Fullmetal alchemisth 1 e 2

Resultado de imaxes para: fulmetal alchemist + autor"     Hiromu Arakawa

Nas sesión de  xaneiro o grupo de lectores de MANGA leu e analizou os dous primeiros números da serie Fullmetal Alchemist de Hiromu Arakawa

 

Fullmetal Alchemist 1

Jazmín, Lynette e Ainara falan da historia que viven os protagonistas, os irmáns Edward e Alphonse Elric, que se presentan neste 1º número da serie. Eles  intentaron realizar unha transmutación alquímica coa esperanza de devolver á  vida  a súa nai defunta, pero non o conseguen. Como consecuencia, Al desaparece, e queda convertido nunha máquina con espírito e Ed perde a perna esquerda. No presente, os irmáns buscan a un líder relixioso chamado Padre Cornello que pode obrar milagres e que posúe a pedra filosofal que pode devolverlle o corpo a Al, mais decátanse de que algo non é certo. Desenmascaran a Cornello ante os seus súbditos e continúan na busca dunha solución para Al.

Fullmetal Alchemist  2

No episodio  2 Cornello dille a Edward o seu plan de usar a Lior como base para a dominación mundial. Ed entón vence a Cornello coa súa alquimia superior, só para descubrir que a pedra filosofal é  falsa.  Cando os Elrics se van, Lust e Gluttony conseguen recuperar os seus plans matando a Cornello e substituíndoo por Envy que se enmascara como o Cornello real.

As lectoras cren que se critica o sometemento a unha ideoloxía –neste caso relixiosa-, pois Cornello só busca o poder sobre os seus súbditos. Tamén a corrupción.

 A  historia está chea de acción e resulta atractiva polos sucesos inesperados que che sorprenden. Resaltan como negativo a  escasa presenza feminina.

                                                                            Jazmín, Lynette e Ainara (2º ESO)