Skip to Content

Día Mundial da Poesía

O pasado 21 de Marzo celebramos o Día Mundial da Poesía con diversas actividades como a selección e exposición dos poemas favoritos do noso alumnado.

Ademais durante o tempo de lecer realizamos a audición e o recitado lírico na biblioteca!

Comunicado da Xunta sobre doazóns

 

 

Día de PI

Como xa ven sendo costume, o vindeiro 14 de marzo no IES Illa de Sarón celebramos o día de PI.

Plan proxecta: Proxecto Xermolón

Este curso, o alumnado da ESO participa no proxecto Xermolón dentro dos plans Proxecta. Este proxecto permitirá desarrollar habilidades prácticas para a vida diaria do alumnado relacionadas cunha alimentación saudable, a interpretación da información da etiqueta nutricional no momento da compra dos alimentos,  análise da oferta alimenticia do entorno do centro educativo, reflexión sobre o que a publicidade inflúe na elección da alimentación e elaboración de propostas de mellora respecto a oferta alimentaria no entorno do alumnado.

Durante o mes de febreiro, o alumnado de 2ºESO estivo a traballar na elaboración dun menú saudable e variado para o almorzo e estes son alguns dos resultados.

Almorzos ricos, ricos!!!!!

 

Solicitude de praza para Bacharelato

Entre o 1 e o 21 de marzo o alumnado que desexe cursar Bacharelato deberá solicitar praza no centro onde desexe cursar esta etapa educativa.

Pode facerse cubrindo a solicitude informaticamente e asinándoa en Sede Electrónica, cubríndoa informaticamente e presentándoa no centro, ou cubrindo a solicitude manualmente e presentándoa no centro.

No enlace tedes a información:

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

Fonte:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/36370

Conmemoración do nacemento de Rosalía de Castro

O 23 de Febreiro conmemoramos o nacemento da escritora de Padrón, Rosalía de Castro cunha mostra da súa obra literaria. Ademáis o noso alumnado participou nun concurso de deseño de chapas relacionadas coa nosa escritora.

Xornada informativa: TEA

Plan proxecta: Clases sen fume

Durante o primeiro cuatrimestre do curso, o alumnado de 2ºESO estivo a elaborar uns carteis cun eslogan moi claro: Non fumes!!!

Fixemos varios grupos na aula, e cada grupo elaborou o seu cartel. Fai uns día fixemos unha votación para elixir o cartel que enviaremos a o concurso Clases sen fume que organiza a Xunta de Galicia.

Aquí cos deixamos os carteis da rapazada e o cartel gañador.

Bo traballo!!!!

Bo Nadal!

Concurso de enigmas matemáticos

Como xa ven sendo habitual o departamento de matemáticas organiza tamén este curso o "Concurso de enigmas matemáticos".

Haberá dúas categorías e dous premios por categoría.

Cada alumno ten na súa aula virtual habitual de matemáticas os enigmas correspondentes a súa categoría.

Debedes descargar o documento, abrilo en Xournal e escribir ao lado de cada enigma a súa solución. Converte de nomo en PDF e realiza a entrega.

Data límite de entrega 16 de decembro ás 16:00.

Distribuir contido


by Dr. Radut