IES EDUARDO PONDAL

Artigos, Divulgación científica, Literatura, Poesía, Musica

¡Sede! fonte de creación artística... ¡Sede! engado mortal

 
 

O deserto ao sur do Perú era, hai 1.500 anos, un fértil oasis... con data de caducidade. Os indios paracas sabíanno. Os nasca tamén. Para atraer a escasa choiva rabuñaron aquela árida epiderme e deseñaron  unha das máis engaiolantes topografías que alimentaron durante o século  pasado a imaxinación dos occidentais ( a imaxinación non é máis que outra sede insaciable...)

  Os insectos debecen polo zume que lles ofrecen uns tentáculos iazucreiros... Esa é a súa perdición.: as súas tripas transmútanse en saiva alimentaria das súas caníbales anfitrionas...

 Sabedes que está prohibido levar bebidas á biblioteca... ¡pero podedes refescar a vosa curiosidade científica simplemente botándolle unha ollada ao exemplar de marzo de National Geographic!

 

¡Á vosa saúde e bo grolo!

LOUIS ARMSTRONG

Louis Armstrong

Louis Daniel Armstrong, nado o 4 de agosto de 1901[ e finado o 6 de xullo de 1971, tamén coñecido polos seus alcumes Satchmo ou Pops, foi un trompetista de jazz estadounidense e vocalista orixinario de Nova Orleáns, Louisiana.Comezou a tocar a corneta no correccional con 14 anos, e foise convertendo nun intérprete cada vez máis popular na súa cidade natal até que en 1922 King Oliver o chamou a Chicago para incorporalo ao seu grupo como segundo corneta. Axiña se viu que o aluno superaba ao mestre e en 1925 comezou a gravar como lider coa súa banda: os Hot Five e Hot Seven. Estas gravacións cambiarían o Jazz dunha música de improvisación colectiva a unha onde o fundamental é o solo, a expresión individual dun músico. Coa chegada da era das grandes bandas, Armstrong liderou moitas sen alcanzar o éxito artístico das súas gravacións en pequenos grupos, até que en 1947 voltou cos seus All Stars. Na derradeira etapa da súa vida tivo problemas cos labios que lle impedían tocar e pasou a converterse cada vez máis nun cantante e entertainer. O feito de que hoxe se lle identifique con esa etapa final non cambia que foi el quen nos anos 20 definiu o jazz no sentido no que o entendemos hoxe. 

Son frecuentes as erupcións apocalipticas?

No último número da revista Investigación y Ciencia chegado á biblioteca hai un artigo no que se explica unha erupción xigantesca que, hai tan só 12.900 anos, deixou un cráter enorme no que hoxe se atopa o lago Laach, ao sur de Bonn. As cifras da erupción asustan pero case asusta máis a seguridade de que van ter lugar erupcións maiores.  Nun dos libros da nosa biblioteca, Unha breve historia de case todo, explícanos o autor a posible explosión do grupo de volcáns baixo o Parque Nacional de Yellowstone.(Esto tamén é Yellowstone, síntoo pero non podo resistirme a poñervos un vídeo deste fermoso lugar)
Tamén atoparedes outros temas interesantes na revista. Na sección de cotilleos, por exemplo, toca falar da familia do Sol e da dos homes. Enerxías renovables, a astronomía de Galileo, cousas de cabalos adicadas a Andrea e outros moitos temas completan o número de xaneiro.

Carlos Santana

CARLOS SANTANA

Carlos Augusto Alves Santana, máis coñecido como Carlos Santana é un guitarrista de rock e Jazz-Rock nado no 20 de xullo de 1947 na cidade de Autlán de Navarro, estado de Jalisco , México. O seu pai era violinista nunha banda de mariachi, e o mozo Carlos aprendeu a tocar o violín, pero escolleu a guitarra cando tiña 8 anos. En 1955 a súa familia mudouse paraTijuana  e Santana empezou a tocar en clubes e bares da zona turística.  En 1966 axudou a fundar a Santana Blues Band en San Francisco que despois cambiou para Santana. A súa estrea en gravación ocurreu con The Live Adventures of Mike Bloomfield and Al Kooper.Fíxose moi coñecido despois de tocar no mítico festival de Woodstock e obtivo grandes éxitos nos 70 e 80 nos Estados Unidos. Durante este período, Carlos adoptou o nome "Devadip", conferido polo líder espiritual Sri Chinmoy.En 1991, Santana apareceu no álbum de Ottmar Liebert Solo Para Ti, nas cancións "Reaching out 2 U" e nunha regravación da súa propia canción "Samba Pa Ti". Foi instalado no Rock and Roll Hall of Fame en 1998.Santana xurdiu novamente en 1999 co lanzamento de Supernatural, que incluiu colaboracións con Rob Thomas, Eric Clapton e Lauryn Hill. Supernatural foi o álbum de Santana de maior venda, alcanzando o número 1 na lista Billboard e mantendo esa posición por 12 meses, e gañando nove Premios Grammy.A súa música integra elementos percusivos africanos, melódicos latinos e estruturais do rock anglosaxón e creou unha música nova.  

 

Espíritos inquedos

 
O Home pode ser, máis ou menos, Sapiens: o que si é certo é que foi sempre Variens.

A milenaria civilización chinesa honrou espectacularmente ós seus defuntos, ós seus defuntos, ós seus "espíritos inquedos", como podemos admirar no numeroso exército de terracota do seu primeiro emperador. Hoxe en día, apresurados na súa carreira como potencia económica emerxente, esfrangullan  os ósos oraculais e as ofrendas funerarias ... o tixolo dos novos edificios suplantan ós corpos imperiais de barro.

  Pola contra, os hadza viven no presente. A súa civilización é a mera supervivencia na árida sabana de Tanzania. Representan o Paleolítico en estado puro: sen agricultura, horarios, ataduras sociais, xefes ... só a caza de babuínos de ritual de enterramento: unhas poliñas secas balizan o túmulo dun ser querido, proseguindo a tribo o seu nomadeo sen voltar a vista atrás.

 Dous xeitos de vida radicalmente diferentes ... ¿Cal dos dous pervivirá dentro dunha xeración?

  Percorrendo o exemplar de xaneiro da revista "National Geographic", invitámosvos a un safari e a unha pesquisa arqueolóxica sen saír da acolledora biblioteca do Insti ... ¿Apetécevos?

Distribuir contido