Histórico

ALIMENTATE BEN

Tagged:

Neste curso dentro do Plan Proxecta participamos co programa ALIMENTATE BEN, fixémolo en duas modalidades: "O sabor da aventura está no mar"  e "Ponlle as pilas ao teu bocata".

Si queredes ver máis fotos das actividades pinchar en calqueira das fotos.

 

 

 

 

 

 

 

 

LE PETIT PRINCE

Pinchade aquí se queredes ver a galeria de fotos coas que se fixo o video

 

O 6 de abril de 1943 o libro máis importante de Antoine de Saint-Exupéry chegou ás librarías neoiorquinas, pero non sería ata abril de 1946 que Gallimard publicou a edición francesa a título póstumo.

O IES Fraga do Eume quixo facer unha homenaxe a este conto traducido a máis de 300 linguas e que sigue a cativarnos, facernos meditar, soñar e tamén chorar, tanto aos nenos como ás “persoas maiores”.

Así, fixemos unha lectura en voz alta e continuada en 6 idiomas: castelán, galego, inglés, portugués, chinés e francés.

Foi unha mañá máxica, e como ben dixo Saint-Exupéry: “L’essentiel est invisible pour les yeux”.

 

LITA CABELLUT. A MAXIA DO RETRATO

Tagged:

O pasado 7 de febreiro os alumnos de 3º de eso asistiron á visita guiada á exposición Testimonio da artista Lita Cabellut no MAC de A Coruña, visita organizada polo departamento de Artes Plásticas.
Foi un fermoso paseo polo persoal mundo da artista a través de impresionantes imaxes que son radiografías da alma humana. Os poros e cicatrices da súa pintura, as miradas tristes, desoladas ou dignas e atrevidas dos modelos, transmítennos temas universais como a existencia, a soidade, a fugacidade da vida e tamén a maxia da supervivencia.
Unha visita que ten a súa continuidade na aula, dado o interese que espertou en todos nós.
Ahí van unhas cantas fotos da mostra.

        

CELEBRACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA: 20 DE FEBREIRO DE 2018

Tagged:

     

O Equipo da Biblioteca, o E.D.L, xunto cos departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá quixemos darlle unha marcada dimensión festiva a este día, implicando á maior parte do noso alumnado na preparación dun espectáculo sobre a obra de Rosalía de Castro e participando no Caldo de Gloria, proposto pola fundación Rosalía de Castro.

Todos os cursos de ESO fixeron versións de poemas de Cantares gallegos e de Follas novas con música e dramatizacións, mentres que os alumnos e alumnas de 1º de bacharelato leron fragmentos da obra escrita en castelán da autora: La hija del mar, Lieders, Las literatas, En las orillas del Sar. Ao remate da sesión compartimos un reconfortante “caldo de gloria”, emulando á protagonista do poema Miña casiña, meu lar, quen logra arrincar á miseria o sustento necesario para seguir adiante e manter acesa a faísca da esperanza. Cómpre resaltar a implicación do departamento de hostelaría, de Miguel Caruncho, e dos alumnos e alumnas de FP Básica, que cociñaron e serviron un caldo marabilloso, que nos soubo que la mar.

       

        

        
  

FICHA DA NOVA EN RADIOFUSIÓN

 

 

 

FORMADOS E PROFESIONAIS

Tagged:
28/07/2017 11:36
Atlantic/Bermuda

FORMADOS E PROFESIONAIS

 

"Formados e profesionais. FP Hostalaría" desenvolverase de forma secuencial, cun encontro en cada centro. Neles, ofrecerase un almorzo, un aperitivo e unha comida elaborada polo alumnado do centro, farase un percorrido guiado e realizarase un coloquio entre todos os participantes na sesión. Ademais, haberá un showcooking a cargo dun chef, que podería ser incluso ex-alumno do propio centro no que se desenvolva.

 

Polo tanto, búscase amosar as instalacións e recursos que teñen os principais centros de FP galegos de Hostalaría, que se fai neles e, da man dos chefs convidados, a onde se pode chegar tras cursar estes estudos.

O noso centro centro contou coa colaboración  de varios exalumnos , que  desenvolveron  a súa vez unha serie de interesantes actividades:

- O chef Iván Domínguez, con un showcooking baixo o titulo "Cien por cien Galicia, cien por cien estacional, cien por cien artesano”

-O Sumiller Daniel Carballeira , con unha cata comentada de viños xenerosos e unha charla sobre a figura do sumiller no restaurante .

- O Asesor Barista Fernando Rojas, con unha carla sobre o orixe do cafe e como degustalo, celebrando un taller de elaboración de cafés  de distintos orixes en distintos tipos de cafeteiras

A xornada contou coa presenza de Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume, Manuel Corredoira, Director Xeral de FP e Indalecio Cabana, Xefe territorial de educación.

Adiante Galicia

Diario de Ferrol

CLASE MAXISTRAL DE FERNANDO ROJAS, ASESOR BARISTA DE CAFÉS VERACRUZ

Tagged:
31/05/2017 22:50
Atlantic/Bermuda

MASTERCLAS  DE CAFÉS VERACRUZ

Fernando_Rojas_Veracruz_01.jpg 

Máis fotos

O asesor barista de cafés “Veracruz” , Fernando Rojas executou unha clase maxistral  na amosou ao alumnado de  CM de Servizos en Restauración  diversas técnicas de” latte art”, distintas  elaboracións de café empregando varios modelos de cafeteira, asi como unha degustación de cafés de distintos orixes.

 

                Fernando Rojas  ademais de asesor barista, é  exalumno do centro e colaborador  habitual , amosando sempre unha gran profesionalide e cercanía cos nosos alumnos. 

FACENDO DEPORTE

Tagged:
28/05/2017 22:47
Atlantic/Bermuda

O DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA  CONVIDANOS A FACER DEPORTE:

IV CARREIRA POPUÑAR  CONCELLO DE SAN SADURNIÑO

O pasado domingo día 28, organizado polo departamento de Educación Física, 138 alumnos do noso centro participaron na carreira popular de San Sadurniño disputada sobre unha distancia de 5 km.

Para preparar dita proba, os alumnos estiveron adestrando durante o último mes correndo nas clases de EF o que supuña un reto para moitos deles.

En canto os resultados obtiveron premios varios dos nosos representantes destacando a Valentina Aroaz de 3º A que obtivo o terceiro posto na xeral de mulleres e o primeiro na categoría de Escolares “C”. Na categoría Escolares “B” feminina Laura García entrou de terceira. Entre os rapaces, Aldo Rey de 4º curso, obtivo a oitava praza na xeral masculina e a primeira na súa categoría, Mateo López e David Purriños que acadaron respectivamente o primeiro e terceiro posto en Escolares “B”.

Hai que destacar o ambiente vivido xa que durante a xornada non só había a carreira de 5km na que participaron os nosos alumnos, se non que disputáronse outras mais para rapaces dende os 4 anos sobre distancias máis curtas.

Foi moi chamativa a presencia dos nosos alumnos sendo mais da metade dos participantes nas súas categorías.

Nos seguintes enlaces tedes fotos da proba

http://lobeiras.es/wordpress/?p=167080http://

https://www.flickr.com/photos/jmdobarro/albums/72157682409072560

VISITA AO COUREL

Tagged:
18/05/2017 22:45
Atlantic/Bermuda

DOUS DÍAS  NO COUREL

Viaxe_ao_Courel_01.jpg

CRÓNICA DE VIAXE

 

O 18 de maio, a primeira hora da mañá, cargamos no autobús os nosos vultos e vituallas e iniciamos unha viaxe que nos ofreceu experiencias moi variadas e enriquecedoras.

O proxecto conxunto dos Departamentos de Ciencias Naturais, Educación Física e Lingua e Literatura Galega conxugou actividades físicas e deportivas, de observación da espectacular flora, fauna e xeoloxía da Serra do Courel con outras de carácter cultural e literario, como a continuación mostraremos. Porén, o reto máis importante ao que nos enfrontabamos era a convivencia e cohesión do grupo que había de poñer a proba a capacidade de cada un para soportar situacións de esforzo, incomodidade, cansazo e indisposicións puntuais que non puxesen en perigo os obxectivos da expedición.

 

O primeiro desafío foi elixir entre bocadillo de salchichón ou de chourizo e decidir se este debía ser acompañado por unha mazá ou unha laranxa. Polo que respecta á bebida non houbo maior problema: a auga era o preceptivo.

 

A primeira cita era na casa natal do poeta Uxío Novoneyra en Parada do Courel, onde nos agardaba o seu fillo e un compañeiro da Fundación Novoneyra. Mostráronnos a casa, un magnífico exemplo de arquitectura popular cargada de historia e recordos persoais do escritor. O momento máis emocionante chegou cando os anfitrións dispuxeron a todo o grupo sentado no gran distribuidor que ocupa o centro da casa para recitarmos poemas. Coa Letanía de Galicia, as voces de todos, convertidas en coro fixeron vibrar as grosas paredes de pedra da casa.

 

Despois dun paseo reparador polo souto centenario da aldea, onde demos conta do chourizo, o salchichón, as mazás e as laranxas, dirixímonos a Visuña para facer escalada e espeleoloxía. E alí producíronse varios milagres, porque o que, a priori parecía imposible, naquel ambiente animado e xovial fíxose realidade: Así escalamos escarpados penedos e coámonos por estreitas fendas para chegarmos aos rutilantes segredos que agachan as covas do Courel.

 

A cea non foi memorable, pero alimentou e deunos forza para unha noite longa, chea de risiñas apagadas e lanternas fugaces que furaban na escuridade. Finalmente durmimos, ou algo semellante.

 

En todo caso a mañá chegou cincenta e xa estamos preparados para a segunda e derradeira xornada: ruta da Devesa da Rogueira, cunha parada especial na Fonte das Cervas para probar dos dous canos de auga: a rubia, ferruxinosa, e a branca, caliza, acompañando cada grolo con follas de allos de oso; baixada á lagoa de Lucenza remate na aldea da Seara. Foi unha camiñada tranquila, con moitas paradas e explicacións por parte do guía, que nos foi mostrando todas as marabillas da flora xunto con algunhas evidencias da fauna salvaxe da Serra. Por certo, algún xamais esqueceremos o cheiro dos excrementos do lobo.

  

Cada un coa súa experiencia do que viu, sentiu e compartiu… pero todos cunha certeza: ao Courel hai que volver sempre!!!

 

MÁIS FOTOS

CHARLA: SALVEMOS AS FRAGAS DE CATASÓS

Tagged:
03/05/2017 22:41
Atlantic/Bermuda

CHARLAS IMPARTIDAS POR REPRESENTANTES DA PLATAFORMA SALVEMOS AS FRAGAS DE CATASÓS (LALÍN) SOBRE A LOITA ECOLOXISTA LOCAL

Salvemos_as_fragas_de_Catasós.jpg

SALVEMOS AS FRAGAS DE CATASÓS é unha plataforma veciñal que nace en Lalín hai uns 3 anos para defender unha fraga centenaria de gran valor ecolóxico da súa destrución indiscriminada. As Fragas de Catasós son un dos tesouros naturais que aínda conservan a esencia da nosa terra. A riqueza centenaria da súa paisaxe viuse ameazada pola construción dunha línea de alta tensión que acabaría con dúas mil árbores autóctonas, entre elas algunhas centenarias.


Ante tal despropósito, as veciñas e veciños de Lalín decidiron mobilizarse e organizar unha plataforma cidadá para deter este ataque á nosa natureza autóctona. Tras anos manifestándose, recollendo firmas, negociando con partidos políticos e sobre todo, concienciando á cidadanía, por fin, hai uns meses, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia deulles a razón garantizando a protección das fragas fronte aos intereses empresariais. Desgraciadamente, o conto aínda non remata con final feliz, posto que Gas Natural Fenosa recurríu a sentenza do tribunal, mais agardamos que no futuro as árbores e seres da fraga de Catasós poidan respirar tranquilos e continuar coas súas vidas.


A finalidade desta actividade, organizada polo Departamento de Ciencias Naturais, foi facerlle chegar ao alumnado un exemplo de loita ecoloxista local. Acostumados a escoitar que "Non se pode facer nada para cambiar as cousas...", este coloquio supuxo unha clara mostra de que canto a sociedade se organiza  para protexer o medio ambiente é imparable! Unha proba de que a resignación e o derrotismo actuais non nos levan a ningures e cómpre ter un espírito activo na defensa do patrimonio natural.
Por outra banda, tamén foi intersentante que o alumnado percibise a labor altruísta e voluntaria destas plataformas, e que é posible mobilizar ás persoas sen que o fin último sexa o beneficio económico.


A charla foi dirixida ao alumnado de 1º ESO, 3º ESO e 4º ESO.

 

Dende o Departamento de Ciencias Naturais queremos dar as grazas a Antón e Jacobo, membros da Plataforma, por implicarse e mostrarnos esta realidade  e a todo o alumnado e profesorado que asistiu con grande interese. Grazas!

VISITAMOS O CONCURSO DE ROBÓTICA E A EXPOSICIÓN DE MIGUEL ANXO PRADO

Tagged:
04/05/2017 17:37
Atlantic/Bermuda

CONCURSO DE ROBÓTICA E  EXPOSICIÓN DE "MIGUEL ANXO PRADO"

robotica_01.jpg robotica_02.jpg

O dìa 27 de Abril os alunos e alunas de 2º da ESO foron de excursión o un concurso de robótica e a ver unha exposición. A continuación un deles cóntavos a sua impresión

Viaxe de ida  Nos sentamos demasiado adiante , a música dá radio soaba demasiado alta e a xente pasaba completamente dela . Todos estábamos cos auriculares tentando aislarnos do barullo que estaba tendo lugar na parte traseira do bus.

Fundación Barrie Cando entramos no enorme edificio o que mais me impactou foron as cores ,  mais ben a falta delas . Todo o edificio era gris , chan gris , paredes grises , teitos baixos e grises , pero esto non foi o único , uns intres despois descubrin unha cousa que me fixo esquecer a falta de cor ; a ausencia de entusiasmo , de ilusión e esperanza , vin a un oficinista , Si! So era un home traxeado ,pero vinlle algo mais , tiña a cabeza gacha , os ombreiros caidos , a mirada perdida e triste, arrastraba os pes e cando entraba no ascensor parecía movido por unha cinta mecánica incrustada no chan , deume pena.

Logo fumos ao asunto da robótica , no que nin collin o computador , non quería fastidiala , quedamos dos primeiros.

O parque O mellor dá excursión , sen dúbida , querería poder ter un parque coma ese no patio do instituto , para manter as ganas de que chegara o recreo. Pasámolo coma nunca , eu aínda daba voltas cando cheguei a casa e non me recuperéis de todo o día seguinte.

 

Exposición de Miguel Anxo Prado Non me esperaba o que vin , as cores tan vivas , os trazos tan marcados e todo moi expresivo; contrastaba terriblemente co outro edificio. Isto salvoume a excursión , a verdade é que faltoume tempo para observar detalle por detalle todas as ilustracións e os comics, quixera estudalos para poñelo en práctica e asemellar os meus debuxos a eles , polo menos un pouco. E o meu ilustrador favorito e só pola exposición mereceu a pena ir.

Distribuir contido