Dentro da programación do MES DAS LETRAS o alumnado de ESO e Bacharelato recibiu o pasado venres un "doce agasallo" elaborado polo Ciclo Medio de Panadaría, Repostaría e Confeitaría, acompañado duns "poemas larpeiros" da homenaxeada do Día das Letras Galegas 2021, Xela Arias.
A actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Onte, mércores 12 de maio, celebrouse na Biblioteca do noso Instituto a presentación do libro do profesor de filosofía José António Lozano (Chiqui), finalista do Prémio Internacional Glória de Sant'Anna 2021.
José Antonio Lozano, o profesor de filosofía do centro, nomeado finalista do premio internacional de poesía en memoria da poeta Glória de Sant'Anna. Dito certame, que valora ao autor do mellor libro de Poesía en lingua Portuguesa, foi instituído en 2012 polo Grupo de Acción Cultural de Válega (GAC) e a Familia de Gloria de Sant'Anna.
Moita sorte para o seu libro Obscura Anatólia.
O anuncio da persoa gañadora será publicado o 12 de maio.
A
Carmen González Fernández, alumna de 2º de bacharelato, foi a gañadora dos mencionados premios na modalidade de narración.
Peleteiro, reuniuse o xoves 18 de marzo para ditar o fallo da edición número corenta e nove dos recoñecidos galardóns. O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos, o que semella garantir o futuro das nosas letras.
A entrega dos premios foi o 14 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel actuou como mantedor o escritor e historiador Ramón Villares Paz. Os e as autoras premiadas leron unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá íntegramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.
1º PREMIO MODALIDADE DE NARRACIÓN: Carmen González Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Fraga do Eume de Pontedeume, polo seu relato Teatro de fume. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.
No minuto trinta e cinco do seguinte vídeo Carmén fai lectura dun fragmento da obra e recolle o premio.
O venres 26 de marzo o alumnado de 1º ESO participou na “Sementeira de versos” no Paseo marítimo de Rosalía de Castro. Esta actividade, organizada polo Concello de Pontedeume, ten como finalidade que a poesía floreza entre nós e supón o agradecemento ás nenas e nenos por cumprir dun xeito exemplar coas normas sanitarias deste curso atípico, rompendo por un anaquiño coa rutina diaria, cunha plantación diferente e divertida.
O día 8 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller, o alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade coa finalidade de homenaxear a muller e visibilizar o importante que é camiñar cara a igualdade real entre homes e mulleres. As rapazas e rapaces implicáronse activamente nunha tarefa diferente e divertida que evidencia que todos somos iguais. Parabéns!
A actividade pechouse cun agasallo moi especial, un almorzo para as rapazas e rapaces de 1º de ESO elaborado e servido polo alumnado de 1º de Ciclo Medio de Servizos en Restauración dirixidos por Olga Vizoso Arribe e o alumnado de 1º e 2º de Ciclo Medio de Panadaría, repostaría e confeitaría, dirixidos por Mercedes Fernández Méndez e María Arribi Barcia.
O día 12 de marzo o alumnado de 3º de ESO asistiu á videoconferencia “As miradas de Isaac” impartida desde a Cidade da Cultura.
Da man do persoal de guías do Museo Gaiás, os rapaces e rapazas introducíronse de forma virtual na vida dunha personaxe irrepetible, como foi Isaac Díaz Pardo, quen abordou múltiples disciplinas: arte, intelecto, técnicas…e sacou adiante importantes iniciativas que acadaron un salientable papel no conxunto da cultura galega do século XX. Nesta visita en liña, que é unha exposición homenaxe polo centenario do nacemento do artista, coñeceron o seu polifacético universo: ceramista, pintor, deseñador, escritor, editor, empresario... nun percorrido entre obras de arte, obxectos diversos, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións. Sen dúbida un gran descubrimento sobre a nosa cultura para o alumnado de 3º.
Anxos García é profesora do instituto Fragas do Eume de Pontedeume. O ano pasado, celebrando o Día de Rosalía de Castro no centro, decatouse, durante unha actividade, de que a utilización dunha actriz que encarnaba a poeta e falaba sobre esta en primeira persoa “triunfou e sorprendeu enormemente o alumnado”, asegura en declaracións a Nós Diario.
Ligazón á información completa