Skip to Content

Fondo de libros e vales de material

A adxudicación definitiva do Fondo Solidario de Libros co listado de libros que corresponde a cada persoa está publicada no taboleiro de anuncios situado no interior do centro.

As familias que teñan dereito a vale de material poderán vir recollelo entre o xoves 20 e o 28 de xullo ou a partir de setembro.

Os vales entregaranse unicamente á persoa solicitante acreditando a súa identidade co dni ou documento equivalente.  

 

 A entrega de libros realizarase en setembro (daremos máis información a inicios do curso lectivo).

 

Lembramos que as persoas solicitantes tamén poderán consultar o listado de libros que lles corresponden a través da web:

FondoLibros (empregando para identificarse a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre).



blog | by Dr. Radut