A expedición do Pacífico

a expedicion do pacifico(premio merlin 1994) (premio da critica 1 995)-marilar aleixandre-9788497825016

A expedición do Pacífico                              Marilar Aleixandre

O segundo grupo de lectura de 3ª ESO A leu e comentou  esta novela de aventura e ao mesmo tempo científica de Marilar Aleixandre.

A obra novela a verdadeira expedición  que se levou a cabo entre 1862 e 1866. Paula  cpmenta que a viaxe tiña como obxectivo coñecer a flora e a fauna de Sudamérica descoñecida para os europeos.  A viaxe, que parte de Cádiz, percorre, di Uxía, varios países que tocan o Pacífico  para volver novamente a España.  A autora, apunta Joel, ademais de relatar este feito científico, aproveita para amosar a polémica que na época se produciu entre os teorías do darwinismo, que defende a evolución das especies  e que está representada por Andrés e Diego,  e o creacionismo, Deus creou as especies individualmente sen ter que evolucionar, defendida por Arguijo.

Liam, Judith e Lucía destacan o enfoque feminista da historia, pois Emilia debe disfrazarse de home para poder entrar na expedición. A novela, din, retrata perfectamente a situación da muller na época, que estaba destinada a casar e coidar da familia e que non tiña dereito ao voto, nin a estudar nin a realizar traballos que daquela facían só os homes, pero  grazas ao  personaxe de Emilia ponse en valor todo o que as mulleres poden e deben facer.

                                                                                               3º ESO A