Skip to Content

Ciencias Naturais

Saída xeolóxica

O pasado 24 de maio, o alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e 1º de Bacharelato realizou unha saída xeolóxica guiada polo xeólogo Francisco Canosa. Esta tivo lugar na zona de Moeche, comezando ao pé do castelo, e nela os alumnos/as puideron aprender acerca dunha rocha coñecida co nome de toelo ou serpentinita, un dos materiais ornamentais máis exclusivos de Galicia. Puideron ver varias canteiras nas que antigamente se levaba a cabo a súa explotación e, ademais, na canteira de A Caleira, puideron observar mármores, unhas rochas moi pouco frecuentes en Galicia.

Non vos perdades as fotos da visita! 

Olimpíada de Xeoloxía

O pasado 7 de febreiro, o alumnado de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1º de Bacharelato participou na fase autonómica da Olimpíada de Xeoloxía, que este curso, na provincia da Coruña levouse a cabo no IES de Cabo Ortegal, en Cariño. Primeiro foron recibidos no IES e, a continuación fixeron unha xincana por grupos na contorna do Cabo Ortegal. Posteriormente realizaron unha proba individual tipo test. Pola tarde tiveron a oportunidade de facer unha visita guiada por Cabo Ortegal e a Serra da Capelada, dirixida polo doutor en Xeoloxía Francisco Canosa. Deixámosvos a reportaxe gráfica do día!

 

Visión do corpo durante a RCP en 3D

Tras a charla sobre a RCP e outros procedementos que salvan vidas, sería interesante que vírades a importancia de aplicar a intensidade e ritmo correctos, mirade de que xeito podemos marcar a diferencia e como a nosa intervención pode non servir para nada.

Charla-taller sobre primeiros auxilios

Hoxe, tanto profesorado do IES, como o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato, tivemos a oportunidade de asistir a unha charla-taller sobre primeiros auxilios impartida por un médico do 061. Nela explicounos como proceder cando unha persoa se atopa inconsciente, como realizar a reanimación cardiopulmonar, como manexar un desfibrilador semiautomático e como actuar fronte a un caso de atragoamento, tanto en adultos coma en lactantes.

 

 

Materias do Departamento de Bioloxía

No seguinte tríptico tedes unha breve explicación sobre as materias que oferta o Departamento de Bioloxía e Xeoloxía na etapa do Bacharelato.

Charla sobre doazón de tecidos e órganos

O alumnado de Bioloxía e Xeoloxía de 4º da ESO e 1º de Bacharelato asistiu hoxe a unha charla impartida por persoal médico do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña na que puido aprender sobre a doazón de tecidos e órganos, sobre o rexeitamento que se produce nos trasplantes, así como sobre que hai que facer para convertirse en doador.

 

 

O alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato visita a Domus

O pasado 29 de novembro, o alumnado de Bioloxía de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de realizar un Laboratorio Aberto na Domus sobre o proceso de síntese dun novo fármaco que se está a investigar para a cura do parkinson.

 

Erasmus + KA2 DADA

No Programa Erasmus + KA2 DADA os alumnos de 3ºESO do curso pasado fixeron unha actividade conxunta có alumnado de Alemaña, identificando as prantas invasivas que temos na nosa contorna. O mapa que resulta é o que vedes na imaxe e podedes visualizar no enlace e que está a medrar, indicando a localización e os datos da pranta atopada.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut