Sobre os cursos

Os cursos son o contido principal da Aula Virtual. En xeral, o profesorado crea e mantén os cursos nos que o alumnado se matricula para acceder aos contidos das materias ou módulos. Dito isto, tamén hai excepcións, como cursos para invitad@s, que non requiren matriculación previa, ou cursos cuxo contido non se axusta aos currículos das ensinanzas oficiais ofertadas polo centro.

Categorías de cursos

Os cursos agrúpanse en categorías. Na Aula Virtual do Chan do Monte defínense 9 categorías. As 5 primeiras utilízanse para agrupar os cursos das ensinanzas oficiais ofertadas polo centro, a razón dun curso por materia e/ou grupo (no caso de que o profesorado que a imparta use a Aula Virtual):

  • ESO
  • Bacharelato
  • FP Básica
  • Ciclos Medios
  • Ciclos Superiores

Para estes cursos "oficiais", coa finalidade de identificalos máis doadamente, proponse unha nomenclatura específica para nomealos, seguindo este esquema:

EnsinoNivel[Grupo] - Materia/Módulo por exemplo ESO2 - Lingua Galega

Ademais das categorías anteriores inclúense catro máis "non oficiais" que agruparán material diverso:

  • Uso da Aula Virtual do IES Chan do Monte: Aquí poderemos atopar axuda sobre a alta na Aula Virtual, lembrar o contrasinal, solicitude de creación de novos cursos....
  • Donas de Si: Documentación e ligazóns de interese relacionados co proxecto que se está realizando no centro para a igualdade da muller.
  • Cursos anteriores: Agrupa cursos creados para cursos lectivos anteriores ao actual e que o profesorado queira manter por algún motivo.
  • Outros materiais: Agrupa cursos sobre materiais didácticos variados (por exemplo Kahoot e outros recursos) que non se axustan á estrutura de materias e módulos da oferta educativa oficial actual do centro ou que non encaixen nas categorías anteriores.

Solicitar e crear un novo curso

Calquera usuari@ rexistrad@, pero especialmente o profesorado, pode solicitar a creación dun novo curso accedendo desde o bloque de cursos na barra lateral.

No fomulario de solicitude deberase indicar a seguinte información:

  • Nome completo do curso: seguindo a nomenclatura proposta:
    EnsinoNivel[Grupo] - Materia/Módulo
  • Nome curto do curso.
  • Categoría do curso.
  • Resumo.
  • Razóns ou calquera xustificación para solicitar o curso.

Unha vez cuberto o formulario, o administrador recibirá un correo electrónico e, cando o curso sexa aprobado, @ usuari@ que o propuxo recibirá o correspondente aviso tamén por correo, quedando configurado como profesor@ do mesmo e cos permisos axeitados para administralo.


Última modificación: Domingo, 29 de Marzo de 2020, 18:45