Skip to Content

Contratos programa: Mellora da competencia Lingüística

Dende o Departamento de FOL a tarefa que desenvolvemos co alumnado da optativa Iniciación á actividade emprendedora e empresarial de 4º da ESO consistiu en traballar a oralidade á vez que se coñecían e se poñían en práctica ferramentas de procura de emprego.

A tarefa consistiu en que o alumnado buscase nalgún portal de emprego da rede unha oferta de traballo relacionada cos seus intereses profesionais. Posteriormente, debía de obter un pantallazo de devandita oferta e subila á aula virtual.

Coa axuda de videotutoriais a profesora facilitoulles instrucións sobre como redactar unha carta de presentación adaptada a unha oferta de traballo concreta. Igualmente, a profesora proporcionoulles uns enlaces onde podían atopar diversos exemplos de cartas de presentación para tomar como referencia.

Unha vez redactada a carta de presentación debía de ser subida á aula virtual a través do correspondente buzón de entrega.

Finalmente, tras traballar preguntas tipo e respostas adecuadas nunha entrevista de traballo tipo, pedíaselle ao alumnado que simulase o rol de ser entrevistador e entrevistado en relación a devandita oferta e que gravase en audio as preguntas e respostas que suscitaría e respondería no seu caso.

Fotos da execución da tarefa:

Prazo para a matricula nos ciclos de FP

O prazo de solicitudes de adminisión na Formación Profesional para o curso 2020/2021 comeza o 25 de xuño.

Podes obter máis información -aquí-.

Para consultar o calendario do proceso de adminisción ao ciclos de FP visita o seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.gal/fp/node/15703

Contratos programa: Competencia Lingüística

Tal como temos anunciado nunha entrada anterior, durante a primeira semana do mes de xuño levamos a cabo, dentro do proxecto Contratos Programa da Xunta de Galicia, diferentes obradoiros de Regueifas para mellorar a competencia lingüística do noso alumnado.

Nesta ocasión, o regueifeiro Quique Estévez foi o encargado de impartir os obradoiros, vía telemática, para o alumnado de 2º, 3º e 4º ESO. O alumnado de 1º non puido gozar desta clase práctica de oralidade por problemas coa conectividade da aplicación WEBEX.

Quique Estévez despois de explicar brevemente que é unha regueifa, a súa orixe, as diferentes melodías que existen para cantar regueifas, as distintas variantes de improvisación no mundo, deunos algúns trucos para comezar a compoñer regueifas.

Ao rematar o obradoiro e como tarefa práctica de desenvolvemento de regueifas, o alumnado compuxo algunha estrofa seguindo certas pautas como determinadas palabras ou algún verso que tiñan que incorporar nas súas coplas.

Deixámosvos algunha fotografía dos obradoiros, así como exemplos de regueifas cantadas polo alumnado e nalgún caso coa participación de familiares.

Entrega de Notas

Xoves 25 de Xuño

Horario de entrega

9:00 horas: 1º grupo 4º ESO (11 primeiros/as) -ata Gómez Ovejero, incluída-.

9:50 horas: 2º grupo 4º ESO (10 últimos/as).

10:40 horas: 1º grupo 3º ESO (8 primeiros/as) - ata López Teijeira, incluído-.

11:20 horas: 2º grupo 3º ESO (7 últimos/as).

12:00 horas: 1º grupo 2º ESO (8 primeiros/as) - ata González Troyano, incluído-.

12:40 horas: 2º grupo 2º ESO (7 últimos/as).

13:20 horas: 1º grupo 1º ESO (12 primeiros/as) - ata Fra Baltar, incluído-.

13:40 horas: 2º grupo 1º ESO (11 últimos/as)

1º e 2º SMER: Recibirán as notas de forma telemática durante a mañá do día 25.

CS PPMMP: Entrega de forma presencial ás 13:00 horas do día 25 no taller.


 

  • O alumnado debe traer os libros de texto e aqueles que pertencen á biblioteca do centro.
  • O alumnado de ESO recibirá o sobre de matrícula.
  • É obrigatorio acceder ao centro con MASCARIÑA.

 

Contratos programa: As mates están aí

Tódolos anos no IES Illa de Sarón o Departamento de Matemáticas organizaba no terceiro trimestre o concurso fotográfico “As mates están aí”, no que o alumnado do IES aportaba fotos que relacionasen as matemáticas coa vida cotiá.

Este curso, por razóns obvias, non se puido celebrar pero o alumnado fixo igualmente as súas achegas.

Plan proxecta: Donas de si

Durante o mes de xuño o alumnado da ESO do IES ILLA DE SARÓN estivo traballando sobre a Exposición Premios María Josefa Wonenburger Planells 2007-2019. Desta volta, non só traballou o alumnado de 1º e 2º ESO senón que tamén os de 3º e 4º levaron a cabo diferentes traballos.

Esta exposición encádrase dentro do PLAN PROXECTA 2019-2020 Donas de si que levamos a cabo no centro educativo. Chegou ao noso instituto o día 9 de marzo cedida pola Secretaría Xeral para a Igualdade da Xunta de Galicia, ao día seguinte levamos a cabo a montaxe da mesma no corredor da planta principal do instituto, mais coa suspensión das aulas presenciais o día 12 de marzo non puidemos desenvolver ningunha tarefa das que estaban planificadas, así que a nosa directora, Sara Jul, moi amablemente, nos fotografou todos e cada un dos paneis coa información correspondente que aproveitamos para elaborar os materiais cos que traballamos neste final de curso.

Esta extraordinaria exposición consta de 15 paneis explicativos sobre as diferentes mulleres científicas que foron homenaxeadas dende que en 2007  se creou este Premio que leva por título MARÍA JOSEFA WONENBURGER PLANELLS. Unha muller galega, matemática e investigadora, pioneira e referente feminino a nivel internacional no ámbito científico, coa que se pretende visibilizar o traballo das mulleres na ciencia e incrementar a presenza feminina nos ámbitos científicos e tecnolóxicos.

Entre as actividades que desenvolveu a rapazada do ILLA DE SARÓN salientamos unha XINCANA DE PREGUNTAS, UN XOGO DE ACERTOS  e un PASAPALABRA sobre as diferentes mulleres investigadoras que foron homenaxeadas dende 2007 ata 2019.

Deixámosvos estas tres tarefas por se vos animades a participar. É moi interesante descubrir a todas estas mulleres galegas sobresaíntes no mundo científico.

Enlaces destes tres xogos:

Xincana:

 

 

XOGO DE ACERTOS:

PASAPALABRA:

Contratos programa: Competencia Lingüística

Para acadar os obxectivos que nos marcamos de mellorar a comunicación oral e promover a autoestima e a seguridade de todo o alumnado da ESO á hora de falar en público levarmos a cabo, ao longo de todo o curso, tanto na aula de xeito presencial, da que fomos dando boa conta, como a partir de abril, de xeito telemático, diferentes exposicións orais e oratoria improvisada nas materias lingüísticas de castelán e galego.

Deixámosvos, como mostra, algúns collages do alumnado da ESO e algúns vídeos para observar a mellora que foi acadando o noso alumnado.

 

Calendarios dos exames finais dos ciclos formativos - Modalidade Telemática

Programación da producción en moldeo de metais e polímeros

Módulo

Día

Hora

Moldeo pechadoLuns 15/06/202009:00 - 12:00

Interpretación gráfica

Luns 15/06/2020

12:00 - 14:00
 Modelo abertoMartes 16/06/202009:00 - 12:00
 Programación da produciónMartes 16/06/202012:00 - 14:00
 Verificación de produtos Mércores 17/06/202009:00 - 12:00
 Xestión da calidade, prevención de riscos laborais Mércores 17/06/202012:00 - 14:00
 Caracterización de materiaisXoves 18/06/202009:00 - 12:00
 Empresa e Iniciativa EmprendedoraXoves 18/06/202012:00 - 14:00
 Programación de sistemasVenres 19/06/2020 09:00 - 12:00

Sistemas Microinformáticos e Redes

Módulo

Día

Hora

Redes LocaisLuns 15/06/202010:30
Aplicacións Ofimáticas

Martes 16/06/2020

10:30
Formación e Orientación Laboral Mércores 17/06/202010:30
Montaxe e Mantemento de EquiposXoves 18/06/202010:30
Sistemas Operativos MonopostoVenres 19/06/202010:30
Aplicacións WebLuns 15/06/202010:30
Servizos en RedeMartes 16/06/202010:30
Empresa e Iniciativa Emprendedora Mércores 17/06/202010:30
Seguridade InformáticaXoves 18/06/202010:30
Sistemas Operativos en RedeVenres 19/06/202010:30

Contratos programa: Corpos xeométricos

Co alumnado de 1ºESO, estamos a traballar os corpos xeométricos, e que mellor maneira de conectar as mates coa vida cotiá que buscar pola casa obxectos que teñan forma de corpo xeométrico.

O obxectivo desta actividade é conectar as matemáticas coa vida cotiá e afianzar os conceptos de poliedros e corpos de revolución.

Ao principio non atopaban ningún, pero despois de observar ben, resultou que a súa casa está chea destas figuras matemáticas. Deixámosvos algúns exemplos.

Contratos programa: Competencia Lingüística

Dentro do proxecto Contratos-Programa 2019-2020 para seguir adquirindo destrezas que melloren a competencia lingüística do noso alumnado levaremos a cabo, durante a primeira semana de xuño, diferentes obradoiros de REGUEIFAS, concretamente co alumnado de 2º, 3º e 4º ESO, xa que co alumnado de 1º ESO estamos a ter problemas coas aplicacións de videoconferencias.

Os obradoiros desenvolveranse de xeito telemático dada a situación que estamos a vivir.

Animámosvos a que participedes. Iremos pendurando algunha fotografía que dea conta do ben que o pasaremos.

Distribuir contido