Iniciar sesión: Acceso

RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

Comunicamos que, unha vez rematado o período de reserva de praza para o alumnado dos centros adscritos, todo o alumnado que solicitou reserva de praza no IES Camilo José Cela para o curso 2023-2024 resultou admitido. Pódense consultar as listaxes expostas no taboleiro situado no interior do centro.

Tamén queremos comunicar que, desde o próximo xoves día 1 e ata o 20 marzo, ambos incluídos, estará aberto o prazo de admisión de alumnado que non teña praza reservada por non vir dun centro adscrito. Pódense realizar estas solicitudes telematicamente desde a aplicación admisiónalumnado ou nas dependencias do centro. Poden consultar máis información premendo aquí.

Para calquera dúbida, poden poñerse en contacto co centro no teléfono 881866240 ou a través do correo electrónico ies.camilo.jose.cela@edu.xunta.gal.

AXUDAS LE. Curso 2022-2023

Comunicamos que o luns 13 de febreiro saíu publicada a Orde de 18 de xaneiro de 2023 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023 (AxudasLe). As axudas van dirixidas a alumnado de 1º ou 2º de Bacharelato no presente curso. As actividades realizaranse durante os meses de verán.

Estas axudas consisten en estancias para perfeccionar os idiomas estraxeiros nos respectivos países que os teñan como lingua propia. O prazo de solicitudes vai do 14 de febreiro ao 13 de febreiro.

Pódese consultar toda a información na páxina da aplicación:

https://www.edu.xunta.gal/axudasle/

 

9 de decembro. Día non lectivo

Comunicamos que o próximo venres día 9 de decembro non haberá clase no IES Camilo José Cela, ao ser escollido polo centro como día non lectivo e autorizado pola Xefatura Territorial.

CONSTITUCIÓN DA ANPA DO IES CAMILO JOSÉ CELA

Difundimos desde a nosa web a convocatoria para a creación da ANPA do IES Camilo José Cela:

Desde o curso pasado, un grupo de nais de alumnado do centro veñen traballando na constitución dunha ANPA, que represente as familias no centro e na toma de decisións no Consello Escolar. Este proceso está a piques de completarse, para o cal convidan a participar a pais, nais e titores e titoras legais na Asemblea Fundacional, que terá lugar o vindeiro xoves 1 de decembro de 2022 ás 19:00 h en primeira convocatoria e ás 19:30 en segunda convocatoria.

Puntos a tratar:

1. Elección do nome da ANPA.

2. Aprobación dos estatutos.

3. Elección da xunta directiva, para a cal son elixibles todas as nais, os pais e os titores e titoras legais do alumnado.

4. Determinar a contía da cota de socio/a.

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR 2022

Comunicamos que a día de onte, xoves 3 de novembro, quedou constituída a Xunta Electoral que regulará as eleccións a representantes no Consello Escolar do IES Camilo José Cela dos distintos sectores da Comunidade Educativa. Renovaranse dous/dúas representantes do alumnado, un ou unha representante dos pais, nais ou titores/titoras legais e tres representantes do profesorado.

O prazo de presentación de candidaturas dos distintos sectores estará aberto ata o luns 14 de novembro ás 13:00 horas. As persoas interesadas deberán inscribir a súa candidatura nas dependencias de administración do centro.

Nos seguintes enlaces pódese consultar a información detallada por sectores:

Convocatoria alumnado

Convocatoria familias

Convocatoria profesorado

RECOLLIDA DE VALES ADICIONAIS PARA MATERIAL ESCOLAR

Lémbrase ás familias beneficiarias dos vales de 50 euros para material escolar que poden pasar polo centro a retirar o vale adicional de 25 euros. Recoméndase pasar canto antes, xa que estes vales deben empregarse nas librerías antes do 1 de decembro.

RESOLUCIÓN PROVISIONAL DAS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE PROBAS DE NIVEL LINGÜÍSTICO EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

No día de onte saíu publicada a Resolución provisional de centros públicos beneficiarios das axudas para a realización de probas de nivel lingüístico para o alumnado en linguas estranxeiras.

O alumnado de 2º de Bacharelato do IES Camilo José Cela que presentou a solicitude foi seleccionado na súa integridade para recibir a subvención para a realización das probas. Pódese consultar a listaxe de centros e cursos seleccionados no seguinte enlace.

O alumnado que presentou solicitude deberá consultar ao seu profesorado de linguas estranxeiras para recibir asesoramento sobre a proba e será informado en breve das posibilidades para a súa realización.

LISTAXES DEFINITIVAS DE FONDO LIBROS E VALES DE MATERIAL ESCOLAR

Informamos ás familias de que, a partir do 22 de xullo, poden consultar no taboleiro da entrada do centro a listaxe definitiva do fondo de libros de texto. A entrega dos libros realizarase en setembro, antes do inicio das clases (día 8 de setembro). Avisarase por este medio das datas e horarios de recollida.

A partir o 26 de xullo estarán a disposición os vales de material escolar na oficina do centro. Poderanse recoller en horario de 9:00 a 14:00.

 

Distribuir contido