Festival das Letras Galegas 2024. Recitando a Luísa Villalta

Onte, 15 de maio, celebramos no noso centro o Día das Letras Galegas. Comezamos cun concurso poético-literario na nosa biblioteca, onde o alumnado gañador de cada aula tiña que recitar o seu poema diante dun xurado. A continuación tivemos o festival propiamente, onde homenaxeamos a poliédrica Luísa Villalta, a través da lectura da súa poesía e dunhas pinceladas biográficas con acompañamento do alumnado de música.

Tamén contamos coa inestimable participación das poetas Lara do Ar e Silvia Penas que recitaron obra propia e obra de Luísa Villalta. A parte festiva correu a cargo do alumnado de regueifas e do grupo de pandereteiras do centro.

Unha xornada ben bonita para dar pulo á nosa lingua!

 

Álbum: Curso 2023/2024 -> Festival das Letras Galegas 2024. Recitando a Luísa Villalta