2020-21

ELABORACIÓN DE BOSQUEXOS PARTINDO DUN ESTUDO SOBRE A NOSA CONTORNA CO FIN DE REALIZAR UN MURAL DE 12X2 M PARA O PATIO DO CENTRO.

Tagged:

   Descrición: Actividade realizada no 3º trimestre. Alumnado de 1º e 2º de bacharelato de Debuxo artístico.

   O alumnado de 2º de bacharelato de Debuxo artístico realizou un estudo das obras de artistas tanto galegos como internacionais para este traballo. Entre os artistas mencionados, no ámbito das artes plásticas viron obras de Urbano Lugrís, David Hockney, Henri Matisse, Maruja Mallo, Georgia O’ Keefe. Esta escolla de artistas históricos tanto das vangardas como do postimpresionismo e o popart, foi seleccionada en base ao seu interese pola natureza, o uso que fixeron da cor e o mesmo o simbolismo que transmiten as súas obras. Pero non só traballaron con artistas históricos, senón tamén estudaron as expresións artísticas máis actuais a través da arte urbana con artistas como: Lidia Cao, Yoseba MP (ambos galegos), Okuda, Boamistura, Estanpintando, BanKsy, Maser, Maya Ayuck, Camille Wacala ou  Jennifer Parks. Algúns son colectivos de artistas que traballan desde diversas disciplinas artísticas.

   Trataron de unir deseños inspirados na botánica das fragas do eume con todo o visto na fase de documentación. Deste modo obtiveron os primeiros bosquexos. Con todos eles fíxose un ensamblaxe das distintas interpretacións para xerar un completo bosquexos final.

Finalmente escolleron un camiño lúdico e alegre, cheo de cores, con debuxos próximos ao mundo do cómic, nalgúns casos, e que destaca nun espazo que antes era sombrío e húmido. Un paseo a toda cor que nos leva desde o universo ata a natureza cun tratamento figurativo e libre da imaxe.

   Os alumnos de 1º de bacharelato da mesma materia colaboraron na parte de pintado “in situ”, en base ós bosquexos propostos polos alumnos de 2º.

“DOCE AGASALLO” CON POEMAS DE XELA ARIAS

Tagged:

   Dentro da programación do MES DAS LETRAS o alumnado de ESO e Bacharelato recibiu o pasado venres un "doce agasallo" elaborado polo Ciclo Medio de Panadaría, Repostaría e Confeitaría, acompañado duns "poemas larpeiros" da homenaxeada do Día das Letras Galegas 2021, Xela Arias.

A actividade foi organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 


O IES FRAGA DO EUME APOSTA POLA FROITA FRESCA

   Esta semana finalizamos o programa de reparto de froita fresca no centro, desenvolto ao longo de 10 días lectivos consecutivos en xaneiro e outros dez en maio.

   O programa, subvencionado polo FOGGA (Consellería do Medio Rural), o Ministerio de Agricultura, Pesca e alimentación e a Unión Europea, tivo unha boa acollida entre o alumnado.

   Este programa acompañou a outro tipo de actividades no centro que fan alusión á necesidade dunha alimentación saudable e unha vida activa de socialización evitando o sedentarismo e a inxesta de sustancias tóxicas como elementos indispensables para ter calidade de vida.

DISECCIÓNS TRANSMITIDAS POR VIDEOCONFERENCIA

Tagged:

   O alumnado de terceiro e cuarto da ESO do IES Fraga do Eume, asistiu estes días dende as súas aulas por videoconferencia á realización de dúas diseccións, unha de corazón e a segunda de ollo, como complemento ás súas clases de bioloxía. Ditas sesión foron organizadas dende o museo Domus de Coruña, dentro da oferta de visitas virtuais dos museos científicos coruñeses, do concello da Coruña.

PRESENTACIÓN DO LIBRO DO PROFESOR DE FILOSOFÍA JOSÉ ANTÓNIO LOZANO (CHIQUI), FINALISTA DO PRÉMIO INTERNACIONAL GLÓRIA DE SANT'ANNA 2021.

Tagged:

Onte, mércores 12 de maio, celebrouse na Biblioteca do noso Instituto a presentación do libro do profesor de filosofía José António Lozano (Chiqui), finalista do Prémio Internacional Glória de Sant'Anna 2021.

   No acto participou como presentador o profesor de FOL Joám García, quen fixo unha semblanza afectuosa e entrañable do noso compañeiro.
   Pola sua parte Chiqui falou brevemente do seu libro, Obscura Anatólia, e indicou a motivación que desde moi novo o inclinara á escribir poesía e a relacionarse, desde a nosa lingua coa área de língua portuguesa. No acto recitou outros poemas non pertencentes ao libro, nos que mostrou diferentes xeitos de entender a poesía, de carácter lúdico e con elementos humorísticos. 
   O acto finalizou coa recitación do poema "Brincadeira na Savana" co que obsequiou aos alunos de 1° de Bacharelato ali presentes. O poema convidaba a todos a participar no xogo da vida con deportividade, compañeirismo e humor a través de unha alegoría en que diversos animais tiñan que enfretarse nunha gran final de futbol". 
 
Poema recitado do libro que forma parte da promoción do premio (Ligazón) 

CLASIFICADA PARA A FASE FINAL GALEGA DA OLIMPIADA MATEMÁTICA!

Tagged:

   Parabéns para a alumna Inés Regueiro Rial de 2º de ESO, que despois de participar na Fase de Zona na Olimpíada Matemática Galega o pasado 29 de abril, foi seleccionada para asistir á Fase Final Galega. Esta proba terá lugar na cidade de Lugo a finais deste mes, e nela competirá con outros 24 finalistas de toda Galicia. 

   Desexámoslle moita sorte e, sobre todo, que goce da experiencia!

MENÚ SAUDABLE PARA O ALUMNADO DE 3º DE ESO

   No IES Fraga do Eume séguese a “máxima” que anuncia que os factores de risco cara á saúde tenden a asociarse simultaneamente, aínda que ben é certo que as condutas saudables tamén veñen en cadea. Existe correlación, por exemplo, entre a práctica de actividade física ou falta dela e o consumo ou non de alimentos saudables e viceversa.

   O pasado xoves o Pan Proxecta Deportivo de Centro presentaba unha actividade especial cun abano de sabores de gran colorido. O alumnado de 3º de ESO despois de suar a camiseta no recreo xogando ao baloncesto repuxo enerxías en base a tostas de verduras e salmón grile, ensalada de arroz e xarda, timbal de coliflor con salmón grego, tacos de piña con gambas e crema aceda, e“ smoothie” de laranxa e mango. 

   Parabéns para o profesorado e alumnado dos ciclos de hostalería, panadería e restauración pola exitosa organización da actividade.

CARMEN GONZÁLEZ FERNÁNDEZ, ALUMNA DE 2º BACHARELATO, GAÑA OS PREMIOS LITERARIOS MINERVA 2021

Tagged:

   Carmen González Fernández, alumna de 2º de bacharelato, foi a gañadora dos mencionados premios na modalidade de narración. 

Peleteiro, reuniuse o xoves 18 de marzo para ditar o fallo da edición número corenta e nove dos recoñecidos galardóns. O xurado destacou a calidade das obras poéticas e dos relatos, o que semella garantir o futuro das nosas letras.

   A entrega dos premios foi o 14 de abril nun acto literario no Colexio M. Peleteiro. Nel actuou como mantedor o escritor e historiador Ramón Villares Paz. Os e as autoras premiadas leron unha parte da súa obra como adianto á publicación do libro que recollerá íntegramente os traballos, editado polo Colexio M. Peleteiro.

   1º PREMIO MODALIDADE DE NARRACIÓN: Carmen González Fernández, de 17 anos, alumna de 2º de Bacharelato do IES Fraga do Eume de Pontedeume, polo seu relato Teatro de fume. Premio de 600 euros e medalla de prata conmemorativa do certame.

   Ligazón ao Texto premiado

   No minuto trinta e cinco do seguinte vídeo Carmén fai lectura dun fragmento da obra e recolle o premio.

MATEMÁTICAS É FEMININO

 

Para conmemorar o pasado "Día da Muller e da Nena na Ciencia", o alumnado de primeiro e segundo da ESO participou no concurso (promovido polo Departamento de Matemáticas e o Equipo de Dinamización Lingüística) "Matemáticas é feminino", elaborando uns carteis onde se dese visibilidade ás mulleres dedicadas ás matemáticas. E xa temos carteis gañadores!!! Nos próximos días recibirán os agasallos. Moitísimas grazas a todo o alumnado pola participación!!!

14 de febrero, día do AMOR E AMIZADE

Preme na imaxe para acceder ao blog da biblioteca e participar na actividade.

Distribuir contido