Monster Collection 1

Monster collection I

Os integrantes do Club de Manga, como  se fixo no curso pasado,  continúan lendo libros distintos para recomendarlles aos outros membros do Club e comentárllelos.

Jazmín Esteban Ureña, de 2º ESO A,  leu e recomendoulles aos compañeiros o volume 1 da serie Monster Collection, de Sei Itoh. Neste episodio1, Kasche, a  aprendiz de mago, emprende unha grande aventura, para recuperar un gran tesouro antigo roubado na colección da Academia. Como ningún dos feiticeiros maiores está dispoñible, a pesar  de que saben que as súas habilidades son limitadas, o director da Academia decide envialo para rastrexar o tesouro desaparecido. A súa capacidade para facer amigos, tanto criaturas humanas como máxicas, sérvelle ben na súa procura. Un ladrón con talento e un fermoso mozo vampiro únense a ela na viaxe mentres loitan contra os exércitos humanos e as hordas dos non mortos.

 Jazmín cóntalles a historia aos demais e comenta que, a pesar de que hai algunhas escenas subidas de tono, a acción atrapa, os personaxes son graciosos e os debuxos moi bos.  O que menos lle gustou é a visión algo machista da protagonista  como unha rapaza bonita pero torpe e teimuda que se namora do ladrón  e que logo  se declaran.

Recoméndao porque é moi entretido.

 

                                                                          Jazmín Esteban Ureña  2º ESO A