CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL (marzo 2024)

IES Castelao foi habilitado pola Xunta de Galicia coma un dos centros de educación para persoas adultas co obxectivo de facilitar a capacitación dixital. Este programa permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática.

Con esta medida, a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades pretende impulsar as actuacións que levan a cabo os centros que imparten educación de persoas adultas, ao tempo que se cumpre o establecido na Estratexia Edudixital 2030, que ten como eixo segundo a mellora das competencias dixitais da cidadanía no ámbito das súas competencias.

As actividades irán dirixidas, preferentemente, cun nivel baixo de cualificación neste eido, atendendo especialmente a fenda de xénero á poboación vulnerable e ás zonas rurais.

Deste xeito, as persoas que non estean recibindo formación no sistema educativo regrado poderán participar neste programa. A primeira das iniciativas será a formación dun curso de 30h de duración, na que se ofrecerá unha competencia dixital básica. A actividade está financiada polo Fondo Social Europeo, polo que é de balde. Ao remate entregarase un certificado de asistencia e aproveitamento, co que se poderán acreditar unidades de competencia de cualificación profesional. 

A actividade terá lugar nas instalacións do IES e contarase con todo o material preciso para levalas a cabo. Os grupos serán reducidos e o alumnado terá unha atención personalizada. O curso desenvolverase dende o 2 de abril ata ao 27 de maio de 2024. 

Os horarios previstos son: 

  • Martes e xoves de 16:30 a 18:30

    Luns e martes de 18:30 a 20:30

    Luns de 18:30 a 20:30 e Xoves 16:30 a 18:30

    Mércores 16:30 a 18:30 e Xoves 18:30 a 20:30

inscrición realizarase de forma presencial na Secretaría do IES en horario de atención ao público (9:00 a 14:00). Poden solicitar máis información chamando ao 886 11 11 11. A matrícula formalizarase por estrita orde de chegada. 
En ANEXO está a folla de inscrición que poden descargar para presentar na secretaría. 
 
prazo para inscribirse remata o 26 de marzo de 2024.