Como configurar actividades condicionais e restrinxir o acceso

En ocasións, como profesores/as dun curso, podemos querer configurar actividades (tarefas, tests, etc) que só estean dispoñibles para o alumnado no caso de que se cumplan certas condicións, como ter completado outras actividades previas, ter acadado unha puntuación determinada, pertencer a un grupo, etc.

Hai dúas formas de facer isto:

1. Coa configuración de curso básica.

1. Na actividade cuxo acceso se quere restrinxir, podemos establecer as condicións no apartado de “Restrinxir acceso”. 

No seguinte exemplo, para acceder á actividade que se está configurando, o alumnado debe ter superado outra tarefa previa de nome “Actividades Capa Física” cunha calificación igual ou maior de 50:

2. O alumnado que non superara a actividade anterior verá a tarefa "restrinxida" coa seguinte mensaxe:

O alumnado con calificación superior a 50 na primeira actividade, poderá acceder á segunda sen problema e levar a cabo as tarefas que alí se pidan.

2. Activando o seguimento de completado no curso.

Outro xeito de configurar as actividades condicionais é utilizando o seguimento de completado das actividades.

1. En primeiro lugar, haberá que activar o seguimento na configuración do curso:

2. Agora, na configuración das actividades aparecerá un novo bloque, como o da imaxe seguinte, no que se poden establecer as condicións que se queiran para considerar a actividade como completada:

3. E por último, na seguinte actividade, podemos restrinxir o acceso cunha nova condición que avalíe se a actividade anterior foi completada ou non (esa opción non aparecía antes de activar o seguimento de completado no curso):

Esta configuración de completado de actividade cambiará tamén como se amosan as actividades na páxina principal do curso. Por exemplo:

1. Antes de completar a primeira actividade, a segunda non estará dispoñible.

2. Despois de completar a primeira actividade, a segunda amósase como dispoñible.

Máis información: 
Última modificación: Xoves, 26 de Novembro de 2020, 11:25