Enderezo descoñecido

enderezo descoñecido-kressmann taylor-9788497826051

Enderezo descoñecido  Kressmann Taylor

 

Enderezo descoñecido conta a sorprendente historia de dous amigos e socios propietarios dunha galería de arte en California, Max Eisenstein, xudeu estadounidense, e Martin Schulse, alemán, que retorna ao seu país en 1932, coincidindo co ascenso do partido nazi. Esta obra, breve e intensa, representa un dos máis estarrecedores alegatos contra o nazismo, cuxo rostro perverso se nos fai patente ao longo da correspondencia entre os dous personaxes.

 

No Club de lectura do mes de xaneiro,os membros comentaron esta obra de K. Taylor.

Noelia dilles aos compañeiros que o libro lle gustara moito. Coñecía superficialmente a historia do nazismo pero, di, que a través da obra, compredeu o tempo no que se desenvolvían os feitos e a influencia do nazismo en todos os aspectos da vida da xente. Gustoulle o formato epistolar no que está escrita. Ler as cartas de cada protagonista faiche entender a súa situación persoal e a sociedade da Alemaña de Hitler. Toca sobre todo o tema da amizade entre Max e Martin, que ela considera, segundo como se nos presentan os feitos,como superficial e non verdadeira, pois nesta os amigos axúdanse e superan xuntos os abstáculos da vida. Tamén Bárbara cre que a autora ensina ao lector a situación de Alemaña e EUA na época porterior a Primeira Guerra Mundial, o ascenso de Hitler ao poder e como a sociedade é permeable as súas ideas, tanto que consegue que rompan os lazos familiares e de amizade na sociedade alemá.

A través das cartas vese como se vai deteriorando a relación entre Max e Martin, a reticencia deste a cartearse con Max e como, ante a morte de Giselle, e o irmán desta decide vingarse do amigo facendo ver aos nazis, na correspondencia, que Martin se relacionaba e facía negocios con xudeus, de aí o triste final de Martin que explica o título da novela.