Black Butler

Resultado de imaxes para Blac Butler I

                                                       Black Butler                    Yana Toboso

Jazmín Esteban Ureña, de 1º ESO A, leu e comentou para os compoñentes do Club de Lectura de Manga os primeiros volumes da serie Black Butler, de Yana Toboso.

A historia céntrase nunha casa señorial nos arredores de Londres na época victoriana, onde o personaxe principal é o conde Ciel Phantomhive, un neno de doce anos que se dedica a resolver os misterios que asolagan Inglaterra baixo as ordes de raíña Vitoria xunto co seu mordomo, Sebastian Michaelis. A relación que  une a ambos non é só de amo e mordomo; Sebastian é un demo, con habilidades sobrehumanas, que está unido a Ciel a través dun contrato, debido ao cal deberá servilo ata que este consiga vingarse das  persoas que asasinaron aos seus pais e mancharon o honor da súa familia. Unha vez que o contrato se cumpra, Sebastian tomará posesión do alma de Ciel. Ao longo da historia, Ciel e Sebastian resolverán numerosos misterios e crimes. O parche que Ciel leva no ollo dereito serve para ocultar o símbolo do contrato que pactou co seu mordomo. O seu pasado é escuro e cheo de tristeza, e só sorrí de cando en cando. Sebastian leva na súa man esquerda o símbolo do contrato, idéntico ao que Ciel leva no seu ollo dereito.

Dos volumes que lin, do I ao VIII, gustáronme  case todos xa que  a min me atrae o macabro e estes mangas o son. Teñen moitas mortes e quizais iso desguste a algúns lectores, pero as historias están moi ben contadas e os debuxos son moi bos. O que menos me gustou foi o IV pois a trama é pouco interesante.  Recoméndoos a aqueles  a quen lles guste o macabro e demoníaco.

 

                                                                                                                                            Jazmín Esteban Ureña