Skip to Content

Rebusco

O alumnado de 1º de ESO participou onte no I REBUSCO, organizado polo Departamento de Matemáticas.

Traballaron en grupo, debían resolver acertixos, sopas de letras, probas escritas e de habilidade física,...

Auténticos campións!! Non se lles escapa nadiña...

BIBLIOSARÓN 2020-2021

Chegamos ao mes de xuño tras un ano moi difícil no que todos e todas traballamos moito e aprendimos máis que nunca!
 
  Comezamos en setembro achegándonos á nova normalidade: reorganizamos espazos, extremamos as medidas de hixiene e distanciamento sempre coas máscaras postas.. iso sí, debaixo delas,  o mellor dos nosos sorrisos xa que todos e todas estabamos ilusionados por reencontrarnos cos compañeiros e compañeiras despois de tantos meses...
 
    Foron pasando as semanas e conseguimos certa estabilidade coa axuda de todos e todas, o que nos permitiu continuar coas actividades da Biblioteca, que podedes ver no seguinte vídeo:
 
 
 
 

 

    Moitísimas grazas pola vosa colaboración! Vémonos no próximo curso!
 
    Desexámosvos unhas BOAS VACACIÓNS desfrutando da lectura
e sempre con sentidiño!

 

 

Roteiro xeolóxico

O pasado Luns o alumnado fixo un roteiro xeolóxico con Fran Couso.

Aquí unhas fotos:

Ruta dos muiños

O pasado 19 de maio o Equipo de Dinamización Lingüística organizou a realización da Ruta dos Muiños, unha ruta interesante na que participou o alumnado de 1º de ESO, estivemos andando uns 14 kms, e comemos un bocadillo no parque preto da igrexa da Regueira, no traxecto, sinalizamos os lugares máis emblemáticos no mapa, analizamos a flora e medimos o ph da auga, un estudo en toda regla do Río Regueira.

Deixamosvos unhas fotos:

Axudas para libros de texto e material escolar

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22.

O prazo para presentar solicitudes será dende o 21/05/2021 ata o 22/06/2021.

Fonte:

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/34002

#DIADOLIBRO21

Consulta no BLOG e no INSTAGRAM de BIBLIOSARÓN toda a información da conmemoración do DÍA DO LIBRO.

 

FELIZ DÍA DO LIBRO!

 

Comunicado do claustro

O claustro do profesorado e persoal de Administración e servizos do IES Illa de Sarón de Xove queren, en primeiro lugar, agradecer a todos aqueles pais, nais, compañeiros... que nestes días, un tanto “convulsos” debido ás consecuencias dos acontecementos vividos, se interesaron por nós e nos mostraron toda a súa confianza e apoio, grazas de verdade.

Por outra banda, e sendo o obxectivo primordial deste comunicado, queremos e necesitamos manifestar unha mensaxe de confianza ás familias dicindo que neste centro sempre mantivemos un respecto profundo a toda a normativa, e en especial pola reguladora das medidas Covid. Para desenvolver todas as medidas estipuladas traballamos moito pero cumprimos estritamente e fixemos que se cumpriran tanto as medidas organizativas como as de hixiene establecidas. Pensamos que o conseguimos polo que non entendemos cal é a finalidade da chamada da Admón. educativa dicindo que debemos desconxestionar os taboleiros das aulas. Parece ser que o centro estaba “empapelado”, sobre todo con carteis anunciadores dunha folga para o alumnado; isto non é así, nos taboleiros das aulas e do centro colocamos os carteis que nos consideramos de importancia para todos/as (en cada aula había un cartel anunciador da folga tamaño A5), así o decidimos e responsabilizámonos de colocar a cartelería e eliminala cando é necesario para que non se incorra en accións de limpeza, e así recargar a este persoal.

Se nalgún momento algún/ha pai/ nai, titor/a ten algunha queixa ou dúbida respecto á nosa forma de proceder queremos que no lo fagan saber achegándose ao centro, chamándonos… nunca nos negamos a recibir a ninguén, moitas veces fóra do noso horario e seguiremos cumprindo. Consideramos innecesario acceder a instancias superiores para comunicar algo que o podemos resolver no centro, simplemente falando, estas accións unicamente serven para enrarecer o ambiente e xerar desconfianza e non queremos nin merecemos iso, os rapaces e rapazas de Xove, tampouco.

Estimamos que a Administración Educativa debe indicarnos que facemos con toda aquela cartelería que nos chega ao centro procedente da Administración, do Concello de Xove e doutras institucións para entregar ao alumnado, debemos de entregárllela, tirala ao contedor do lixo, mandala de volta, pasarlla á Admón... non sabemos moi ben que facer despois de todo isto. Antes, cando chegaba información procedente, coma neste caso do Sindicato de Estudantes ou doutra entidade, faciámola chegar aos representantes do alumnado porque é ao alumnado a quen vai dirixida e así o temos establecido nas normas de funcionamento. En ningún momento emitimos ningún tipo de información nin coaccionamos a ningúen para apoiar ou non apoiar unha folga. Diso ninguén nos pode acusar.

No noso ánimo está o desenvolvemento do espírito crítico, a liberdade de expresión, análise crítica da información e outros obxectivos máis que lles permitan ao noso alumnado entender e participar na sociedade en que vivimos, censurar a información e que teña que presentarse un axente do orde no noso centro para facer fotos dun cartel non é propio da formación en democracia nin para convivir nunha sociedade democrática.

Só pedimos que nos deixen traballar en paz e con tranquilidade, que non nos chamen innecesariamente de altas instancias e que cando os axentes das Forzas de Seguridade visiten o centro que o fagan con cita previa ou coa orde pertinente. Que estes acontecementos non se repitan nunca máis nin aquí nin en ningún outro centro.

En Xove, a 16 de marzo de 2021

O Claustro de profesores/as e Persoal de Admón e Servizos do IES Illa de Sarón

Encontro literario

Dentro das actividades da Biblioteca en colaboración co MEC, hoxe teremos un Encontro literario coa escritora Mónica Rodríguez.

 

Moitas grazas ao profesorado que cedeu o seu tempo da clase para a actividade.

Buscando a Rosalía

O Concurso "Buscando a Rosalía", resolver retos e superar probas recaeu no equipo formado por: Silke Iglesias, Miguel Fra e Noah Posada.

Día do amor

Con motivo do 14 de febreiro "Día do Amor" o alumnado de 2º de ESO "cociñou" as mellores receitas de amor.

Distribuir contido


by Dr. Radut