Como xestionar os usuarios dun curso

Para dar de alta ou de baixa a usuarios dun curso do que somos profesor/a (teacher) accedemos á opción de "Usuarios Matriculados" dentro do menú "Administración do curso":

Unha vez alí veremos o listado de usuarios matriculados no curso, tanto alumnado como profesorado.

Para desmatricular a un alumno/ou usuario pulsaremos na "X" á dereita.

Para matricular novos usuarios pulsaremos no botón "Matricular usuarios", que abrirá unha nova ventá na que poderemos buscar os usuarios que queremos matricular e asignarlles o rol que corresponda (student, teacher, etc.)

Para matricular a cada usuario pulsremos o botón "Matricularse", e para rematar e pechar a ventá o botón "Rematar a matriculación de usuarios".

Última modificación: Mércores, 18 de Novembro de 2020, 11:20