Como importar contido dun curso existente ou dun ficheiro .mbz

Existen dous xeitos principais de engadir a un curso contido xa creado anteriormente:

  1. Se o material de orixe se atopa nun curso existente no que o/a usuario/a ten permisos axeitados pode usar a opción de "Importar" e a continuación elexir os contidos, recursos e actividades que quere importar.
    Máis información en https://docs.moodle.org/all/es/Importar_datos_de_un_curso

  2. Se o material de orixe se atopa nun ficheiro .mbz, usaremos a opción de "Restaurar". Despois de cargar o ficheiro preguntarásenos como queremos restauralo, se queremos substituir completamente o contido do curso actual ou se queremos misturar contidos, permitindonos en ambos casos seleccionar os recursos e actividades que queremos restaurar.
    Máis información en https://docs.moodle.org/all/es/19/Restaurar_un_curso

Hai que ter en conta que en ambos casos o proceso pode levar un tempo en completarse.

Última modificación: Mércores, 20 de Setembro de 2023, 09:33