ACCESO RESTRINXIDO AO CENTRO

Soamente poderá acceder

(sen cita previa):

.- Persoal docente.

.- Persoal de administración e servizos.

.- Alumnado.

CITA PREVIA

O resto das persoas deben solicitar cita previa:

881 93 04 48

ies.fraga.eume@edu.xunta.gal

 

 

CALENDARIO DE PROBAS LIBRES (FP 2020-21)

A xornada de acollida é o venres, 4 de xuño, ás 11:30 na aula de cata. 

Ligazón á información.

 

CALENDARIO DE RECUPERACIÓN DA PERDA Ó DEREITO DE AVALIACIÓN CONTINUA EN RÉXIME ORDINARIO (FP 2020-21)

Ligazón á información.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 2020-21

O prazo de solicitude remata o día 26 de maio

Ligazón á información.

 

INFORMACIÓN SOBRE A ABAU

Ligazón á información.

 

RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS FINAIS (PROCEDEMENTOS E PRAZOS PARA ESO E BAC)

Ligazón á información.

 

ADMISIÓN DE ALUMNADO – CURSO 2021/2022 (ESO e Bacharelato)

Ligazón á información.

 

MENÚ SAUDABLE PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO

   No IES Fraga do Eume séguese a “máxima” que anuncia que os factores de risco cara á saúde tenden a asociarse simultaneamente, aínda que ben é certo que as condutas saudables tamén veñen en cadea. Existe correlación, por exemplo, entre a práctica de actividade física ou falta dela e o consumo ou non de alimentos saudables e viceversa.

   O pasado xoves o Pan Proxecta Deportivo de Centro presentaba unha actividade especial cun abano de sabores de gran colorido. O alumnado de 3º de ESO despois de suar a camiseta no recreo xogando ao baloncesto repuxo enerxías en base a tostas de verduras e salmón grile, ensalada de arroz e xarda, timbal de coliflor con salmón grego, tacos de piña con gambas e crema aceda, e“ smoothie” de laranxa e mango. 

   Parabéns para o profesorado e alumnado dos ciclos de hostalería, panadería e restauración pola exitosa organización da actividade.

CHIQUÍ, FINALISTA DO PREMIO LITERARIO GLÓRIA DE SANT'ANNA 2021

   José Antonio Lozano, o profesor de filosofía do centro, nomeado finalista do premio internacional de poesía en memoria da poeta Glória de Sant'Anna. Dito certame, que valora ao autor do mellor libro de Poesía en lingua Portuguesa, foi instituído en 2012 polo Grupo de Acción Cultural de Válega (GAC) e a Familia de Gloria de Sant'Anna.

   Moita sorte para o seu libro Obscura Anatólia.

   O anuncio da persoa gañadora será publicado o 12 de maio.

A

 

RECICLAXE DE PRODUTOS DE ESCRITURA

Tagged:

A biblioteca do centro está a facer unha campaña de recollida e reciclaxe de produtos de escritura  para colaborar cunha das protectoras de animais da comarca, en concreto, TerraCan.  

Está habilitada unha caixa de cartón na entrada do centro como punto de reciclaxe e o material será levado a finais de curso á protectora.

Que buscamos? Bolígrafos, rotuladores, fluorescentes, portaminas, plumas e correctores que sexan de plástico e usados.

Para que? Para o seu posterior reciclaxe e a cambio recibir diñeiro para axudar aos pelud@s.

CARMEN GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, ALUMNA DE 2º BACHARELATO, GAÑA OS PREMIOS LITERARIOS MINERVA 2021

   Carmen González Fernández, alumna de 2º de bacharelato, foi a gañadora dos mencionados premios na modalidade de narración. 

Peleteiro, reuniuse o xoves 18 de marzo para ditar o fallo da edición número corenta e nove dos recoñecidos galardóns. O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos, o que semella garantir o futuro das nosas letras.

   A entrega dos premios foi o 14 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel actuou como mantedor o escritor e historiador Ramón Villares Paz. Os e as autoras premiadas leron unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá íntegramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.

   1º PREMIO MODALIDADE DE NARRACIÓN: Carmen González Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Fraga do Eume de Pontedeume, polo seu relato Teatro de fume. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.

   Ligazón ao Texto premiado

   No minuto trinta e cinco do seguinte vídeo Carmén fai lectura dun fragmento da obra e recolle o premio.

CELEBRAMOS A SEMANA DA POESÍA!

   O venres 26 de marzo o alumnado de 1º ESO participou na “Sementeira de versos” no Paseo marítimo de Rosalía de Castro. Esta actividade, organizada polo Concello de Pontedeume, ten como finalidade que a poesía floreza entre nós e supón o agradecemento ás nenas e nenos por cumprir dun xeito exemplar coas normas sanitarias deste curso atípico, rompendo por un anaquiño coa rutina diaria, cunha plantación diferente e divertida. 

8 de MARZO - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (1º ESO)

   O día 8 de marzo, para conmemorar o Día Internacional da Muller, o alumnado de 1º de ESO participou nunha actividade coa finalidade de homenaxear a muller e visibilizar o importante que é camiñar cara a igualdade real entre homes e mulleres. As rapazas e rapaces implicáronse activamente nunha tarefa diferente e divertida que evidencia que todos somos iguais. Parabéns!

   A actividade pechouse cun agasallo moi especial, un almorzo para as rapazas e rapaces de 1º de ESO elaborado e servido polo alumnado de 1º de Ciclo Medio de Servizos en Restauración dirixidos por Olga Vizoso Arribe e o alumnado de 1º e 2º de Ciclo Medio de Panadaría, repostaría e confeitaría, dirixidos por Mercedes Fernández Méndez e María Arribi Barcia.

MATEMÁTICAS É FEMININO

 

Para conmemorar o pasado "Día da Muller e da Nena na Ciencia", o alumnado de primeiro e segundo da ESO participou no concurso (promovido polo Departamento de Matemáticas e o Equipo de Dinamización Lingüística) "Matemáticas é feminino", elaborando uns carteis onde se dese visibilidade ás mulleres dedicadas ás matemáticas. E xa temos carteis gañadores!!! Nos próximos días recibirán os agasallos. Moitísimas grazas a todo o alumnado pola participación!!!

AS MIRADAS DE ISAAC

   O día 12 de marzo o alumnado de 3º de ESO asistiu á videoconferencia “As miradas de Isaac” impartida desde a Cidade da Cultura.

   Da man do persoal de guías do Museo Gaiás, os rapaces e rapazas introducíronse de forma virtual na vida dunha personaxe irrepetible, como foi Isaac Díaz Pardo, quen abordou múltiples disciplinas: arte, intelecto, técnicas…e sacou adiante importantes iniciativas que acadaron un salientable papel no conxunto da cultura galega do século XX. Nesta visita en liña, que é unha exposición homenaxe polo centenario do nacemento do artista, coñeceron o seu polifacético universo: ceramista, pintor, deseñador, escritor, editor, empresario... nun percorrido entre obras de arte, obxectos diversos, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións. Sen dúbida un gran descubrimento sobre a nosa cultura para o alumnado de 3º.

A profesora do IES Fragas do Eume, Anxos García, lidera un proxecto cultural sobre Rosalía de Castro: "A Rosa Incandescente".

Anxos García é profesora do instituto Fragas do Eume de Pontedeume. O ano pasado, celebrando o Día de Rosalía de Castro no centro, decatouse, durante unha actividade, de que a utilización dunha actriz que encarnaba a poeta e falaba sobre esta en primeira persoa “triunfou e sorprendeu enormemente o alumnado”, asegura en declaracións a Nós Diario.

Ligazón á información completa 

 

Concurso de Relatos Cortos: "La minería sostenible en tu vida"

Preme no enlace para acceder a infomación do concurso.Recomendada a participación polo departamento de Lingua Castela e Literatura do centro.

 

Distribuir contido