Skip to Content

CP Innova: Concurso Enigmas Matemáticos

Horario de atención a familias

Podedes consultar o horario de atención no ficheiro adxunto.

CP Innova

Ciencia galega! Ciencia en galego! E logo non?

Unha das actividades previstas para conmemorar o mes da ciencia en galego é a búsqueda de noticias de ciencia relacionadas con persoeiros e persoeiras galegas. Elaboramos unha exposición coas noticias que máis nos chamoron a atención.

CP Innova

Aquí vos deixamos o programa que realizaremos no IES Illa de Sarón para celebrar o mes da ciencia en galego.

Esperamos que vos guste!!!

Plan Proxecta: Donas de si

O próximo 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero.

Para concienciar ao alumnado, o Departamento de Orietación e a coordinadora de Igualade, preparadon as seguintes actividades.

 

 

Obradoiro de língua

A escritora Ana Carreira participou nun obradoiro de lingua co alumnado de segundo de Eso no que analizaron a situación do galego e expuxeron as súas ideas para colaborar co manifesto colectivo do Correlingua 2023 que se lerá en todas as festas e chegará a todos os centros de Galiza.

Plan Proxecta: Donas de si

Para celebrar o Día de Samaín e o Día das Escritoras, cada curso de ESO realizou un "Altar de Mortos" adicado a unha escritora galega. As elexidas foron Emilia Pardo Bazán, Xela Arias, Sofía Casanova, Emilia Pardo Bazán e María Mariño.

Para esta tarefa, adicáronse varias sesión de titoría a investigar sobre a autora escollida para realizar un altar personalizado.

Aquí vos deixamos os resultados.

Contratos Programa Innova

Contratos Programa

Plan Proxecta: Donas de si

Durante o curso 2022-23 levaremos a cabo co alumnado da ESO o proxecto:

A pegada das mulleres na historia

Ao longo da historia foron moitas,as mulleres esquecidas e invisibilizadas por parte dunha sociedade totalmente patriarcal. Mulleres que co seu traballo silencioso contribuíron a termos hoxe unha sociedade mellor e máis xusta. Por este motivo, neste proxecto partimos da necesidade de darlle voz e visibilizar a todas as mulleres que forman parte no día a día do noso alumnado no nome de rúas, prazas e edificios e daqueloutras que pasaron pola historia de xeito máis silencioso.

Pretendemos axudar ao noso alumnado a descubrir un mundo de coñecemento que lles permita adquirir un pensamento crítico e unha olla da á sociedade en feminino, de tal xeito que desenvolvan un sentido igualitario entre os dous sexos dende unha óptica coeducativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut