Skip to Content

Novas

Novo blogue do EDLG do IES Fernando Esquío

 

Inauguramos un novo blogue para informar das actividades do EDLG, non deixedes de visitalo.

Fondo de libros e vales de material

Podedes consultar na aplicación FondoLibros (ou no interior do IES) se tedes libros de texto outorgados polo Fondo Solidario e cales son.

Tamén podedes pasar a recoller os vales de material (ate o 24 de xullo ou ben en setembro)

O reparto de libros do Fondo Solidario será nas seguintes quendas:

 

  • Libros de 1ºESO e 3ºESO: luns 22 de xullo de 9:30 a 13:30 
  • Libros de 1ºESO e 3ºESO: martes 23 de xullo de 9:30 a 13:30 

(haberá un novo reparto en setembro)

Matrícula 24/25

DATAS de formalización da matrícula:

  • 2º Bacharelato luns 1 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30
  • 1º Bacharelato martes 2 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30
  • 4º ESO mércores 3 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30
  • 3º ESO xoves 4 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30
  • 2º ESO venres 5 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30
  • 1º ESO luns 8 de xullo de 2024 de 09:30 a 13:30

 

Bolsas NEAE

Todas aquelas persoas que desexen formalizar a bolsa NEAE poden facelo entre o 30 de abril e o 13 de setembro cumprimentando o formulario que aparece neste enlace (https://www.educacionfpydeportes.gob.es/gl/servicios-al-ciudadano/catalo...) e remitíndoa ao centro educativo onde cursa estudios para que tramitemos a solicitude.

Bolsas Ministerio Educación: do 19/03 ao 10/05

PARA QUE ESTUDOS PODES SOLICITAR UNHA BOLSA?

 

Para alumnos que no curso 24/25 estean matriculados en:

  • Bacharelato

Reservas Curso 2024/25 centros adscritos

Todas as reservas realizadas por parte de alumnado de centros adscritos foron admitidas polo que quedan prazas libres para alumnado de centros NON adscritos que desexen incorporarse ao IES Fernando Esquío no curso 24/25.

Día non lectivo

O xoves 16 de maio de 2024 é o día non lectivo elixido polo centro e autorizado pola Xefatura Territorial.

Admisión Curso 2024/25

Alumnado de novo ingreso procedente de centros non adscritos (Prazo: do 1 ao 20 de marzo)

Presentación de solicitude de admisión única:

Novas e actividades de febreiro

Reparto de froita e leite para as parvas dos recreos e tamén temos este mes as seguintes actividades complementarias

Xornada de portas abertas

O xoves 22 de febreiro terá lugar unha xornada de portas abertas para as familias interesadas en coñecer o centro.

* de 16h-17h será a visita para as familias interesadas na ESO

* de 17h-18h a visita das familias interesadas no Bacharelato.

De non poder asistir poden contactar por mail co centro para preguntar as dúbidas que lles podan xurdir.

Distribuir contido


by Dr. Radut