Iniciar sesión: Acceso

Colabora

Cada semana pegamos nun taboleiro, dentro da Biblioteca, un texto breve e unha folla co símbolo de “gústame” e “non me gusta” para que manifestedes a vosa opinión.
O texto pode ser un poema, un microrrelato ou un fragmento de calquera texto literario ou non, é dicir, que tamén se poden poñer textos científicos, históricos, filosóficos...
O único requisito é que sexa breve, para que non dea preguiza lelo de pé. E pode levar algunha ilustración ou apoio gráfico.
Sería estupendo que colaborase o alumnado e o profesorado, manifestando se vos gustou o texto ou suxerindo textos que se poden publicar.