SERVIZOS COMPLEMENTARIOS CURSO 2018 -2019

Tagged:

 

CIRCULAR SOBRE COMEDOR ESCOLAR, TRANSPORTE E LIBROS

Comedor e transporte                           Transporte escolar ensino non obrigatorio

Modelo de autodeclaración para comedor

 

 PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2018-2019

Con data 21 de maio de 2018, saíu publicada no DOG a Orde do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/2019.

As Solicitudes poderán presentarse presencialmente no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.  Solicitude : Anexos I e II

Ademais, poderán realizar a solicitude accedendo a aplicación Fondolibros https://www.edu.xunta.gal/fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

  1. Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o ANEXO II e presentaranos no centro, xunto coa documentación.

  2. Presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal. Neste suposto o centro recibirá un aviso.

    O prazo de presentación de solicitudes iníciase o 22 de maio e remata o 22 de xuño e 2018, ambos inclusive.

 

 

AdxuntoTamaño
solicitude_anexos_i_e_ii.pdf2.02 MB
Circular_Servizos complementarios.pdf418.7 KB
Servizos complementarios.pdf92.72 KB
TRANSPORTE ESCOLAR ENSINO NON OBRIGATORIO.pdf213.43 KB
Comedor_ Modelo de autodeclaración.pdf179.3 KB