Iniciar sesión: Acceso

Novas

CALENDARIO DE INICIO DE CURSO

Día 10 de setembro, martes:

12:00. Presentación de 2º, 3º e 4º de ESO.

2º ESO A: Aula de Música.

2º ESO B: Aula de Matemáticas 3.

3º ESO A: Aula de Física e Química.

3º ESO B: Aula de Matemáticas 1.

3º ESO PDC: Aula de Clásicas.

4º ESO A: Aula de Tecnoloxía.

4º ESO B: Aula de Inglés 1.

12:00. Entrega de libros de 2º ESO (Biblioteca).

12:30. Presentación de 1º ESO (Salón de actos).

12:45. Entrega de libros de 1º ESO (Biblioteca).

Día 11 de setembro, mércores:

08:45-14:25. Inicio das clases en horario normal para ESO e Bacharelato. Funcionamento habitual do transporte escolar.

08:45-09-35. Presentacións de Bacharelato. Logo continuarán as clases seguindo o horario normal.

1º BAC A: Aula de Matemáticas 2.

1º BAC B: Salón de actos.

2º BAC A: Aula de Filosofía.

2º BAC B: Aula de Inglés 2.

09:30. Entrega de libros de 3º de ESO (Biblioteca)

11:00. Entrega de libros de 4º ESO (Biblioteca)

 

LISTAXE PROVISIONAL DE LIBROS DE TEXTO E VALES DE MATERIAL ESCOLAR

Comunicamos que están expostas no vestíbulo do centro as listaxes provisionais do fondo de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2024-2025.

PECHE DO CURSO DO 50 ANIVERSARIO NO IES CAMILO JOSÉ CELA

Rematou outro curso, pero non un calquera: este 2023-2024 foi curso do 50 aniversario do centro, que foi celebrado con diferentes actividades. O 21 de xuño tivo lugar no Auditorio de Padrón o acto final, en que Xosé Manuel González Reboredo, membro do Consello da Cultura Galega e antigo profesor no centro, pronunciou a lección final de curso. Marisel Véliz (a primeira directora) trasladounos as súas lembranzas e Anxo Angueira, escritor e académico da RAG, rememorou os seus tempos de estudante no noso centro.

Tamén participaron Chus Senín, directora entre 2007 e 2011, a alumna da primeira promoción Marisel Llerena e os alumnos Ricardo e Manuel Babío Arcay, pertencentes á primeira xeración que inaugurou o edificio actual do instituto. Para rematar, proxectouse un vídeo que lembra distintos episodios reivindicativos que aconteceron no centro, realizado polo profesor Lois Gil Magariños. Podedes velo premendo na imaxe.

MATRÍCULA PARA O CURSO 2024-2025

O prazo oficial de matrícula para o vindeiro curso vai do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Para organizar o proceso, establécense as seguintes datas de matriculación por niveis:

Martes 25 de xuño: matrícula de 2º de Bacharelato.

Mércores 26 de xuño: matrícula de 1º de Bacharelato e 4º de ESO.

Xoves 27 de xuño: matrícula de 3º de ESO.

Venres 28 de xuño: matrícula de 2º de ESO.

Luns 1 de xullo: matrícula de 1º de ESO.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2024-2025

Lembramos que permanece aberta a convocatoria de axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o vindeiro curso 2024-2025. O prazo de solicitude remata o 21 de xuño de 2024. Pódese consultar toda a información no apartado Libros de texto desta mesma web, ao que se pode acceder premendo no seguinte enlace. No mesmo apartado está dispoñible a listaxe de libros de texto para o curso 2024-2025, que se pode tamén consultar premendo aquí.

RECOLLIDA DE TÍTULOS de ESO e BAC

Informamos de que os títulos correspondentes ao alumnado que rematou os seus estudos de ESO e de Bacharelato en 2022 están dispoñibles para a súa recollida nas dependencias da administración do centro.

ENCONTRO CON EX-DOCENTES DO IES CAMILO JOSÉ CELA

O pasado 15 de abril, o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato desfrutou dun encontro con profesoras e profesores que deixaron unha importante pegada no IES Camilo José Cela. Bieito Silva, Rita Amigo, Encarna Otero e Emilio Crespo conversaron co alumnado sobre as súas experiencias como docentes e cargos directivos no centro en diversas etapas. A reunión celebrouse no marco dos actos de conmemoración do 50 aniversario do IES.

Todos e todas lembraron con agarimo o seu paso por Padrón e achegaron interesantes reflexións sobre distintos aspectos do ensino público e sobre as súas vivencias ao longo da súa carreira docente. O alumnado participou activamente na conversa.

 

Distribuir contido