AS MIRADAS DE ISAAC

Tagged:

   O día 12 de marzo o alumnado de 3º de ESO asistiu á videoconferencia “As miradas de Isaac” impartida desde a Cidade da Cultura.

   Da man do persoal de guías do Museo Gaiás, os rapaces e rapazas introducíronse de forma virtual na vida dunha personaxe irrepetible, como foi Isaac Díaz Pardo, quen abordou múltiples disciplinas: arte, intelecto, técnicas…e sacou adiante importantes iniciativas que acadaron un salientable papel no conxunto da cultura galega do século XX. Nesta visita en liña, que é unha exposición homenaxe polo centenario do nacemento do artista, coñeceron o seu polifacético universo: ceramista, pintor, deseñador, escritor, editor, empresario... nun percorrido entre obras de arte, obxectos diversos, fotografías, textos, murais, documentos e proxeccións. Sen dúbida un gran descubrimento sobre a nosa cultura para o alumnado de 3º.