Como xa vén sendo tradicional desde hai máis de dez anos, o Departamento de Física e Química xunto co alumnado de bacharelato do itinerario de Ciencias e Tecnoloxía do noso centro, están a preparar unha Viaxe Didáctica a Xenebra (Suíza), para ser levada a cabo na última semana de febreiro de 2020.
O eixe central será a visita ao CERN (Laboratorio Europeo de Física de Partículas), e ademais coñeceremos outras dúas institucións moi importantes que teñen sede nesa cidade helvética: Edifico das Nacións Unidas e o Museo de Historia Natural.
Visitaremos, ademais, a cidade co seu impresionante lago, as rúas a cidade vella e os seus lugares máis emblemáticos.
Extracto da Programación Didáctica do Dpto de Física e Química.
Alumnado de 4ºESO do noso centro participou, o día 7 de maio, nun encontro co científico neerlandés Ben Feringa, Premio Nobede Química, 2016, celebrado no CIQUS da USC.
Durante este encontro con estudantes de varios institutos de Galicia, o Profesor Feringa impartiu a charla ‘The art of building small: talking to a Nobel Prize Winner’ («A arte de construir en pequeno: charlando cun Premio Nobel»).
O vindeiro 7 de maio, en horario de tarde, o alumnado de Química de 4º ESO terán un encontro con Ben L. Faringa, Premio Nobel de Química 2016.
Alumnado de 3º ESO do noso centro participa no Concurso “O MEU ELEMENTO”.
A Facultade de Ciencias do campus de Lugo da USC, a través da súa comisión de normalización lingüística, o grupo de innovación docente CienciaNosa e o Sistema de Normalización Lingüística da USC, convocan o concurso de vídeos ‘ O meu elemento’ para sumarse á celebración de 2019 como Ano Internacional do Sistema Periódico, unha efeméride declarada polas Nacións Unidas co gallo do 150 aniversario da publicación por parte de Dimitri Mendeleev da súa táboa periódica dos elementos químicos.
Alumnado de 3º ESO do noso centro participa no Concurso “A TÁBOA PERIÓDICA E GALICIA”.
O concurso ‘A táboa periódica e Galicia’ é unha iniciativa da Facultade de Química que busca divulgar entre o estudantado galego a relevancia dos distintos elementos químicos na vida diaria e que se inclúe no programa de actividades organizado polo centro universitario con motivo do Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos.
https://xornal.usc.es/xornal/acontece/2019_02/noticia_0009.html
Co gallo da celebración do DÍA DA MULLER NA CIENCIA, a investigadora en Fïsica de Partículas Miriam Lucio Martínez impartiu o xoves 14 de febreiro a charla "A miña experiencia como muller na ciencia".
Esta actividade foi organizada polos Dptos de FÍSICA E QUÍMICA, BIOLOXÍA e LINGUA GALEGA.
Para ver as imaxes máis grande, premer sobre elas
Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia
11 de Febreiro promove a realización de actividades que, visibilizando o labor das científicas, conmemoren este día, fomenten vocacións científicas nas rapazas e axuden a pechar a brecha de xénero en ciencia.
A terceira edición da Iniciativa celébrase do 1 ao 15 de febreiro de 2019. Este ano acolle máis de 2.200 actividades que chegarán a unhas 130.000 persoas, o 90% celébranse en centros educativos. Máis de 900 persoas da comunidade científica, na súa maioría mulleres investigadoras, impartirán unhas 1900 charlas e talleres que chegarán a máis de 100.000 estudantes en 800 centros educativos. A estas charlas e talleres súmanse actividades organizadas polo persoal docente de moitos centros.
Este é o caso do noso Instituto que acolle unha charla no Salón de Actos o 14 de Febreiro, co gallo desta celebración. Está organizada polos Dptos de FÍSICA E QUÍMICA, BIOLOXÍA e LINGUA GALEGA
“A MIÑA EXPERIENCIA COMO MULLER NA CIENCIA”. Charla impartida por
MIRIAM LUCIO MARTÍNEZ, INVESTIGADORA EN FÍSICA DE PARTÍC.ULAS FACULTADE DE FÍSICA (USC).
14 de Febreiro de 2019 ás 12:45 a 13:40
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer