Esta si que che é desgraza

Recursos teatrais para a expresión dramática na escola Didáctica E Outros  Materiais Educativos - Materiais: Amazon.es: Casalderrey, Fina: Libros

“Esta si que che é desgraza”                  Fina Casalderrey

O grupo de lectura de 3º ESO B leu na  clase  durante a semana do 6 ao 9  de abril a  peza  de teatro  “Esta si que che é desgraza” da obra  Recursos teatrais para a expresión dramática na escola, de Fina Casalderrey. Esta peza é unha teatralización libre da Cousa de Castelao “Se eu fose autor teatral”.

Fixemos a lectura teatralizada e  os alumnos compararon e comentaron a versión lida.

Nesta descríbese unha situación en dúas accións paralelas: a morte dun animal e a reacción que provoca nas familias de distinta clase. Semellan accións iguais con reaccións similares mais non o son.

Iago cre que o autor explica moi ben o drama que viven os personaxes dos dous lances trala morte dunha vaca, no primeiro caso, e dunha cadela, no segundo.  Ainara di que cada grupo sofre pola morte do seu animal pero que é máis grave a da vaca para os labregos, que lles dá o sustento, que a da cadeliña para os de clase social alta, que a teñen como un “xoguete”, aínda que lle teñan cariño.

Xaime ve que o autor consegue  describir perfectamente as dúas clases sociais a través deses animais e da súa morte, e que o que é moi importante para unha, a vaca, para a outra non o é  e rin dela, e viceversa, os labregos rin da morte da cadela que a eles non lles daría de comer. Cre que todos os protagonistas coinciden nos sentimentos que lles produce a morte de cadanseu animal.