Matemáticas

MATEMÁTICAS É FEMININO

 

Para conmemorar o pasado "Día da Muller e da Nena na Ciencia", o alumnado de primeiro e segundo da ESO participou no concurso (promovido polo Departamento de Matemáticas e o Equipo de Dinamización Lingüística) "Matemáticas é feminino", elaborando uns carteis onde se dese visibilidade ás mulleres dedicadas ás matemáticas. E xa temos carteis gañadores!!! Nos próximos días recibirán os agasallos. Moitísimas grazas a todo o alumnado pola participación!!!

Páxina en probas

Tagged:

Hai dúas cousas infinitas: o Universo e a estupidez humana. E do Universo non estou seguro.

 

 

 

 

 

Matemáticas lúdicas

Propoñémosvos unha serie de xogos para reflexionar un pouco

 

 O inventor do xadrez

O rei de Persia fascinado polo xogo de xadrez, quixo coñecer e premiar ao inventor.Cóntase que o rei ofereceu ao matemático oriental o premio que solicitase.

O matemático contestou:

- Confóormome con 1 grán de trigo pola primeira casiña do tabuleiro, 2 pola segunda, catro pola terceira, oito pola cuarta, e asi dobrando a cantidade até a casiña 64 do tabuleiro de xadrez.

Ordenou o rei ao seu vizir que preparase o prémio solicitado, fixo os cálculos e deuse conta que era imposíbel cumplir a orde.

Sabes que cantidade de grans de trigo precisariía o rei de Persia para satisfacer ao inventor?

Solución

Necesitaríase a cantidade de:

264 gráns de trigo =  18 344 674 420 737 091 551 616 gráns

Sabes ler ese número?

En cada quilogramao de trigo collen uns 28 220 gráns, polo que o resultado seria dunhas 653 676 260 585 toneladas; que ocuparían un depósito en forma de balde de algo mais de 11'5 quilómetros de lado.

Para producir tal cantidade de trigo necesitaria-se estar cultivando a Terra (incluídos os mares), durante oito anos.

 

Un folio dobrado 

Se dobramos un fólio pola metade, se teñen dous cuartiñas e catro páxinas.Se volvemos a dobrar se forman 8 páxinas, dobrando uña terceira vez se obteñen 16, a seguinte vez, se formará un caderniño de 32 páxinas...

Se dispuxésemos dunha folla de papel suficientemente grande (como a dun periódico), non poderiamos dobrala pola metade moitas veces, chegaría un momento en que o grosor do caderniño formado sería tan grande que custaría moito traballo. Lla dóbrase-mos 50 veces, sabes que altura acadaría o papel?

Solución

Como estamos na sección de "Números moi grandes" vexamos algúns exemplos:

Subpoñamos uña folla de papel moi fino, papel de seda, dun grosor de tan só 1 milésima de centímetro:

Se a dobrases 10 veces; o grosor do caderniño formado sería:

210 = 1024 milésimas de cm = 1 cm .

Se o número de dobleces fosen 17:

217 = 131 072 milésimas de cm = 1'3 metros

Se pudésemos dobrala 27 veces:

227 = 134 217 728 milésimas de cm = 1342 metros.

E postos a imaxinar, se pudésemos facer-lle 50 dobleces á folla de papel de seda, a pia de papel obtida atinxiria uña altura asombroso:

250 = 1 125 899 906 842 624 milésimas de cm = 11 258 999 068 metros.

Máis de 11 millóns de Km.!

Distribuir contido