Un viejo que leía novelas de amor

Un viejo que leía novelas de amor             Luis Sepúlveda

No grupo de lectura de 4º da ESO lemos a finais do 1º trimestre a novela de Luis Sepúlveda Un viejo que leía novelas de amor.            

Esta novela narra a historia de Antonio José Bolívar Proaño que vive en El Idilio, unha cidade remota da rexión amazónica dos indios Shuar, e con eles aprendeu a vivir e coñecer a xungla respectando as leis desta e dos animais, así como cazar, en particular unha tigrilla, que estaba a causar problemas na cidade. O seu desexo de ler preséntase cando o dentista Rubicundo Loachamín ofrece novelas de amor, que lerá nas noites con intensidade.

Bárbara Jota considera que a atmosfera da selva amazónica está moi ben descrita, así como o mundo indíxena. O autor fai que nos identifiquemos cos  indíxenas e o seu modo de vida no medio en que viven, que está sendo destruído polos colonos e buscadores de ouro ou simples aventureiros, é dicir, polo que se chamaría “a civilización”. O autor fainos ver que hai que amar e protexer a selva e a todos os seres que a habitan.

Noelia Carollo cre que se pode dicir que o autor fai ecoloxía a través da defensa da natureza da Amazonía e da vida dos seus habitantes.

Destaca que tamén nos fala da importancia da lectura e como as novelas de amor que le o protagonista fan que esqueza a barbarie humana.

O novela presenta, ademais, outros valores como a xenerosidade, por parte do dentista Rubicundo Loachamín, a amizade ou  o respecto pola diversidade.