recreo con cancións referentes a temática da violencia de xénero..


. Alumnado de 1º e 2º ESO  12-12,45h (a duración é aproximada) no salón de actos acto contra a violencia de xénero.

. Alumnado de 3º e 4º ESO  12,45-13,35 (a duración é aproximada) no salón de actos acto  contra a violencia de xénero.

. Entrega premios concurso carteis CIM de Bueu no Centro Social do Mar de 11,20-13h. Asistirán 3 alumnas do centro acompañadas pola orientadora Silvia Paz.

 

TEI. Titoría Entre Iguais

Enviado por admin o Dom, 06/11/2016 - 19:39
08/11/2016 10:30
08/11/2016 11:20
Etc/GMT+1

O martes día 8 ás 10,30h. acto den entrega de carnets do proxecto TEI.

( categories: )

TALLERES EXPRESARTE

Enviado por admin o Lun, 17/10/2016 - 09:08
24/10/2016 16:00
25/10/2016 11:20
Etc/GMT+1

luns 24 de outubro: 2º ESO, de 16H ata 17,40H.

Martes 25 outubro: 3º ESO, de 10,30h. ata 11,20h.

 

Expresarte!

 

Proxecto para a sensibilización, formación e prevención da violencia de machista a través da creación de materiais audiovisuais

 

 

O proxecto ExpresArte!, tratará en primeiro lugar, sensibilizar ao alumnado  da ESO, sobre os valores ligados a promoción da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero. En segundo lugar, sobre o traballo realizado, ofrecer a posibilidade de levar a cabo unha campaña de difusión e sensibilización en materia de igualdade para o resto da cidadanía a través de diferentes materiais audiovisuais (curtametraxes, spots, videoclips, mini documentais)

 

Ademais, consideramos que dende a potenciación de procesos verdadeiramente participativos,

podemos crear as condicións didácticas necesarias para que o alumnado adquira as

competencias básicas no seu proceso de desenvolvemento persoal, de cara a asentar unha

verdadeira educación para a igualdade que teña incidencia real nos seus hábitos e

comportamentos cotiás.

 

obxectivos

 

  • Proporcionar un achegamento a temática da igualdade de oportunidades ao alumnado do Concello de Bueu.

  • Promover a adquisición de valores ligados á sensibilización e promoción da igualdade de oportunidades coa elaboración de diferentes materiais audiovisuais.

  • Fomentar dinámicas plenamente participativas e motivadoras para que a mocidade se implique na creación de propostas de educación para a igualdade.

  • Desenvolver materiais audiovisuais que promovan a sensibilización contra a violencia de xénero.

 1º ESO  sesión conxunta Grupos A e B día 20 xoves.

1ª sesión de 10,30h-11,20h.

2ª sesión de 11,50h- 12,45h.

Día do libro

Enviado por admin o Mar, 19/04/2016 - 13:01
23/04/2016 12:00
23/04/2016 14:00
Etc/GMT+1
O Concello de Bueu súmase este sábado á celebración do DÍA DO LIBRO, polo que organiza unha lectura de obras de Manuel María, ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Con este motivo quere facer un chamamento á participación do maior número de persoas, alumnado e familias,

O acto terá lugar este sábado ás 12 horas na Biblioteca Municipal Torrente Ballester.

( categories: )

RADIO ONS

Enviado por admin o Lun, 19/01/2015 - 13:49

 Os alumnos de 4º ESO entrevistando a Dani, ex alumno do centro.

 

Os alumnos de 2º e 3º da ESO entrevistando ao seu monitor da Semana Branca en Leitariegos :Marcos.

Os alumn@s de 3º C ESO  entrevistando a Hugo, ex alumno do centro e visitante de platós televisivos en RADIO  ONS

Venres día 27 de febreiro de 2015.

Os alumn@s de 3º ESO  facendo radio  ONS

 

Os alumn@s de 2º ESO entrevistando a Guillerme do grupo "QUEMPALLOU" :

 

Os alumn@s de 3º A xunto coa profe Teté e a colaboración especial de Raquel :

 

     

 

Entrevista dos alumnos de 4º ESO  á profesora Olga.

 

 

Entrevista dos alumnos de 4º ESO  á profesora Yolanda.

 

Enttevista dos alumnos de 1ºA  á Yudani, alumna de 4º ESO.

( categories: )

RADIO ONS

Enviado por admin o Lun, 01/12/2014 - 13:04

Entrevista realizada polos alumnos de 1º B a profesora Ana.

 

Entrevista realizada polos alum@s de 3º C ó músico de Bueu Marcos Campos

 

Entrevista  realizada polos alumn@s de 3º B a profesora Teté

 

 

Entrevista  realizada polos alumn@s de 3º A ó profesor Oscar

 

 

 

Entrevista  ó alcalde de Bueu Félix Juncal, realizada polo alumnado de 4º ESO.

 

 

Entrevista ó xefe de estudos  do IES  José Luís realizada polos alumnos de 2º B .

 

( categories: )

VENRES DE RADIO

Enviado por admin o Sáb, 15/11/2014 - 15:59


 

 

 

O venres 7 de novembro comezou a radio do IES ILLA DE ONS.

Os primeiros  en saír en antena foron os de 2º A, estreáronse cunha entrevista co profe de Educación Física, Toño. E as seguintes fotos mostran o seu traballo e o éxito  que obtiveron.

 

 

 O venres día 14 foron os de  2º B os encargados de realizar o programa, entrevistando ao xefe de Estudos, José Luís.

( categories: )

Horario de atención ás familias

Enviado por admin o Dom, 01/10/2023 - 13:04

( categories: )

Andaina ó Liboreiro

Enviado por toño o Lun, 27/12/2021 - 18:12
27/12/2021 22:48
Etc/GMT+1

Aproveitando que os dous últimos días de clase antes do nadal a chuva deunos un respiro, visitamos o monte Liboreiro. Cos seus 334 m de altura, restos dun poboado castrexo e unhas fermosas vistas, este cumio fai de límite natural e municipal co veciño concello de Cangas. E claro, sendo así, o alumnado do IES ILLA DE ONS tiña que ir ata alá para comprobar que... bueno, pois que todo estaba no seu sitio e que ninguén movera os marcos. Aquí tedes unha foto do alumnado de 3º o luns 20 de decembro de 2021

E aquí tedes ós de 4º o martes 21 de decembro de 2021

Algúns pasárono ben. Outros dixeron aquilo de "Nunca Máis" e prometeron non erguerse da cama ata Noiteboa!! Veredes como na seguinte saída volven picar e saen nas fotos outravolta...

 

 

III Olimpíada Galega de Historia

Enviado por Secretaría o Mar, 14/07/2020 - 08:06

Queremos render unha homenaxe á nosa representación na III Olimpíada Galega de Historia.

Antía Novas Arribas, Carla Moital Fernández, Paula Fernández Cruz e Sara Soliño Iglesias formaron o equipo que se denominou Wollstonecraft.

Estas campioas de 4º de ESO obtiveron un espectacular cuarto posto a nivel galego no certame organizado pola Universidade de Vigo.

Á gala de entrega de premios que se celebrou na Facultade de Historia do Campus de Ourense, acudiron acompañadas pola súa titora/adestradora Diana Vilas Meis.

Os nosos parabéns a estas esforzadas deportistas do coñecemento!

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2020/07/11/pandemia-historia/0003_202007O11C12991.htm

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2020/07/11/premio-olimpico-alumnos-galicia-historia/2312575.html

https://www.laregion.es/articulo/ourense/mas-saben-pasado-suben-podio/20200710225309959278.html

 

Distribuir contido