Política de cambio de curso lectivo

Política de cambio de curso na Aula Virtual do IES CDM

Tras rematar un curso lectivo e antes de comezar o seguinte, probablemente ao longo do mes de xullo, levaranse a cabo unha serie de tarefas na Aula Virtual do centro:

  1. Ao rematar un curso eliminarase todo o alumnado da Aula Virtual.
    Se hai reclamacións, antes farase copia dos cursos das materias afectadas.

  2. Recoméndase ao profesorado facer e descargar copia de seguridade dos seus cursos antes do mes de xullo, especialmente no caso de cambio de profe titular da materia.

  3. Desahabilitaranse e/ou eliminaranse as contas do profesorado que deixe de impartir docencia no centro.

  4. Actualizarase o índice principal de cursos da Aula Virtual en función da oferta educativa do centro para o novo curso. 

    • Crearanse novos cursos na Aula Virtual para as materias que se impartan por primeira vez.

    • Eliminaranse ou arquivaranse na categoría de “Cursos anteriores” os cursos relativos a materias que se deixen de impartir.

    • Para o resto de cursos, en principio manteranse os contidos (recursos e actividades) que tivera neles o profesorado que os impartíu por última vez.

  5. Nos cursos de nova creación ou naqueles nos que cambie o profesorado, engadirase o novo profesor ou profesora cos permisos axeitados e desde ese momento poderá xestionar os contidos do curso así como o alumnado matriculado. Para facilitar a colaboración entre o profesorado anterior e o novo manteranse a matrícula e os permisos daquel ou daquela no curso, aínda que en calquera momento calquera das dúas persoas poderá xestionar a baixa da matrícula.

    • Se alguén quere manter na Aula Virtual unha copia dalgún curso impartido, pode indicalo explícitamente a través dunha incidencia e crearase unha copia na categoría de “Cursos anteriores”.

    • Do mesmo xeito, se alguén quere restaurar unha copia de seguridade dun curso compatible coa Aula Virtual nun curso no que é profesor/a, ou nun curso novo, pode solicitar a axuda á administración da Aula Virtual. 

  6. Algúns días antes de comezar as clases do novo curso, matricularase masivamente a todo o alumnado posible. A pesar deste traballo inicial o profesorado de cada curso pode ter que facer axustes nos usuarios matriculados, especialmente nos casos de materias optativas, desdobres, pendentes ou matrículas co curso xa comezado.


Para calquera dúbida, coma sempre, podedes poñer unha incidencia indicando como lugar da incidencia “AulaVirtualMoodle” ou escribindo directamente a admin-moodle@ieschandomonte.edu.es.

Última modificación: Martes, 14 de Xuño de 2022, 13:58