Iniciar sesión: Acceso

Non tememos a morte

 Gonzalo hermo

NON TEMEMOS A MORTE.

Levámola dentro.

Celebrámolo

ESTOU AQUÍ. Enfronte atópase o resto do mundo.

O vento do norte sutura o teu verbo a esta casa.

Instala o noso medo na raíz.

Ponlle nome a aquilo que cremos amar por moito tempo.

Pensa no instante en que soubemos que este muro caerá.

Abre a porta, deixa pasar os cans: que coman da mesa.

Para que cheire a terra a entroido ou barricada dunha vez.

Para que cheire a algo que se desfai e se compón constantemente.

Non deteñas a ollada na beleza do incendio.

Abre unha fisura.

Rompe o círculo.

Escapa.

6