blogue deadmin

Despedida de Gwen

Promoción 2010-2012


2º. BACHARELATO. Promoción 2010-2012

O galego darache de comer

A cafetería promociona o uso do galego.
Fala con Sindo.
Gaña o teu pincho.

Métete no xardín

Participa no concurso de pistas.
Todos os días unha pregunta.

APÚNTATE NA BIBLIOTECA. 

Maio no xardín do instituto
 

 Maio na biblioteca

Campus Científicos de Verán

Para o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato. Se buscas un verán alternativo, se desexas contactar co labor investigador, se queres convivir con estudantes de todo o territorio español nun ambiente universitario, ata o 16 de maio podes solicitar a inscrición nalgún dos Campus Científicos de Verán. Existen ata 1800 prazas para algún dos proxectos deseñados en varias universidades españolas. Os máis cercanos son o Campus Vida da Univ. de Santiago de Compostela e o Campus do Mar da Univ. de Vigo.

Consulta os requisitos académicos e condicións xerais na páxina http://www.campuscientificos.es/ ou directamente na convocatoria oficial do BOE

Punto de recollida de alimentos non perecedeiros

Durante este mes de maio permanecerá instalado no corredor do instituto un punto de recollida de alimentos non perecedeiros para colaborar coa campaña de Cáritas. Todas as doazóns serán destinadas ás familias en emerxencia social do concello de Mugardos.

Agradecemento polo resultado do III Rastro Solidario

O IES de Mugardos quere facer público o seu agradecento a todas as persoas que dun ou doutro xeito colaboraron no III Rastro Solidario.  Ás familias que doaron materiais, ao alumnado que atendeu o comercio, ao profesorado e persoal non docente e, en xeral a todos os veciños de Mugardos que se sumaron á iniciativa coas súas visitas, doazóns, compras e palabras de ánimo, moitas grazas! En especial, agradecemos ao Concello a cesión desinterada do local da Palmeira onde esperamos repetir a experiencia o vindeiro ano. 

Sen a participación de todos non sería posible acadar o éxito que tivo a edición deste ano que supón a súa consolidación na programación do centro grazas ao impulso e boa organización de Leticia. Consideramos plenamente cumpridos os obxectivos educativos e satisfeitos polo resultado económico. Nos catro días que estivo aberto o rastro, triplicouse a cantidade do ano pasado. Recadáronse 1092 euros que xa foron enviados integramente á construción da escola en Oldonyo Sambu (Tanzania). 

gif generatorFotos na Galería

Campioas nacionais de bateis

Foto: Diario de FerrolO equipo xuvenil feminino de Ares que vén de gañar Campionato de España de bateis celebrado esta fin de semana en Moaña. A tripulación, entre a que figuran as alumnas do instituto Nicole Maroño e Sheila Fernández, pechan deste xeito unha excelente tempada chea de éxitos. Parabéns!!!

FOTO: Diario de Ferrol

O libro e a escritura

Rastro Solidario na prensa

Visita do reitor da USC

Despedida de Aida

   Grazas, Aida, por todos estes anos de xenerosa dedicación ao ensino. Para toda a comunidade educativa do IES Mugardos foi un inmenso pracer aprender de ti e traballar contigo. Desexamos que a xubilación che traia unha nova xeira de xúbilo en compaña da túa familia.

    

    Saúde e xúbilo, mestra.

   

    Fotos na Galería

In memoriam Alberto Cintio

   Este martes recibimos a triste nova do falecemento de don Alberto Cintio. Grazas á sabedoría e xenerosidade deste sacerdote italiano, matemático e grande experto en astronomía, debemos o reloxio de sol da fachada oriental do noso instituto e, asemade, outros nas igrexas de Mugardos e Ares. 
   Na súa lembraza deixamos aquí as imaxes das varias visitas con que nos honrou. Padre Cintio, requiescat in pace. 

Preme na imaxe para avanzar

O Club do Mar busca nome para a nova traíña

O Club do Mar de Mugardos convoca o seguinte concurso para atopar un nome co que bautizar a nova traíña.


  BASES
  • Buscamos un nome que sexa apropiado ó deporte do remo, ó mar, a Mugardos, a Galiza,......
  • A imaxinación debes poñela ti e facer a túa proposta.
  • Poderá participar calquera persoa, sen límite de idade. Só poderase facer unha proposto por persoa.
  • Prazo e lugar de presentación: Do 19 ó 30 de marzo ambos incluídos; no Club do Mar de Mugardos, ou ben enviando un correo electrónico ó enderezo clubdomarmugardos@hotmail.com nesas datas. É necesario incluír o nome e apelidos do aut@r así como un teléfono de contacto.  ( Os envíos presentados fóra de prazo quedarán automaticamente excluídos do concurso).
  • Premio: Un equipo reprodutor de DVD portátil con pantalla xiratoria.
  • No caso que resulte gañadora unha proposta con varios autores, sortearase o premio entre todos eles.
  • Membros do xurado e fallo dos concursos: O xurado estará composto polo Presidente do Club do Mar, dous Directivos da Sociedade, o adestrador da traíña e un remeiro.
  • O gañador do concurso darase a coñecer publicamente o  31 de marzo e recibirá o seu premio nun evento celebrado posteriormente no que se presentará oficialmente a traíña e a tripulación da mesma.
  • A participación no concurso implica a aceptación das presentes bases.
  • http://www.clubdomarmugardos.com/

     


    Exposición sobre os irmáns Suárez Picallo

    Ata o día 11 de abril, no local de mariores de Mugardos, pode visitarse esta exposición dedicada á figura destacada do galeguismo Ramón Suárez Picallo, deputado nas Cortes da República, impulsor do Estatuto de Autonomía, xornalista e reputado orador xunto co seu irmán Antón,  represaliado e asasinado en 1936. 
    (Máis información; http://www.blogoteca.com/acsuarezpicallo/)

    Imaxes do "Torneo de bádminton" (BAC)

    Fotos de Adrián L.M.

    Fotos de Adrián L. M.

    Parlamento Xove, 2012

    make animated gif  

    O pasado sábado dous equipos de bacharelato do IES Mugardos participaron na fase preliminar da terceira edición do Parlamento Xove. É esta unha actividade organizada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Deputación da Coruña que ten por obxectivo fomentar entre a mocidade o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias a través de debates estruturados con regras precisas. O asunto a debater dialecticamente esta fin de semana foi:  "A xuventude no contexto mundial actual: cara a un modelo máis participativo ou máis individualista?".

     O equipo de 1º BAC estivo formado por Goretti, Andrea, David e Javier. O de 2º BAC integrárono Natalia, Emily e Bernardo. Como pode intuirse, é necesaria unha preparación previa de investigación e preparación de argumentos nas dúas posturas a defender que foi dirixida pola profesora de filosofía Ofelia Lubián e por Serafín Álvarez, profesor de galego. 

     A competición resultou moi interesante e formativa se ben non se obtivo a clasificación para a fase final que se celebrará no Parlamento Galego.

     

    Diario de Ferrol: "El IES Mugardos representó a la comarca en el Parlamento Xove"

    Entroido, 2012

    Gran entroidada inaugural
    do Ano Olímpico

    Concurso de Repostería:

    1º. Premio: 1ºESO-B                          Galería de imaxes
    2º. Premio: 3ºESO-B 

     

    Concursos do Concello de Mugardos

    O Concello de Mugardos anuncia os concursos artísticos que se fallarán nos próximos meses. A maioría deles está aberto aos menores de 18 anos. Consulta as bases:

    application/msword icon V Concurso de Poesía Concello de Mugardos - Día da Poesía (21 de marzo)

    application/msword iconXV Concurso de carteis da Festa do Polbo

    application/msword icon XXII Concurso de Pintura Bello Piñeiro e Piñeiro Pose

    application/msword iconX Certame de relato curto en galego

    Recollida de tapóns solidarios

     O Concello de Mugardos en colaboración con AS.PA.NE.MI (Asociación de Pais de Nenos con Minusvalía) convida a toda a comunidade educativa do IES Mugardos a colaborar na campaña de recollida solidaria de tapóns de plástico para axudar a Sonia, unha nena ferrolá de dez anos que padece Ataxia Telangiectasia.

    Máis información.

      A cafetería do IES de Mugardos tamén colabora na recollida de tapóns solidarios.

    Vía Deportiva. Didáctica para pais

    Educación en valores a través do baloncesto

    Charla-coloquio dirigida a pais e técnicos impartida por FERNANDO ROMAY e JOSÉ MANUEL BEIRÁN

     

    • DÍA: Venres, 17 de febreiro
    • HORA: De 20:00 a 21:30 horas
    • LUGAR: Santiago de Compostela. No Hotel NH Obradoiro

    Confirmación de asistencia en didacticaparapadres@feb.es

    Máis información en
    www.fundacion-feg.org 

    Curso de mediación

    Esta semana comeza o curso "Xestión e mediación de conflitos, dende a perspectiva de xénero". Desenvolverase en seis sesións, ao longo dos próximos venres, no Centro Cívico Municipal. 

    DATAS: Venres, 20 e 27 de xaneiro
             Venres, 3, 10, 17 e 24 de febreiro

    HORARIO: 16:30-18:30 horas

    LUGAR: Centro Cívico Municipal de Mugardos.

    Máis información, no Departamento de Orientación.

    3'14"

    Tempo de cogomelos

    Magosto, 2011

     

              

                                                        Máis fotos proximamente

     

    Una aventura antártica (1911-2011)

    Curso de "Freemind" e "Dia"

     

     

    O próximo luns día 21 comeza no CIFP Ferrolterra un curso sobre Freemind e Dia

     

    Freemind: Programa para a creación de mapas mentais e conceptuais que permite:

    1- Preparar clases de todo tipo para os alumnos
    2- Organizar e preparar reunións de departamento
    3- Elaborar plans de traballo para preparar clases
    4- Para organizar o noso plan de traballo diario
    5- Para tomar notas e apuntamentos
    6- Expresas ideas complexas e difíciles de redactar
    7- Preparar un presentación pública
    8- Preparar e dirixir unha reunión

    Dia: Programa para crear todo tipo de diagramas, por exemplo:

    1- Organigramas
    2- Esquemas de electricidade ou electrónica
    3- Esquemas de redes
    4- Diagramas de fluxo
    5- Esquemas con elementos en 3D
    6- Mapas de todo tipo
    7- Debuxos con utensilios usados en química

     

    Durante toda esta xornada realízanse unha serie de exercicios prácticos relacionados con estes contidos.

    Para participar poñerse en contacto co CFR de Ferrol ou a través da páxina da Xunta.

    Para ver a presentación interactiva:

    http://www.futureworkss.com/educacion/freeminddia/Inicio.htm

    Para ver os exercicio que se van realizar: 

    http://www.futureworkss.com/educacion/freeminddia/ejercicios/Ejercicios.pdf

     

     

    Distribuir contido