Monster collection 2 Sei Itoh
Este mes de maio os integrantes do Club de Manga decidiron ler libros distintos para recomendarlles aos outros membros do Club e comentárllelos.
Ainara Saínza Docampo, de 1º ESO C, leu e recomendoulles aos compañeiros o volume 2 da serie Monster Collection, de Sei Itoh. Neste episodio 2, Kasche, a aprendiz de mago, emprende unha grande aventura, acompañada de Natascha e Corvo, para recuperar os segredos dos feiticeiros contidos na enciclopedia de Velm. Deben loitar contra o Señor das Terras, que matou o anterior propietario.
Ainara cóntalles a historia aos demais e comenta que, a pesar de que na historia hai bastante violencia e algo de sexo, a acción é trepidante, os personaxes son graciosos e os debuxos moi bos. Recoméndao, ademais, porque é moi entretido.
Podedes ver un debuxo de Kasche realizado por Ainara non apartado "Outras actividades"
Ainara Saínza Docampo