Skip to Content

Novas

Atención durante o verán:

O horario de apertura en xullo será de 9h30 a 13h30 

(agás o 24 e 25 de xullo que o centro non estará aberto)

 

Entre o 31 de xullo e o 31 de agosto a atención será telefónica 

(no número habitual do centro: 881930387) de 9h30 a 13h30. 

Tamén poden realizar as súas consultas a través do correo electrónico ies.fernando.esquio@edu.xunta.gal

Prazo ordinario de matrícula para ESO e Bacharelato para o curso 2023-2024

Achégase as datas e horario do prazo ordinario de matrícula.

A Xunta lanza unha nova edición da Guía do Sistema Universitario de Galicia

 

A publicación permite achegar á sociedade galega unha información precisa e completa sobre a oferta de estudos universitarios que se ofrecen na nosa Comunidade.

Máis información

Obradoiros temáticos para adolescentes entre 11 e 16 anos

Programa Mocidade Activa

De martes a venres de 10:30 a 13.30 horas

Inscrición ata o 28 de xuño de 2023

Instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación secundaria e bacharelato no curso 2023/24

Publicada a resolución do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2023/24

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir material escolar para o curso 2023/24

Publicada a convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial para o curso 2023- 2024 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

O prazo para presentar solicitudes iniciará o día 22 de maio de 2023 e rematará o día 21 de xuño de 2023.

Libros de texto Curso 2023-2024

Achégase a listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024.

Xornadas de Portas Abertas EPEF

O venres 23 de xuño vaise celebrar na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) da Universidade da Coruña unha Xornada de Portas Abertas. Nela daranse a coñecer as titulacións que se impaten  no centro, así como os seus principais laboratorios.

Formulario de inscrición

Convocatoria dos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico Curso 2022-2023

Mañá, 31 de maio, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2022-2023 (código de procedemento ED311D) cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 14 de abril.

O prazo de presentación de solicitudes é do 31 de maio ata o 30 de xuño.

Xornadas con familias

O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolven o proxecto de prevención de condutas aditivas, no que se enmarcan o programa familiar “ MAS QUE UN TEITO”, subvencionado pola Consellería de Sanidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut