Skip to Content

Benvida aos novos alumnos

Festival de Entroido 2024: O mundo do cómic

Estos son os gañadores no concurso de disfraces 2024, premede aquí para ver a galería de fotos e os vídeos.

Viaxe a Grecia 2024

Olimpíada de Xeoloxía

O pasado 7 de febreiro, o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de Bacharelato participou na fase autonómica da Olimpíada de Xeoloxía, que este curso, na provincia da Coruña levouse a cabo no IES de Cabo Ortegal, en Cariño. Primeiro foron recibidos no IES e, a continuación fixeron unha xincana por grupos na contorna do Cabo Ortegal. Posteriormente realizaron unha proba individual tipo test. Pola tarde tiveron a oportunidade de facer unha visita guiada por Cabo Ortegal e a Serra da Capelada, dirixida polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa. Deixámosvos a reportaxe gráfica do día!

 

Viaxe a Grecia

 

Do 8 ao 13 alumnos de 4º ESO e 1º,2º BAC viaxan a Grecia para percorrer varias localizacións. Nos adxuntos atoparedes a guía da viaxe con un QR de Google maps, así como os boletíns das visitas ao Museo Arqueolóxico e o da Acrópolis. Tamén podedes acceder ao Google Earth da visita.

Esperamos ter bo tempo e que todo o alumnado disfrute desta oportunidade de coñecer o berce da civilización occidental.

Novo Blogue da aula de Música: Cantares do Esquío

Este é o novo blogue da aula de música, premede aquí para acceder, tamén podedes entrar no enlace da barra da dereita.

Novas e actividades de febreiro

Reparto de froita e leite para as parvas dos recreos e tamén temos este mes as seguintes actividades complementarias

Xornada de portas abertas

O xoves 22 de febreiro terá lugar unha xornada de portas abertas para as familias interesadas en coñecer o centro.

* de 16h-17h será a visita para as familias interesadas na ESO

* de 17h-18h a visita das familias interesadas no Bacharelato.

De non poder asistir poden contactar por mail co centro para preguntar as dúbidas que lles podan xurdir.

Visión do corpo durante a RCP en 3D

Tras a charla sobre a RCP e outros procedementos que salvan vidas, sería interesante que vírades a importancia de aplicar a intensidade e ritmo correctos, mirade de que xeito podemos marcar a diferencia e como a nosa intervención pode non servir para nada.

Charla-taller sobre primeiros auxilios

Hoxe, tanto profesorado do IES, como o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, tivemos a oportunidade de asistir a unha charla-taller sobre primeiros auxilios impartida por un médico do 061. Nela explicounos como proceder cando unha persoa se atopa inconsciente, como realizar a reanimación cardiopulmonar, como manexar un desfibrilador semiautomático e como actuar fronte a un caso de atragoamento, tanto en adultos coma en lactantes.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut