Como facer copia de seguridade dun curso

Máis información en Webs Dinámicas: 

  1. Creación de copias de seguridade

  2. Borrado automático de copias de seguridade

Podemos facer copia de seguridade dos nosos cursos da aula virtual en calquera momento. É especialmente recomendado facelo ao rematar un curso lectivo, cando se prevé un cambio no profesorado que o impartirá no futuro, por exemplo ante unha baixa ou substitución, ou cando vaiamos a realizar cambios importantes na estrutura do curso. 

Para iniciar o asistente de Copia de seguridade seleccionamos a opción correspondente do apartado de “Administración do curso”.

  • Tal e como se indica no paso 1, a copia de seguridade do curso non incluirá información sobre os usuarios matriculados.


  • Se o desexamos podemos saltar os pasos 2 e 3. En caso contrario:

    • No paso 2, podemos incluir ou excluir da copia recursos e actividades concretos ou bloques completos. Por defecto incluiranse todos.

    • No paso 3 podemos modificar o nome por defecto do ficheiro de copia de seguridade.

  • No paso 4 crearase o ficheiro. Este proceso levará máis ou menos tempo en función do tamaño do curso, da carga do servizo de aulas virtuais, etc.

  • Rematada a creación da copia de seguridade o ficheiro resultante almacenarase na “Área da copia de seguridade privada de usuario”, desde a que poderemos descargalo, que é a opción recomendada para maior seguridade, para dispoñer da copia noutro soporte, importalo noutra plataforma, etc. A extensión por defecto do ficheiro é .mbz

  • Lembrade que desde principios de 2023 as copias de seguridade só permanecerán 7 días na aula virtual. Despois eliminaranse automáticamente desde os servizos centrais da Consellería.

 

Última modificación: Mércores, 21 de Xuño de 2023, 10:22