Froita fresca tódolos días no IES ILLA de ONS

Enviado por admin o Ven, 10/05/2019 - 08:15

Neste curso 2018-2019 o IES ILLA de ONS participa na campaña de axudas

de froita escolar,desenvolvida pola Consellería de Medio Rural ( SERVIZO DE SECTOR LÁCTEO E

MERCADOS AGRÍCOLAS. FONDO GALEGO DE GARANTÍA AGRARIA).

 Concedéusenos ó centro participar no segundo período da campaña, e durante este mes

de maio nos recreos o alumnado poderá tomar froita variada (plátanos, peladillos,

mandarinas, mazás, fresas, cereixas, melocotóns ...).

 

 

ACTOS DÍA 11 DE MAIO CONMEMORATIVOS DO DÍA INTERNACIOAL DA MULLER.

Enviado por admin o Lun, 11/03/2019 - 13:42

hOXE 11 DE MARZO DE 2019 NO SALÓN DE ACTOS DO CENTRO SOCIAL DO MAR, O NOSO CENTRO FOI O ENCARGADO DA REPRESENTACIÓN QUE ESTE ANO XIROU EN TORNO Ó MUSICAL " OS MISERABEIS" QUE ESTAMOS DESENROLANDO NO CENTRO.

AS FOTOS SEGUINTES SON UNHA PEQUENA MOSTRA DO NOSO TRABALLO.

8 de marzo en Bueu: A loita feminista.

Enviado por admin o Dom, 10/03/2019 - 14:26

O día 8 de marzo houbo una concentración en Bueu na praza do concello, onde participou activamente a Comunidade Educativa do noso centro.

 

 

Comezo do obradoiro EpDlab en 2º ESO.

Enviado por admin o Ven, 02/11/2018 - 09:26

 

 

Chegou o outono e, con el, arrinca a cuarta edición do Laboratorio de Educación para o Desenvolvemento (EpDLab), un proxecto de innovación educativa deseñado e desenvolvido polo equipo técnico de Agareso, financiado por Cooperación Galega. No mes de setembro tivemos a primeira xuntanza co profesorado participante e xunto a eles comezamos a definir o calendario de actividades e démoslles forma ás principais novidades desta edición.

Este mércores 31 de outubro no noso centro tivemos o primeiro obradoiro dirixido polo técnico de Agarexo, Roi Guitián.

Noraboa!!!

 

E é que unha parte fundamental do EpDLab son os centros educativos que participan nel. O IES O Milladoiro (Ames) e o IES Carlos Casares (Viana do Bolo) forman parte do proxecto dende a súa primeira edición, o IES Pintor Colmeiro (Silleda) sumouse na segunda, o IES Castro Alobre (Vilagarcía de Arousa) na terceira e o IES Illa de Ons (Bueu) incorpórase este ano. Todos eles son parte deste traballo e dos seus resultados, grazas ás súas achegas e á súa implicación.

 

Neste sentido, non queremos esquecer tampouco o papel doutros centros que pasaron por aquí, como os IES A Cachada (Boiro), A Sangriña (A Guarda) e Johan Carballeira (Bueu) e profes como Ana, Javier ou Gisela. Do mesmo xeito, ao outro lado do océano, o Politécnico de Tecoluca ou a Escola da illa de Montecristo, en El Salvador, que facilitaron a participación de grupos de alumnas e alumnos que, a través das videocartas, enviaron e recibiron mensaxes para traballar o diálogo intercultural. E temos un recordo especial para o CPI Navia de Suarna, que foi o lugar que inspirou este proxecto e que foi o centro no que puidemos experimentar, xogar, deseñar e intercambiar experiencias ata chegar ao proxecto que xa coñecemos.

 

A nosa idea inicial foi traballar na reflexión sobre a desigualdade social dende unha perspectiva mediática. Queríamos coñecer a visión da rapazada galega tendo en conta a diversidade de contextos socio-económicos do país, e queríamos incluír a visión de aquelas poboacións máis afastadas dos centros urbanos, as comunidades pequenas que poucas veces son representadas nas narrativas maioritarias. A partir de metodoloxías de acción-investigación, desenvolvemos esta tarefa usando apps, ferramentas de creación dixital e contidos dos medios de comunicación; en paralelo, traballamos a alfabetización mediática, o pensamento crítico, a comunicación inclusiva e a creatividade, co obxectivo principal de formar á cidadanía do futuro na denuncia da desigualdade, na loita pola xustiza social e na participación activa.

 

Máis de 300 persoas pasaron xa polas distintas accións que componen este proxecto. Ademais dos 9 obradoiros (un ao mes) que se fan coa rapazada galega, o EpDLAB inclúe tamén unha formación dirixida ao profesorado e integrada na oferta do CAFI. Tamén publícase a Guía Didáctica, que pode ser consultada dende a web do proxecto e que conta con máis de 100 descargas. Cada ano, os grupos participantes elaboran un Mural Común de Coñecementos que se colga nas paredes dos seus centros para expoñer as súas conclusións e os seus traballos. E dende o pasado curso, celebramos tamén un encontro intercentros, baixo o formato de #Hackathon, onde alumnado e profesorado traballan na creación dun produto concreto (o curso 2017-18 elaborouse o DiversaKit, unha serie de recomendacións para coidar a diversidade en tres eidos: a escola, a comunidade e os medios).

 

 Se queredes seguir o noso día a día neste proxecto, botádelle un ollo á web e seguide as contas xestionadas polo alumnado participante. Son: @epdlabsilleda (Twitter e Instagram) | O Choupín Dixital (Facebook) @epdlabviana (Instagram) | @epdlabbueu (Twitter e Instagram) | @epdlabmilladoiro2 (Twitter e Instagram) | @epdlabvilagarcia (Twitter e Instagram)

 

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2018

Enviado por admin o Xov, 08/02/2018 - 10:24

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2018
http://www.edu.xunta.es/axudasle

Prazo aberto do 8 de febreiro ata o 7 de marzo (ambos incluídos)

( categories: )

VISITA AO XVIII SALÓN DO LIBRO

Enviado por olalla o Mér, 22/03/2017 - 16:41
24/03/2017 08:00
Etc/GMT+1

     O venres 24 de marzo visitaremos, cos alumnos e alumnas de 1º ESO e o alumnado de 4º ESO matriculado na materia de Artes Escénicas, o XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que este ano leva por lema "O mundo que queremos". A organización do Salón quixo tratar nesta ocasión temas como o coidado do medio ambiente, a saúde, a integración e a igualdade. Todas esas accións que podemos levar a cabo a diario, aportando o mellor de nós mesmos e dos nosos coñecementos na medida que formamos parte da sociedade na que vivimos, son as que busca "O mundo que queremos".

     Aproveitando esta saída, e no mesmo Pazo da Cultura de Pontevedra, veremos a obra de teatro "Normas para saber vivir na sociedade actual" de Sarabela Teatro.

 

( categories: )

24 de febreiro #RosalíaTe

Enviado por olalla o Mar, 21/02/2017 - 04:58

Resultado de imagen de #ROSALÍATE
 

     Para conmemorar o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro, a Biblioteca do IES Illa de Ons e o Equipo de Dinamización Lingüística sumáronse á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para os centros de ensino galegos. A actividade consistiu na gravación dun "reto do manequín" no que participou o alumnado de 1º e 3º ESO, posando en parellas de titores/as e titorandos TEI (titoría entre iguais). Tamén o profesorado e o persoal non docente colaboraron nesta iniciativa, así como as voluntarias da biblioteca de 2º e 4º ESO que deseñaron as poses e o percorrido da gravación. A voz que escoitamos no vídeo é de Ana Vilas, alumna de 4º ESO.

     Moitas grazas a todos/as pola vosa participación!

  

 

     Se queres coñecer outras actividades relacionadas coa Biblioteca do centro, entra no noso CADERNO DE BITÁCORA.

TEI - XINCANA DE NADAL

Enviado por olalla o Mér, 11/01/2017 - 16:29

     O día 20 de decembro organizamos no noso centro unha xincana na que participaron os alumnos e alumnas de 1º e 3º ESO. Esta actividade forma parte do programa TEI, Titoría entre Iguais, que estamos a desenvolver no noso centro. Os alumnos e alumnas participaron nas diferentes probas en parellas, cada titor/a de 3º ESO co seu titorizado/a de 1º ESO. O alumnado de 2º ESO foi o encargado de supervisar a correcta realización das probas e a anotación das puntuacións obtidas por cada parella.

     Para repoñer forzas, ao finalizar a xincana puidemos degustar un chocolate quentiño feito por Diego.

     No seguinte vídeo podedes ver un resumo desta xornada:

Guía de lecturas recomendadas EDL do Morrazo

Enviado por olalla o Xov, 01/12/2016 - 18:25

Guía de lecturas recomendadas EDL do Morrazo

CULTURGAL 2016

Enviado por olalla o Xov, 01/12/2016 - 14:35
01/12/2016 18:26
Etc/GMT+1

http://ocioengalicia.com/pontevedra/wp-content/uploads/sites/3/2013/10/Culturgal-17.jpg

 

WEB CULTURGAL 2016

( categories: )
Distribuir contido