ACCESO RESTRINXIDO AO CENTRO

Soamente poderá acceder (sen cita previa):

.- Persoal docente.

.- Persoal de administración e servizos.

.- Alumnado.

O resto das persoas deben solicitar

CITA PREVIA881 93 04 48

cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal

 

 


 

 

 

 

MUDAMOS DE WEB!!!

 

 

Ven a visitarnos en https://www.cifpfragadoeume.gal/

 

 

PRAZAS LIBERADAS 22/23

 

 

LISTADO DE MATERIAL 22/23

 

Descarga aquí a listaxe de material e uniformes. 

 

 

GUÍAS CURSO 22/23

 

XORNADA DE ACOLLEMENTO

CURSO 22/23

 

 

Descarga aquí os horarios, datas e aulas

A presentación terá lugar no taller-comedor.

 

 

 

HORARIO APERTURA AGOSTO:

Luns a venres: 10 a 13 h

 

 

LISTAXE 1ª ADMISIÓN ORDINARIA

Consulta aquí a listaxe de persoas admitidas

(Todas as modalidades)

Matriculación: do 19 de xullo ás 9:00 ao

22 de xullo ás 13:00 horas

 

 

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES

CURSO 22/23

 

Instruccións para consultar o código persoal de consulta (CPC)

 

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDA/OS

FP DUAL (SUPERIOR)

Descarga aquí a listaxe provisional de

admitida/os no FP Dual (superior).

 

       ATENCIÓN:

 

O alumnado que aparece na listaxe adxunta coa

solicitude admitida deberá asistir ás entrevistas

coas empresas colaboradoras o luns 11,

martes 12 e mércores 13 de xullo ás 10 horas no

CIFP Fraga do Eume.

 

OFERTA FORMATIVA PARA O

VINDEIRO CURSO 22/23:

Consúltaa no vídeo, na presentación ou

na imaxe de debaixo:

 

 

PROBAS LIBRES XUÑO (21/22)

(Actualizado 24/05/2022)

  

  • A asistencia a esta xornada de acollemento

é obrigatoria para os/as candidatos/as.

  • A non asistencia nin xustificación 

documental, implicará a baixa de oficio das
probas. 

 

CALENDARIOS PD MAIO-XUÑO (21/22):

(Actualizado 24/05/2022)

RECOGIDA DE TÍTULOS

El alumnado que efectuase el pago de tasas del título antes de

noviembre de 2020, puede pasar por el centro a retirarlo. Para

recogerlo es imprescindible que lo realice personalmente y que

acredite su identidad mediante el DNI. 

 

PLAN DE IGUALDADE (novembro 2021)

PLAN DE CONVIVENCIA (abril 2022)

 

BECAS CURSO 22/23

 

¿QUERES FORMARTE NUNHA PROFESIÓN

CON FUTURO? INSCRÍBETE AQUÍ EN

OPERACIÓNS BÁSICAS DE COCIÑA

 

 

POLITICA DE CALIDADE (Enlace)

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS                                       

Facebook FP Galicia

 


PROGRAMAS INTERNACIONAIS (FCT NO EXTRANXEIRO)

NOF do CIFP Fraga do Eume (documento)

CORREOS DE INTERES DO CENTRO

Acreditacións:
acreditacion.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
Xestión de calidade:
xescal.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
Relación con empresas:
relacionconempresas.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
Orientación:
orientacion.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
Programas internacionais :
programas.internacionais.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
Biblioteca:
biblioteca.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal
TIC
tic.cifp.fraga.eume@edu.xunta.gal

Primeiro clasificado Galicia Skills

GUIA DO PROFESORADO DE NOVA INCORPORACIÓN
GUIA DO ALUMNADO

XORNADA DE ACOLLEMENTO
  

PRAZOS DE ADMISIÓN FP - CURSO 2021-2022

DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

NOVOS CICLOS DE FP

A oferta educativa de FP no Fraga do EUME incorpora os seguinte ciclos de grao superior:

Axencias de viaxes e xestión de eventos 

Xestión de aloxamentos turísticos 

Información sobre o resto da oferta

 

ALIMENTATE BEN

Tagged:

Neste curso dentro do Plan Proxecta participamos co programa ALIMENTATE BEN, fixémolo en duas modalidades: "O sabor da aventura está no mar"  e "Ponlle as pilas ao teu bocata".

Si queredes ver máis fotos das actividades pinchar en calqueira das fotos.

 

 

 

 

 

 

 

 

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS CURSO 2018 -2019

Tagged:

 

CIRCULAR SOBRE COMEDOR ESCOLAR, TRANSPORTE E LIBROS

Comedor e transporte                           Transporte escolar ensino non obrigatorio

Modelo de autodeclaración para comedor

 

 PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019

Con data 21 de maio de 2018, saíu publicada no DOG a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/2019.

As Solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.  Solicitude : Anexos I e II

Ademais, poderán realizar a solicitude accedendo a aplicación Fondolibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  1. Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o ANEXO II e presentaranos no centro, xunto coa documentación.

  2. Presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Neste suposto o centro recibirá un aviso.

    O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 22 de maio e remata o 22 de xuño e 2018, ambos inclusive.

 

 

LE PETIT PRINCE

Pinchade aquí se queredes ver a galeria de fotos coas que se fixo o video

 

O 6 de abril de 1943 o libro máis importante de Antoine de Saint-Exupéry chegou ás librarías neoiorquinas, pero non sería ata abril de 1946 que Gallimard publicou a edición francesa a título póstumo.

O IES Fraga do Eume quixo facer unha homenaxe a este conto traducido a máis de 300 linguas e que sigue a cativarnos, facernos meditar, soñar e tamén chorar, tanto aos nenos como ás “persoas maiores”.

Así, fixemos unha lectura en voz alta e continuada en 6 idiomas: castelán, galego, inglés, portugués, chinés e francés.

Foi unha mañá máxica, e como ben dixo Saint-Exupéry: “L’essentiel est invisible pour les yeux”.

 

LITA CABELLUT. A MAXIA DO RETRATO

Tagged:

O pasado 7 de febreiro os alumnos de 3º de eso asistiron á visita guiada á exposición Testimonio da artista Lita Cabellut no MAC de A Coruña, visita organizada polo departamento de Artes Plásticas.
Foi un fermoso paseo polo persoal mundo da artista a través de impresionantes imaxes que son radiografías da alma humana. Os poros e cicatrices da súa pintura, as miradas tristes, desoladas ou dignas e atrevidas dos modelos, transmítennos temas universais como a existencia, a soidade, a fugacidade da vida e tamén a maxia da supervivencia.
Unha visita que ten a súa continuidade na aula, dado o interese que espertou en todos nós.
Ahí van unhas cantas fotos da mostra.

        

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA: 20 DE FEBREIRO DE 2018

Tagged:

     

O Equipo da Biblioteca, o E.D.L, xunto cos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá quixemos darlle unha marcada dimensión festiva a este día, implicando á maior parte do noso alumnado na preparación dun espectáculo sobre a obra de Rosalía de Castro e participando no Caldo de Gloria, proposto pola fundación Rosalía de Castro.

Todos os cursos de ESO fixeron versións de poemas de Cantares gallegos e de Follas novas con música e dramatizacións, mentres que os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato leron fragmentos da obra escrita en castelán da autora: La hija del mar, Lieders, Las literatas, En las orillas del Sar. Ao remate da sesión compartimos un reconfortante “caldo de gloria”, emulando á protagonista do poema Miña casiña, meu lar, quen logra arrincar á miseria o sustento necesario para seguir adiante e manter acesa a faísca da esperanza. Cómpre resaltar a implicación do departamento de hostelaría, de Miguel Caruncho, e dos alumnos e alumnas de FP Básica, que cociñaron e serviron un caldo marabilloso, que nos soubo que la mar.

       

        

        
  

FICHA DA NOVA EN RADIOFUSIÓN

 

 

 

LA CHANDELEUR

Tagged:

Une autre fois les francophones de notre IES ont fêté la Chandeleur, et cette année ça a été grâce aux élèves de 1e année de Ciclo Medio Restaurante Bar et à leur prof Paco Cotelo.

Ils nous ont préparé des crêpes et des « filloas » pour les comparer et essayer de choisir l’une ou l’autre, mais « mission impossible », toutes les deux étaient délicieuses.

       

Benvidos a web do IES Fraga do Eume

Listaxe de alumnos seleccionados para participar como beneficiarios dunha Beca Erasmus

LE SÉNÉGAL D’APRÈS DJIBRIL

Hoxe os alumnos de francés asistimos a unha conferencia sobre o Senegal presentada por Gjibril Diagne, alumno de Ciclo de grado medio de servicios en restauración de 1º, que mañá cumprirá catro anos dende a súa chegada a España.

Aprendemos sobre a cultura, a relixión, a gastronomía, etc , pero tamén tratamos temas como a escravitude e a pobreza, este último sendo un problema actual nese país. Para rematar a exposición, o público fixémoslle preguntas sobre a súa vida no Senegal. Ao final, Gjibril soltouse e fixo unha presentación moi educativa e entretida á vez.

Cristina May Nelson Arias, 3º ESO B

Se queres saber máis, fai clic aquí.

 

LES CATHERINETTES

O departamento de francés do IES Fraga do Eume enorgullécese en presentar a segunda edición da festa das Catherinettes  que resultou todo un acerto para os amantes da moda e da literatura.

Os alumnos de 1º ESO de francés 2ª lingua estranxeira, confeccionaron uns sombreiros dignos da “Haute couture” e os demais estudantes da lingua de Jules Verne escribiron uns poemas á altura de Charles Baudelaire.  

Velaí os resultados:

Para máis información fai clic aquí

 

LE TOUR DU MONDE EN 80 JOURS


 

O pasado 23 de novembro alumnos de Francés do IES Fraga do Eume asistiron en Santiago, á representación teatral de Le tour du monde en 80 jours, de Jules Verne, escritor de novelas de “anticipación” ou, como diríamos hoxe de “ciencia ficción”.

 

Nesta novela de aventuras Jules Verne achéganos aos descubrimentos da época (século XIX), á xeografía, á historia e ás viaxes; tamén puidemos facer unha cartografía dos lugares polos que pasa Phileas Fogg, así como visualizar o mundo na súa globalidade, pero todo isto sen monotonía, pois contábamos coa simpatía de Passepartout.

 

Despois de dous meses lendo a novela adaptada ademais doutras do autor como L’île mystérieuse e achegándonos á súa biografía, sentíamos a necesidade e a curiosidade de coñecer de preto a estes personaxes que nos fixeron vivir tantas aventuras para acadar o seu obxectivo, e que nos ensinaron a ser teimudos no importante, e un pouco flegmáticos, pois todo é necesario.

 

Coma sempre, ao final do espectáculo, puidemos manter un coloquio cos actores que serviu para aclarar moitas dúbidas.

 

Foi unha mañá diferente, moi enriquecedora, que espertou en todos nós o aventureiro que levamos dentro.

 

 Se queredes coñecer as nosas opinións, só tedes que facer clic aquí.

 

 

 

PROGRAMAS INTERNACIONALES

ALUMNOS DE 2º CURSO DE

CSDIRCO Y CSDIRSE (pinchar para información)

 

 

 

SEMAINE DU GOÛT 2017

 

Dende 1990 vense celebrando en Francia a semana do gusto coa fianalidade de sensibilizar os rapaces a aprender a comer, axudar á transmision do gusto e a loitar contra as desigualdades sociais e a exclusión en materia de alimentación, para o que a “Fundación pola innovación e a transmisión do gusto” leva a cabo cada ano nas escolas unha iniciativa coa que pon en contacto dende chefs, agricultores, artesáns, comerciantes, profesionais da saúde…e moitos outros, cos nenos que son o obxectivo desta celebración.

O departamento de Francés súmase a estes actos coa preparación dunha receita orixinal que ten como ingrediente principal a cabaza.

O traballo foi realizado por alumnos de 2º de bacharelato (que fixeron a receita) e do Ciclo medio de cociña e gastronomía, 2º ano (que, claro está elaboraron o biscoito, mmmmmmm…).

Máis Información

 

 

 

 

 

 

 

 

 
HORARIO DE PRESENTACIÓNS DOS GRUPOS - CURSO 17-18
ESO- BACHARELATO- FPB                   CICLOS FORMATIVOS
 
OS BUSES ESCOLARES RECOLLERAN AO ALUMNADO PARA ESTAR NO CENTRO AS 10,30 E VOLTARAN AS 14,10
 
 
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO CURSO 2017/18 
 
 
H0RARIOS DOS CM DE ADULTOS CURSO 2017-2018
CM DE COCIÑA  GASTRONOMIA
ZMCG1         ZMCG2         ZMCG3
 
CM DE SERVICIOS EN RESTAURACIÓN
ZMSR1          ZMSR2
 
 
LIBROS DE TEXTO CURSO 2017 -2018
 

RESULTADOS PROBAS LIBRES 2017

CS Dirección Servizos en Restauración

 

CM Cociña e Gastronomía

 

CURSO 2017/18 . MATRÍCULA E SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Información xeral de admisión na FP Curso 2017/2018 (pincha aquí)

 Oferta de FP

PRAZOS CO  FIN DE AXILIZAR A TRAMITACIÓN DA MATRÍCULA EN ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2017/18:

 1º DA ESO: ( no caso de dubidas contactar co Centro)

DÍA 29 DE XUÑO DE 09:00 H. A 13:00 H. Matricularanse os 22 alumnos aceptados no Centro

Pola tarde publicarase a relación do resto dos alumnos que teran que matricularse

DÍA 30 DE XUÑO DE 09:00 H. A 13:00 H . Matricularanse o resto dos alumnados

2º DA ESO: DÍA 4 DE XULLO DE 09:00 H. A 13:00 H.

3º E 4º DA ESO: DÍA 5 DE XULLO DE 09:00 H. A 13:00 H.

1º E 2º DE BACHARELATO: DÍA 6 DE XULLO DE 09:00 H. A 13:00 H.

Documentación necesaria para a matricula (pinchar neste enlace)

Impresos:

1º ESO 2º ESO 3º ESO
4º ESO 1º BACH 2º BACH
Impreso de datos médicos      Autorización para a saída ao fin da xornada lectiva

 Circular sobre comedor escolar, transporte e libros ( pincha aquí)
Impresos:

Servizos complementarios         Transporte  escolar ensino non obrigatorio
Modelo de autodeclaración para comedor  

 

PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2017-2018

Con data 22 de maio de 2017, saíu publicada no DOG a Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2017/2018.

SOLICITUDES

Deberán presentarse presencialmente preferiblemente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado : ANEXO I

O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 23 de maio e remata o 23 de xuño e 2017, ambos inclusive.


CONCURSO PÚBLICO PARA A ADXUDICACIÓN DA CAFETERÍA DO IES FRAGA DO
EUME
En cumprimento da instrucción 7/2017 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, do 30 de maio de 2017, para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería en centros públicos non universitarios dependentes da Consellería, procédese á apertura do concurso público para a adxudicación da cafetería do IESfRAGA DO EUME.

O prazo de presentación de solicitudes será do 16 ao 23 de xuño de 2016, ás 14 horas.

Adxunto: INSTRUCCIÓN 7/2017.

 

 

PREMIOS "Di K Non"

 

Di_K_Non_3.jpgA Fundación Barrié  de la Maza e a UTE do centro penitenciario  de Teixeiro , galardonaron a alumna do IES Fraga do Eume Zaira Rey de 3º da eso , co 2º premio deste  concurso . parabens  polo traballo ben feito  e polos valores  que amosa no mesmo .

http://www.fundacionbarrie.org/diknon-concurso-relatos-premiados2017

La voz de Galicia 21/06/17

 

 

 
 
 
 
Premio da Conselleria de Educación ao IES Fraga do Eume polo proxecto de innovación "Elaboración de cerveza artesa marca kilometro cero"

 

 

 

 

 

 

Orienta 2017



MÁIS NOVAS ... (Premer aquí)

 

FORMADOS E PROFESIONAIS

 

"Formados e profesionais. FP Hostalaría" desenvolverase de forma secuencial, cun encontro en cada centro. Neles, ofrecerase un almorzo, un aperitivo e unha comida elaborada polo alumnado do centro, farase un percorrido guiado e realizarase un coloquio entre todos os participantes na sesión. Ademais, haberá un showcooking a cargo dun chef, que podería ser incluso ex-alumno do propio centro no que se desenvolva.

 

Polo tanto, búscase amosar as instalacións e recursos que teñen os principais centros de FP galegos de Hostalaría, que se fai neles e, da man dos chefs convidados, a onde se pode chegar tras cursar estes estudos.

O noso centro centro contou coa colaboración  de varios exalumnos , que  desenvolveron  a súa vez unha serie de interesantes actividades:

- O chef Iván Domínguez, con un showcooking baixo o titulo "Cien por cien Galicia, cien por cien estacional, cien por cien artesano”

-O Sumiller Daniel Carballeira , con unha cata comentada de viños xenerosos e unha charla sobre a figura do sumiller no restaurante .

- O Asesor Barista Fernando Rojas, con unha carla sobre o orixe do cafe e como degustalo, celebrando un taller de elaboración de cafés  de distintos orixes en distintos tipos de cafeteiras

A xornada contou coa presenza de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume, Manuel Corredoira, Director Xeral de FP e Indalecio Cabana, Xefe territorial de educación.

Adiante Galicia

Diario de Ferrol

MASTERCLAS  DE CAFÉS VERACRUZ

Fernando_Rojas_Veracruz_01.jpg 

Máis fotos

O asesor barista de cafés “Veracruz” , Fernando Rojas executou unha clase maxistral  na amosou ao alumnado de  CM de Servizos en Restauración  diversas técnicas de” latte art”, distintas  elaboracións de café empregando varios modelos de cafeteira, asi como unha degustación de cafés de distintos orixes.

 

                Fernando Rojas  ademais de asesor barista, é  exalumno do centro e colaborador  habitual , amosando sempre unha gran profesionalide e cercanía cos nosos alumnos. 

DOUS DÍAS  NO COUREL

Viaxe_ao_Courel_01.jpg

CRÓNICA DE VIAXE

 

O 18 de maio, a primeira hora da mañá, cargamos no autobús os nosos vultos e vituallas e iniciamos unha viaxe que nos ofreceu experiencias moi variadas e enriquecedoras.

O proxecto conxunto dos Departamentos de Ciencias Naturais, Educación Física e Lingua e Literatura Galega conxugou actividades físicas e deportivas, de observación da espectacular flora, fauna e xeoloxía da Serra do Courel con outras de carácter cultural e literario, como a continuación mostraremos. Porén, o reto máis importante ao que nos enfrontabamos era a convivencia e cohesión do grupo que había de poñer a proba a capacidade de cada un para soportar situacións de esforzo, incomodidade, cansazo e indisposicións puntuais que non puxesen en perigo os obxectivos da expedición.

 

O primeiro desafío foi elixir entre bocadillo de salchichón ou de chourizo e decidir se este debía ser acompañado por unha mazá ou unha laranxa. Polo que respecta á bebida non houbo maior problema: a auga era o preceptivo.

 

A primeira cita era na casa natal do poeta Uxío Novoneyra en Parada do Courel, onde nos agardaba o seu fillo e un compañeiro da Fundación Novoneyra. Mostráronnos a casa, un magnífico exemplo de arquitectura popular cargada de historia e recordos persoais do escritor. O momento máis emocionante chegou cando os anfitrións dispuxeron a todo o grupo sentado no gran distribuidor que ocupa o centro da casa para recitarmos poemas. Coa Letanía de Galicia, as voces de todos, convertidas en coro fixeron vibrar as grosas paredes de pedra da casa.

 

Despois dun paseo reparador polo souto centenario da aldea, onde demos conta do chourizo, o salchichón, as mazás e as laranxas, dirixímonos a Visuña para facer escalada e espeleoloxía. E alí producíronse varios milagres, porque o que, a priori parecía imposible, naquel ambiente animado e xovial fíxose realidade: Así escalamos escarpados penedos e coámonos por estreitas fendas para chegarmos aos rutilantes segredos que agachan as covas do Courel.

 

A cea non foi memorable, pero alimentou e deunos forza para unha noite longa, chea de risiñas apagadas e lanternas fugaces que furaban na escuridade. Finalmente durmimos, ou algo semellante.

 

En todo caso a mañá chegou cincenta e xa estamos preparados para a segunda e derradeira xornada: ruta da Devesa da Rogueira, cunha parada especial na Fonte das Cervas para probar dos dous canos de auga: a rubia, ferruxinosa, e a branca, caliza, acompañando cada grolo con follas de allos de oso; baixada á lagoa de Lucenza remate na aldea da Seara. Foi unha camiñada tranquila, con moitas paradas e explicacións por parte do guía, que nos foi mostrando todas as marabillas da flora xunto con algunhas evidencias da fauna salvaxe da Serra. Por certo, algún xamais esqueceremos o cheiro dos excrementos do lobo.

  

Cada un coa súa experiencia do que viu, sentiu e compartiu… pero todos cunha certeza: ao Courel hai que volver sempre!!!

MÁIS FOTOS

CHARLAS IMPARTIDAS POR REPRESENTANTES DA PLATAFORMA SALVEMOS AS FRAGAS DE CATASÓS (LALÍN) SOBRE A LOITA ECOLOXISTA LOCAL

Salvemos_as_fragas_de_Catasós.jpg

SALVEMOS AS FRAGAS DE CATASÓS é unha plataforma veciñal que nace en Lalín hai uns 3 anos para defender unha fraga centenaria de gran valor ecolóxico da súa destrución indiscriminada. As Fragas de Catasós son un dos tesouros naturais que aínda conservan a esencia da nosa terra. A riqueza centenaria da súa paisaxe viuse ameazada pola construción dunha línea de alta tensión que acabaría con dúas mil árbores autóctonas, entre elas algunhas centenarias.


Ante tal despropósito, as veciñas e veciños de Lalín decidiron mobilizarse e organizar unha plataforma cidadá para deter este ataque á nosa natureza autóctona. Tras anos manifestándose, recollendo firmas, negociando con partidos políticos e sobre todo, concienciando á cidadanía, por fin, hai uns meses, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deulles a razón garantizando a protección das fragas fronte aos intereses empresariais. Desgraciadamente, o conto aínda non remata con final feliz, posto que Gas Natural Fenosa recurríu a sentenza do tribunal, mais agardamos que no futuro as árbores e seres da fraga de Catasós poidan respirar tranquilos e continuar coas súas vidas.


A finalidade desta actividade, organizada polo Departamento de Ciencias Naturais, foi facerlle chegar ao alumnado un exemplo de loita ecoloxista local. Acostumados a escoitar que "Non se pode facer nada para cambiar as cousas...", este coloquio supuxo unha clara mostra de que canto a sociedade se organiza  para protexer o medio ambiente é imparable! Unha proba de que a resignación e o derrotismo actuais non nos levan a ningures e cómpre ter un espírito activo na defensa do patrimonio natural.
Por outra banda, tamén foi intersentante que o alumnado percibise a labor altruísta e voluntaria destas plataformas, e que é posible mobilizar ás persoas sen que o fin último sexa o beneficio económico.


A charla foi dirixida ao alumnado de 1º ESO, 3º ESO e 4º ESO.

 


Dende o Departamento de Ciencias Naturais queremos dar as grazas a Antón e Jacobo, membros da Plataforma, por implicarse e mostrarnos esta realidade  e a todo o alumnado e profesorado que asistiu con grande interese. Grazas!

O DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA  CONVIDANOS A FACER DEPORTE:

IV CARREIRA POPUÑAR  CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

O pasado domingo día 28, organizado polo departamento de Educación Física, 138 alumnos do noso centro participaron na carreira popular de San Sadurniño disputada sobre unha distancia de 5 km.

Para preparar dita proba, os alumnos estiveron adestrando durante o último mes correndo nas clases de EF o que supuña un reto para moitos deles.

En canto os resultados obtiveron premios varios dos nosos representantes destacando a Valentina Aroaz de 3º A que obtivo o terceiro posto na xeral de mulleres e o primeiro na categoría de Escolares “C”. Na categoría Escolares “B” feminina Laura García entrou de terceira. Entre os rapaces, Aldo Rey de 4º curso, obtivo a oitava praza na xeral masculina e a primeira na súa categoría, Mateo López e David Purriños que acadaron respectivamente o primeiro e terceiro posto en Escolares “B”.

Hai que destacar o ambiente vivido xa que durante a xornada non só había a carreira de 5km na que participaron os nosos alumnos, se non que disputáronse outras mais para rapaces dende os 4 anos sobre distancias máis curtas.

Foi moi chamativa a presencia dos nosos alumnos sendo mais da metade dos participantes nas súas categorías.

Nos seguintes enlaces tedes fotos da proba

http://lobeiras.es/wordpress/?p=167080http://

https://www.flickr.com/photos/jmdobarro/albums/72157682409072560

 

 

 

VIAXE A LONDRES COS ALUMNOS DE 4º ESO

london_04a.jpg

Entre os días 5 e 9 de maio os alumnos de 4º ESO, acompañados polos profesores Chiqui e Xoán, realizamos una viaxe de estudos a Londres para coñecer, entre outros lugares, o Parlamento Británico e o seu peculiar funcionamento, os lugares sobranceiros da monarquía británica (Torre de Londres, Palacio de Buckingham, a Abadía de Wetsminster …), a National Gallery, o Museo de Historia Natural, Greenwich, Londres a vista de paxaro dende o London Eye…e ao remate, e despois de tanta cultura, puidemos pasear e gastar as últimas libras que ficaban nos nosos petos en Harrods e Oxford Street. Levamos algunhas decepcións como non poder ver as obras de Van Gogh ou a sala de grandes mamíferos no Museo de Historia Natural pero...outra vez será!

 

Outro dos grandes atractivos de Londres foi poder gozar das súas “excelencias gastronómicas” (ironía) e da súa marabillosa “oferta hoteleira” (segue a ironía). Malia facer todos os días 15 kilómetros ou máis pateando polas rúas de Londres, non sempre atopamos no Hotel un lugar acolledor para o descanso do guerreiro. Será que para acceder aos nosos cuartos había que subir máis de 50 escaleiras e que na sala de almorzo palabras como café e cacao eran absolutas descoñecidas (dicíndoas incluso en inglés). No tocante a gastronomía local habería que dicir que certas indisposicións estomacais foron a proba palpábel de que en Londres se come caro e mal. Os profesores despois de dúas horas dando voltas para atopar un sitio onde xantar acabaron comendo un bocata de xamón ibérico en Casa Manolo (toda unha institución en Wetsminster) . Dirán o que queiran de España pero o Reino Unido, coa súa democracia secular e as súas saudades imperiais, a nivel gastronómico, é una terra aínda por civilizar. É sorprendente que un país que dominou medio mundo fose incapaz de crear una sopa digna de tal nome.

Para ver máis fotos

 

PRESENTACIÓN DE "GOMA-CAMPS": CELULOSAS PARA RESTAURACIÓN

goma_camps_00_.jpg

Técnicos de GOMA-CAMPS desprazaronse dende Barcelona ata o noso centro  para facer unha presentación dos seus productos de  celulosas para uso en restauración.

Ao remate da mesma celebrouse un concurso de montaxe e decoración de  mesa, para o cal se empregaron  diversos productos de esta marca .

fotos concurso 

 

CONCURSO DE ROBÓTICA E  EXPOSICIÓN DE "MIGUEL ANXO PRADO"

robotica_01.jpg robotica_02.jpg

O dìa 27 de Abril os alunos e alunas de 2º da ESO foron de excursión o un concurso de robótica e a ver unha exposición. A continuación un deles cóntavos a sua impresión

Viaxe de ida  Nos sentamos demasiado adiante , a música dá radio soaba demasiado alta e a xente pasaba completamente dela . Todos estábamos cos auriculares tentando aislarnos do barullo que estaba tendo lugar na parte traseira do bus.

Fundación Barrie Cando entramos no enorme edificio o que mais me impactou foron as cores ,  mais ben a falta delas . Todo o edificio era gris , chan gris , paredes grises , teitos baixos e grises , pero esto non foi o único , uns intres despois descubrin unha cousa que me fixo esquecer a falta de cor ; a ausencia de entusiasmo , de ilusión e esperanza , vin a un oficinista , Si! So era un home traxeado ,pero vinlle algo mais , tiña a cabeza gacha , os ombreiros caidos , a mirada perdida e triste, arrastraba os pes e cando entraba no ascensor parecía movido por unha cinta mecánica incrustada no chan , deume pena.

Logo fumos ao asunto da robótica , no que nin collin o computador , non quería fastidiala , quedamos dos primeiros.

O parque O mellor dá excursión , sen dúbida , querería poder ter un parque coma ese no patio do instituto , para manter as ganas de que chegara o recreo. Pasámolo coma nunca , eu aínda daba voltas cando cheguei a casa e non me recuperéis de todo o día seguinte.

 

Exposición de Miguel Anxo Prado Non me esperaba o que vin , as cores tan vivas , os trazos tan marcados e todo moi expresivo; contrastaba terriblemente co outro edificio. Isto salvoume a excursión , a verdade é que faltoume tempo para observar detalle por detalle todas as ilustracións e os comics, quixera estudalos para poñelo en práctica e asemellar os meus debuxos a eles , polo menos un pouco. E o meu ilustrador favorito e só pola exposición mereceu a pena ir.

 

"Obradoiro de Xornalismo no IES Fraga do Eume"

Impartido por Águeda Penedo, antiga alumna do noso centro. Foi un orgullo para nós compartir estes momentos con ela e escoitala nas aulas e na biblioteca.

Los alumnos del IES Fraga do Eume participaron en un taller sobre periodismo

Un total de 64 alumnos del IES Fraga do Eume, de Pontedeume, participaron ayer en el taller “Xornalimo na Escola” de la mano del Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia y la Obra Social La Caixa.

 
Un momento de la sesión impartida ayer | d.a. xornalismo_05.jpg
   

Un momento de la sesión impartida ayer | d.a.

Un total de 64 alumnos del IES Fraga do Eume, de Pontedeume, participaron ayer en el taller “Xornalimo na Escola” de la mano del Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia y la Obra Social La Caixa. La iniciativa pretende acercar a los escolares los medios de comunicación y fomentar el espíritu crítico a través de ejemplos y dinámicas que los alejen de informaciones interesadas o falsas tal y como ayer les indicó la periodista Águeda Penedo, encargada de dirigir la sesión.

La iniciativa se trasladará hoy y mañana al IES Carballo Calero de Ferrol hasta donde se acercará la periodista Elvira Álvarez con dos talleres. Hoy a las 10.30 horas serán los alumnos de 3º de ESO los participantes, mientras que el miércoles a las 13.30 horas será el turno de los de 4ºde ESO.

El jueves, el IES de Mugardos acogerá la última sesión en la comarca con 55 alumnos repartidos entre el taller que se desarrollará a las 8.45 horas y el que comenzará a las 10.45 horas. Ambos dirigidos por Elvira Álvarez.

El proyecto “Xornalismo na escola” es resultado de un acuerdo alcanzado a finales de 2015 entre el Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia y la Obra Social La Caixa. En su primera edición, el pasado año se impartieron más de 60 talleres de comunicación en 40 localidades gallegas

La reciente edición se ampliará a 90 sesiones con las que se pretende llegar a unos 3.000 escolares de toda la comunidad autónoma hasta finales del mes de mayo. Un total de nueve profesionales se encargan de llevar a cabo los talleres..

http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/alumnos-ies-fraga-do-eume-participaron-taller-periodismo/20170424232205187622.html

 Máis información

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ª 8ªSesion do  curso de promoción e difusión de produtos do mar.

pesca_01_19_04.jpg

Esta sesión baixo o titulo " cociña saudable", foi impartida polo doutor e comunicador  D. Ignacio Balboa, quen estivo acompañado aos fogóns por Dna. Emma Pinal do Gastro-bar "O Birrán" de Ribadavia.  

Máis fotos

XVIII edición do Concurso Xosé Rodríguez Moldes- Rey

 
ABT_7527.JPG
Concursantes coctelaría
ABT_7513.JPG
Concursantes  cociña
 
Campeones de cocina y coctelería
24/03/2017 

 

El Concurso de Cocina José Rodríguez-Moldes Rey, que convoca cada año el IES Fraga do Eume de Pontedeume, se fue en esta ocasión para Pontevedra, de manos de los alumnos Pablo García Ferro y Tania Martín del CIFP Carlos Oroza (foto), que elaboraron el mejor menú de todas las escuelas de hostelería participantes. Por ello, además de los diplomas correspondientes, se embolsaron un premio de 800 euros. En segundo lugar se situaron los alumnos de la Escuela de Especialidades de la Estación Naval de A Graña (Ferrol) Miguel López Martínez y Lázaro Tocino Arroyo, que se llevaron un premio de 400 euros. En el apartado de cocina, los alumnos debían presentar dos platos, uno en base a la Paella (cocina tradicional) y otro más innovador en el que utilizasen la técnica de la Juliana.

Y en cuanto al Concurso de Coctelería, que se hace en base al recetario internacional, el primero premio fue para Paula Pérez González, del CIFP Manuel Antonio de Vigo, que se llevó 400 euros; y el segundo para Sara Piñeiro Fraga, del instituto local. Se llevó por ello, además del aplauso de sus compañeros, un premio de 200 euros. 

 

(Fotos cedidas por Adrián Baúlde del IES Imaxe e Son)

Podes seguila en directo neste enlace

El plato de tres cocciones de juliana gana el concurso del IES Fraga do Eume

Dos alumnos del CIFP pontevedrés Carlos Oroza lograron el primer premio 

CARLA ELÍAS 
PONTEDEUME 24/03/2017 05:00

 

«Hicieron un pequeño espectáculo en el servicio». Así valoró el jurado del concurso de cocina y coctelería José Rodríguez-Moldes Rey, que organiza el IES Fraga do Eume, la propuesta culinaria de Pablo García y Tania Martín. Los alumnos del CIFP pontevedrés Carlos Oroza se alzaron con el primer premio del certamen por su propuesta creativa Dignidade Xuliana. Los participantes tenían que hacer un plato con esta variedad de rape y los pontevedreses optaron por presentar una elaboración con tres cocciones de juliana -una frita, otra en crudo y otra a baja temperatura- acompañadas de un caldo de algas infusionadas y hiervas aromáticas.

Este año los participantes cocinaron, además del plato creativo, otro tradicional, paella. El segundo premio recayó en Miguel López y Lázaro Tocino, estudiantes de la Escuela de Especialidades de la Estación Naval de A Graña (Esengra) por Xuliana Noir. Según explicaron desde la organización del certamen presentaron un rape a punto de cocción con una tempura de carrilleras y una salsa de tinta. El galardón, que cumple 18 ediciones, está dotado económicamente. Los ganadores recibirán un premio de 800 euros y los segundos clasificados de 400. El certamen contó con la participación de diez centros.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Visita do alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato ao colexio Couceiro Freijomil, para concienciar sobre a crise da biodiversidade actual

bioloxía_e_xeoloxía_no_Couceiro_F_01.JPG

Máis fotos 

**Cada hora extínguense 3 especies. Cada día extínguense 72 especies. Cada ano extínguense máis de 30.000 especies**

Estamos ante a SEXTA EXTINCIÓN EN MASA que vive a Terra, unha extinción similar á que aconteceu no Cretácico hai 65 millóns de anos e levou á desaparición a grupos tan emblemáticos como os dinosauros. Pero a diferenza coas extincións masivas anteriores, esta gran extinción de especies está acontecendo tremendamente rápido e é provocada por unha única especie: o Homo sapiens.

Ante esta realidade tan alarmante, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 1º de Bacharelato (Lara a medusa, Rebeca a panda, Manuel o lobo, David o tigre, Alejandra a pingüína e Antón o humano) impartiu unha charla no CEIP Couceiro Freijomil para concierciar aos estudantes de 6ª de primaria do importante que é o noso papel como cidadáns na protección do planeta. Cun gran sentido do humor e meténdose na pel de moitos destes animais ameazados, o alumnado de 1º de Bacharelato explicoulles aos máis pequenos cales son as causas da extinción de especies, que especies están actualmente en perigo de extinción e, o máis importante, que podemos facer cada un de nós para revertir e mellorar esta situación dramática.

A continuación, o alumnado de 6º de primaria debatiu en grupo medidas e solucións para resolver este problema global e, tras poñelas en común e comentalas, construíron un mural no que quedaron reflectidas as mellores ideas para facer do noso planeta un lugar sostible e respectuoso coa biodiversidade.

Dende o departamento de Ciencias Naturais do IES Fraga do Eume queremos agradecer a colaboración do alumnado, profesorado e equipo directivo do Colexio Couceiro Freijomil e, como non, amosar un enorme orgullo e admiración polo alumnado de 1º de Bacharelato que, de xeito voluntario e altruísta, puxo todo o seu esforzo e corazón nesta actividade de concienciación medioambiental. Grazas a todos e a todas!

 

E recordemos, cada un de nós ten un papel inmenso na protección da nosa casa, do noso fogar, o marabilloso planeta Terra!

 

Campionato de Sumillería "Suso Domínguez"

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O alumno Carlos Melo Moro, do CS de direccion de Servizos en Restauración, participou no 4º concurso de sumillería "Suso Domínguez, que se celebrou no CIFP de Carlos Oroza de Pontevedra

CARTEL XVIII CONCURSO DE COCIÑA E COCTALERÍA "XOSÉ RODRÍGUEZ-MOLDES REY" 2017 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Noelia Justo  foi a gañadora do concurso de carteis  nesta edición 

XVII CONCURSO NACIONAL DE JÓVENES COCINEROS CIUDAD DE SEGOVIA

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Cañitas de foie con helado de cebolla caramelizada

Bacalao, guiso de habas y tendones

Huerto exótico

Borja Villares

-Primer premio

y

Mejor Postre-

 

Laura Ramil Arnosi 3ª clasificada 

Bombón de foie

Gyozas de bacalao y repollo

Peras al zumo con helado de frutos rojos.

Los alumnos  del IES Fraga do Eume  “arrasan” en el concurso de Jóvenes cocineros de Segovia.

Borja  Villares, ganador del  primer premio  y también del  premio al mejor postre “Coca cola”, se proclamo vencedor absoluto  de esta XVII edición. Borja elaboro un menú  completo compuesto por : Cañitas de foie con helado de cebolla caramelizada - Bacalao, guiso de habas y tendones - Huerto exótico” 

Por su parte, Laura Ramil  consiguió la tercera posición con el menú: “Bombón de foie - Gyozas de bacalao y repollo - Peras al zumo con helado de frutos rojos”.

  De los  más de 70 aspirantes iniciales , 14 fueron los que disputaron esta  final , en la cual  participaron jóvenes cocineros procedentes de toda la geografía nacional  

  MAS FOTOS...

La Opinión de A Coruña

Diario de Castilla

La Voz de Galicia

L’IES FRAGA DO EUME VA AU THÉÂTRE

Le_malade_imaginaire_005.jpg

O día 20 de febreiro fumos ver a obra de Molière Le malade imaginaire, para uns foi a primeira vez que pisaban un teatro, para outros a súa primeira obra en francés, pero para todos foi unha experiencia cultural que nos trasladou ao século XVII, a unha sociedade sobre a que Molière ironizaba usando temas tan actuales como a hipocondría, a medicina (ou máis ben os falsos médicos) e o amor filial.

Ao remate puidemos manter un coloquio en francés cos actores que resolveron todas as nosas dúbidas.

 

 

Se queredes coñecer as nosas opinións, só tedes facer clic aquí

 

 

TEATRO: " LA DISCRETA ENAMORADA" 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O pasado día 17 de Febreiro, organizado polo departamento de Lingua Castelá e Literatura, asistimos ao Ágora da Coruña a ver La discreta enamorada, unha obra de Lope de Vega.
 
A versión da compañía "Regenta Teatro" tivo moita calidade e aínda que o texto sexa en verso, en xeral entendeuse moi ven e pensamos que foi unha boa experiencia. 
 
Temos que dar as grazas a nosa compañeira, Susana, profesora de PT, pola súa axuda e tamén aos nosos alumnos de 3º de ESO e 1º de Bacharelato por participar na actividade e polo seu comportamento exemplar.
 

 

Con esta, remata a nosa proposta de saídas ao teatro por este curso. Esperamos que foran do voso interese.

 

LA CHANDELEURLA_CHANDELEUR_2017_05.jpg

Este ano o I.E.S. Fraga do Eume celebrou as Candeas ao xeito francés facendo saltar as "crêpes".

Os elexidos para esta actividade fomos 9 alumnos de cuarto da ESO e primeiro de bacharelato.

Foi unha experiencia moi doce grazas aos compañeiros de 2º curso do ciclo de panadaría e pastelaría. 


MÁIS INFORMACIÓN...

ACCESO Á GALERÍA

 

MULTIDEPORTE NO IES DAVID BUJAN PARA OS ALUMNOS DE 3º DA ESO

 convivencia_deportiva.jpg

O pasado mércores día 15 de xaneiro, e coordinado polo departamento de Educación Física, os alumnos de 3º curso da ESO participaron xunto o IES David Buján nunha xornada de convivencia deportiva nas instalacions do instituto de Cambre. Acudiron un total de 25 rapaces e rapazas do noso centro, acompañados polos profesores Alvaro e Susana, a disputar varias competicións tanto en categoría masculina como feminina. 

Comenzou a actividad cos partidos de bádminton tanto de individuais como en dobles. En total, dos seis partidos xogados os nosos alumnos gañaron catro.

No baloncesto o marcador tanto en feminino como masculino o resultado decantouse para os Eumeses. Pode ser que nestes dous deportes influira que son os que se entán a traballar nas clases de Educación Física e polo tanto se puxeran en práctica as habilidades aprendidas. 

En fútbol e floorball a victoria en ámbalas categorías foi para os de Cambre o que deixaba o marcador realmente apretado. 

Por último e como fin de actividade disputouse un un brilé mixto o cal non se puido finalizar por falta de tempo. 

Reforzouse o obxetivo de convivencia coa inclusión dos nosos alumnos no tempo de lecer do instituto de Cambre. 

A actividade podemos calificala de satisfactoria e incluso hai quen pedía volver a repetila o mais pronto posible. 

ACCESO AO ALBÚM

ENCONTRO CON ... LEDICIA COSTA 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O mércores 23 de xaneiro tivemos a sorte de contar coa escritora e poeta Ledicia Costas. Foi un encontro, unha charla informal cos alumnos de 1º de ESO que xa leron con Dores, a súa profe de galego, o seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta e están a ler Esmeraldina, a pequena defunta ; os de 2º de ESO que   leron con Anxos, a súa profesora de galego, Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta .

A profesora de Plástica, Marisa, e os seus alumnos de 4º de ESO aproveitaron a ocasión para expor os seus traballos de ilustración baseados nas que fixera Víctor Rivas para os dous primeiros libros. Parabéns a todos!!

Ledicia firmou algúns exemplares e leva como recordo un mandil do centro. Estamos seguros que vai empezar a cociñar as receitas da súa irmá!!! 

 

E toda a semana tendes a exposición das ilustracións no entrada. 

 

ACCESO A GALERÍA

 

 

CHARLA CON XURXO MARIÑO

 Xurxo_Mariño_02.jpg

O pasado 17 de xaneiro estivo no noso centro o biólogo, investigador da mente e divulgador científico Xurxo Mariño. Durante dúas horas os alumnos de 4º de ESO, 1º e 2º de Bacharelato puideron achegarse a un maior coñecemento do funcionamento do noso cerebro e sistema nervioso. Para que sirve a mente? foi o título da súa a charla e deu lugar a moitas preguntas interesante por parte dos alumnos. Moitas grazas, Xurxo, pola amenidade, disposición aberta e lúdica para divulgar e facer accesíbel a ciencia sen perder rigor e interese.

Acceso a  galería

TEATRO:"Historia de una escalera" 

 

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

O pasado día 18 de xaneiro, os alumnos de 2º de bach e  4º de ESO e as profesoras Anxos, Celia e Glafira asistiron ao Fórum metropolitano da Coruña para ver unha versión da obra de Antonio Buero Vallejo "Historia de una escalera".

 

MASTER-CLASS "MONÍN"

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Dirixido a alumnado de CM de Servizos en Restauracion  e CS de Dirección de Servizos en Restauracion , realizase no aula taller de cafetaría unha masterclas sobre os productos Monín.  a actividade foi dirixida por D. Damian Seijas, Gran Ambassador de  Monin, e campeón nacional de baristas.

Curso: PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DE PRODUTOS DO MAR

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 

Impulsado dende a Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar, E dirixido ás Escolas e Centros de Formación de Hostalería. aborda de forma global, multidisciplinar e especializada o coñecemento e tratamento dos produtos do mar para  os futuros profesionais deste sector. A proposta,  ten en conta  as  necesidades  específicas do  sector hostaleiro, onde  a  formación  continuada,  o  dominio  e uso respectuoso dos  recursos  gastronómicos  de  proximidade  e  unha oferta  de calidade diferenciada  son  craves  para  o  éxito  dos futuros  modelos  de negocios  a emprender  polos  alumnos  e  por extensión  para enriquecer  o patrimonio  gastronómico, cultural  e turístico de Galicia, dando pulo ao sector primario e ao tecido industrial galego.

MÁIS INFORMACIÓN

 

 

 

 

 

    PROGRAMAS EUROPEOS

ERASMUS 2017

 

Resultado de imaxes para erasmus

 

Información sobre convocatoria (preme aqui...)

Solicitude

 ACTA DE APROBACION DE SELECCIÓN DE BENEFICIARIOS DE BECAS DO CONSORCIO "ERASMUS" 

 

 Pinchando no icono podedes atopar a información relativa aos programas europeos do noso centro (dependendo do navegador podedes ter que aceder como convidados).

Tamén pódese aceder a traves da Aula virtual, entrando coma convidado no curso "Programa Erasmus", que atópase na categoría "Carta Erasmus

 

 

 

SKILL GALICIA 2016

Galiciaskills 2016 do 30 de novembro ao 2 de decembro

 

 

Alumnado do IES Fraga do Eume participou  no SKILL GALICIA 2016.

 

Representaron ao noso centro , en cada una das correspondentes modalidades , e  que nesta ocasión se levou a cabo no recinto feiral de Silleda, durante os días 30 de novembro e 1 de decembro. 

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

 Sergio Sánchez Carro 

 CS de Dirección de Cociña

 Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo

Alberto Rodríguez Porral de CM

 Panadaría, Repostaría e Confeitaría

 

Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo 

Aarón Vázquez García

CS Dirección de Servizos

en Restaurante

ACCESO A GALERIA

 

 

 

 

ENLACES:
Oferta de FP
 
Pulsa aquí para ver la imagen a tamaño completo
 
 
Distribuir contido