Skip to Content

Despedida

Hoxe pola mañan todo o IES Fernando Esquío quixemos lembrar a memoria de A.C.B. cun pequeno acto que tivo lugar no segundo recreo.

Reunímonos no pavillón onde tantos recreos pasou xogando coa rede de voley. Alí seu compañeiro Ricky compartiu unhas emotivas palabras na súa honra seguidos por un minuto de silencio.

Finalmente a gaiteira María, antiga alumna do centro, acompañounos tocando "Amazing Grace" como clausura do acto.

Mañan martes durante todo o día poderán despedirse de A.C.B no tanatorio Albia aquelas personas que o desexen.

Triste nova

Estimadas familias:

Sentimos comunicar o falecemento do alumno de 4°ESO, A.C.B.

Ante esta triste noticia dende o departamento de Orientación e o Equipo Directivo acompañaremos ao alumnado e á comunidade educativa neste proceso de esta dó.

Solicitamos a vosa colaboración neste proceso tendo en conta as seguintes recomendacións:

- Respectar a dor da familia tratando a información de xeito coidadoso.

- Respectar e acompañarnos nas diferentes fases do dó.

Dende o centro educativo estamos a traballar para atender as necesidades dos vosos fillos .

Como ven sendo habitual estamos á vosa disposición. Un cordial saúdo

O Equipo Directivo

PREMATRÍCULA CURSO 2024/25

Nos seguintes enlaces se encontran os impresos de prematrícula para o vindeiro curso 2024/25. A prematrícula non implica a matrícula directa no curso correspondente. O alumnado que vaia  estudar neste centro o curso académico 2024/25 deberá formalizar a súa matrícula na forma e prazo que se comunicará próximamente.

A función da prematrícula é contribuir á mellor organización do próximo curso en base aos datos facilitados nos impresos. É moi importante que as eleccións da prematrícula se manteñan na medida do posible na matrícula oficial.

Tamén é importante sinalar que non se impartirán todas as materias optativas que se ofrecen na prematrícula ya que é necesario un número mínimo de alumnado e outras condicións como a existencia de profesorado.

PREMATRÍCULA 1º ESO

Viaxe a Xinebra

Boletín da viaxe

Información para a sesión coas familias.

XIX Xornadas Literarias do Concello de Neda: Trazos de Xapón

Ademais fora da Xornadas teremos un 
Obradoiro Manga no centro!!!!

Competencias Dixitais para 2º de bacharelato

O próximo venres 12 de abril ás 12:00 terá lugar a proba para a certificación de nivel das competencias dixitais ComDix Intermedio - Área 4 para alumnos e alumnas de 2º de bacharelato que o solicitaron no seu momento.

No seguinte enlace está a ferramenta "Demo da proba":

DEMO DA PROBA

É conveniente que os que estén inscritos se familiaricen coa mesma.

As instruccións para o alumnado son:

INSTRUCCIÓNS ALUMNADO

11ª Convocatoria Becas Eurolingua 2024: Inglés en Irlanda

Eurolingua Venairlanda® lanza a súa 11ª convocatoria de Bolsas Eurolingua para a realización de Cursos de Inglés en Irlanda de dúas semanas de duración durante o verán nun programa de inmersión todo incluído. Constan dun lote global de 20 bolsas dirixidas a estudantes universitarios, de secundaria, bacharelato ou formación profesional cunha dotación orzamentaria achegada por Eurolingua Venairlanda na súa totalidade.

Xornada de portas abertas

Estimado alumnado e familias:

Dende o Departamento de Orientación queremos achegarvos esta información que consideramos poder resultar de utilizade nestes momentos nos que é necesario tomar decisións vocacionais e profesionais.

Van ter lugar varias xornadas de portas abertas (tanto presenciais coma virtuais) en diferentes universidades e campus galegos, así como nun centro integrado de formación profesional da contorna.

Tedes no seguinte enlace, a información necesaria xuntos cos formularios de inscrición:

 Xornadas de portas abertas

Distribuir contido


by Dr. Radut