Todo está nos libros... e Vigo tamén

O venres 27 de novembro os alumnos de 1º de bacharelato D participaron na actividade promovida polo EDL do Concello de Vigo  Obradoiro literario. Proxecto Vigo Literario. Tivo lugar no noso centro e foi guiada por Paulo Jablonski.

 Preme para ver a foto ampliada Se queres ver algunha imaxe da actividade pica na foto.

Os nosos alumnos puideron  coñecer a importancia de Vigo no aspecto económico e cultural a partir  do século XIX e tamén a súa presenza na literatura galega e universal. Paulo Jablonski falounos dalgunhas  obras nas que se cita ou se desenvolve parte da acción na nosa cidade, de autores tan coñecidos como Jules Verne, Ernest  Hemingway, Manuel Antonio, María José Queizán ou Domingo Villar.

Posteriormente, o alumnado localizou na cartografía dixital de Vigo na IKimap algúns lugares en que se desenvolven diferentes situacións da novela Ollos de auga  de Domingo Villar.