Novas

Xornada de inicio do curso 2021/2022

Benvid@s a tod@s!

Empezamos un novo curso escolar cargado de entusiasmo e proxectos.

Comezamos o mércores 15 de setembro con horario normal (dende as 08:50 ás 14:25 h).

Haberá servizo de trasporte escolar cos horarios e as paradas habituais.

Libros de texto e material didáctico curso 2021/2022

Publícase a relación de libros de texto e material didáctico que se utilizarán durante o vindeiro curso 2021/2022.

Acceda ao ficheiro anexo para coñecer o detalle por niveis e materias de cada recurso:

 

ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Orde do 06 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B). (DOG nº 93 do 20 de maio de 2021).

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Anexos I e II) dispoñible na aplicación informática Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Así mesmo, a aplicación informática permitiralles aos centros docentes xerar solicitudes unha vez introducidos os datos.

Prazo de presentación:

21/05/2021 - 22/06/2021

ADMISIÓN DE ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS

Curso 2021/2022

 IMPORTANTE:

No caso de separación ou divorcio, as solicitudes terán que asinalas os dou proxenitores, agás no caso no que a patria potestade estea atribuía exclusivamente a un deles. 

XUNTAR COA SOLICITUDE A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:

 

·        Copia do DNI do alumno ou alumna

·        Copia do libro de familia

·        Certificación de matrícula do centro de orixe

·        No caso de separación ou divorcio, resolución xudicial correspondente

Prazo de presentación da solicitude: do 01 ao 22 de marzo de 2021

Enlace coa páxina oficial: Admisión alumnado

Pódense descargar os arquivos adxuntos a continuación:

Información provisional de prazas vacantes:

 

Curso

Prazas
ofertadas

Permanencias
reservas

Vacantes

1º ESO

60

25

35

2º ESO

60

39

21

3º ESO

60

57

3

4º ESO

60

34

26

IV Gala dos Premios á Xuventude - Deputación de Pontevedra

O sábado día 19 celebrouse a IV Gala dos Premios á Xuventude no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra. Os Premios á Xuventude premian os traballos presentados en oito categorías distintas por mozos e mozas da provincia de entre 16 e 35 anos, aínda que no caso do apartado de Educación en Valores están dirixidos especificamente aos centros educativos. Nesta edición o noso centro obtivo o segundo premio neste apartado.

Queremos felicitar ás alumnas e alumnos de 4º de ESO do pasado curso 2019/2020 e ao profesorado que coordinou o proxecto Podcast: "Unha historia digna de contar".

Nomeadamente queremos destacar o entusiasmo e a organización de Diana e Quique e a colaboración das familias na elaboración destes contidos que podedes volver a experimentar no seguinte enlace:

Proxecto Podcast: Unha historia digna de escoitar

Distribución de máscaras entre o alumnado

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade ven de publicar no DOG Núm. 230, do venres 13 de novembro de 2020, a ORDE do 6 de novembro de 2020 onde se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria:

 

Será beneficiario das máscaras, directamente, o alumnado que resultou beneficiario das axudas de material escolar e, logo de solicitude e comprobación da renda per cápita da unidade familiar, o resto do alumnado que non foi beneficiario por diferentes circunstancias, sempre que reúna os requisitos.

 

As solicitudes serán proporcionadas na secretaría do centro así como a información sobre documentación necesaria para tramitar o procedemento. A data límite para presentar as solicitude debidamente cumprimentadas e asinadas será o vindeiro venres 27 de novembro.

 

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 (cheque de material). ESTE ALUMNADO ENTRA AUTOMATICAMENTE NO REPARTO SEN NECESIDADE DE REALIZAR NINGÚN TRÁMITE ADICIONAL.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

 

Pódese consultar o contido completo da Orde que regula o reparto no seguinte enlace:

ORDE do 6 de novembro de 2020

Nota informativa - COVID-19

Comunícolles que se confirmou un caso de COVID-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou filla. 

Detectouse o caso positivo, mediante unha proba PCR, o 15 de outubro (data na que o centro activou o protocolo e informou á comunidade educativa).

Dende o Servizo de Alertas Epidemiolóxicas da Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra, notificóusenos que non é preciso facer corentena nin de alumnado nin de profesorado, xa que o último día de asistencia as aulas da persoa contaxiada foi o pasado 9 de outubro. Por un erro do sistema informático, os rastrexadores puxéronse en contacto con familias e profesorado, dando instrucións contraditorias e con datas erróneas.

As autoridades sanitarias consideran que non houbo posibilidades de contaxio e, polo tanto, a partir do vindeiro luns, día 19, todo o alumnado e o profesorado deberán acudir ao centro no seu horario habitual.

O  SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao  tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata 10 días despois de estar en contacto co caso. A infección  pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto, do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma  asintomática.

A comunidade educativa pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas  de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles con COVID-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para o COVID-19, pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.

Recordamos a toda a comunidade educativa que as instrucións sobre as medidas a tomar nestes casos veñen ditaminadas polas autoridades sanitarias, xa que os centros educativos non teñen potestade para tomar este tipo de decisións. En todo caso, sentimos as molestias causadas ás familias e ó profesorado.

 

A dirección do IES Illa de Ons

Inicio curso

Inicio do Curso 2020/2021

Horario habitual de 08:50 ata as 14:25

O transporte escolar funcionará cos horarios habituais.

A entrada do alumnado será escalonada:

Mércores 23: 1º e 2º de ESO

Xoves 24 : 1º, 2º e 3º de ESO

Venres 25: 1º, 2º, 3º e 4º de ESO

Distribuir contido