Iniciar sesión: Acceso

Libros de texto do curso 2023-2024

Xa están publicadas as listaxes de libros de texto para o curso 2023-2024, nesta mesma web. Poden consultalas no apartado Libros de texto, que atoparán na columna da esquerda, ou premendo directamente neste enlace.

O IES CAMILO JOSÉ CELA VOLVE ESTAR ENTRE OS MELLORES CENTROS DE GALICIA TRAS O RESULTADO DAS ABAU 2023

Por terceiro ano consecutivo, o noso centro supera a media de 7 nas ABAU e está entre os mellores centros de Galicia polo resultado nestas probas. Este curso ademais, repítese o 100% de aprobados e aprobadas nestes exames e a media sobe ata o 7,56. Segundo publica a prensa, o noso centro sería o sétimo de Galicia con maior nota na ABAU 2023:

Ademais, 5 alumnas e 1 alumno do noso centro foron distinguidos entre os mellores expedientes de ensino medio de Galicia, nun acto celebrado o 22 de xuño en Santiago de Compostela: Carmen Caldelas, Carla Cortiñas, Blanca García, Raúl Hermida, Lucía Lagares e Lucía Vidal.

Parabéns ao alumnado e a toda a comunidade educativa!

DATAS DE MATRÍCULA PARA O CURSO 2023-2024

Comunicamos que as datas oficiais de matrícula para o curso 2023-2024 comprenderán desde o vindeiro 23 de xuño ao 7 de xullo.

Para organizar o proceso, repartiremos a matrícula por cursos, do xeito seguinte:

2º de Bacharelato: Luns 26 de xuño.

1º de Bacharelato: Martes 27 de xuño.

3º e 4º de ESO: Mércores 28 de xuño.

2º de ESO: Xoves 29 de xuño.

1º de ESO: Venres 30 de xuño.

PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2023-2024

Comunicamos que xa están publicadas as listaxes definitivas de admisión de alumnado para o curso 2023-2024. Poden ser consultadas no taboleiro que está no interior do vestíbulo do centro.

EXAMES EXTRAORDINARIOS DE 1º E 2º DE BACHARELATO. XUÑO DE 2023

Achégase o calendario de exames extraordinarios de 1º e 2º de Bacharelato no presente curso. Serán realizados todos no salón de actos do centro.

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E TEXTO E VALES DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2023-2024

O pasado venres día 19 de maio publicouse a Orde do 10 de maio de 2023 que regula a adquisición de libros de texto e vales de material escolar para o vindeiro curso 2023-2024. O prazo de solicitudes remata o 21 de xuño de 2023. Pódese consultar toda a información nesta web, no apartado Libros de Texto, premendo neste enlace.

BOLSAS DE ESTUDO 2023-2024

Comunicamos que está aberto o prazo para a solicitude de Bolsas de estudo para o vindeiro curso. Poderá acceder a elas o alumnado que no curso que vén vaia cursar os seguintes estudos:

  • Bacharelato.
  • Formación Profesional de Grao Básico.
  • Ciclos de Formación Profesional de Grao Medio e Grao Superior.
  • Cursos de preparación para acceso a ciclos impartidos en centros públicos e concertados
  • Ensinanzas artísticas profesionais e superiores.
  • Ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais.
  • Ensinanzas deportivas.
  • Estudos Relixiosos superiores.

Toda a información pódese atopar na páxina web do ministerio, premendo no seguinte enlace. O texto da resolución pódese consultar premendo aquí. Tamén facilitamos, como arquivo adxunto, un díptico con indicacións interesantes que poden consultar premendo neste enlace.

Por outra parte, achegamos un arquivo adxunto con información sobre como interpoñer un recurso de reposición por se a bolsa deste curso 2022-2023 foi denegada. O prazo para presentalo sería ata o 3 de maio de 2023 e poden consultar a información neste enlace.

O prazo de solicitude vai do 27 de marzo ao 17 de maio de 2023. Para solicitar as bolsas, os trámites deberán facerse a través de internet.

ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Desde hoxe día 1 de marzo ata o 20 do mesmo mes está aberto o prazo de admisión de alumnado no IES Camilo José Cela.

A documentación necesaria para realizar a solicitude de xeito presencial no centro é a seguinte:

-Solicitude (recollerase no centro ou poderá descargarse e imprimirse premendo aquí).

-DNI do/a alumno/a e responsables.

-Certificado de estudos.

-Convenio regulador ou resolución xudicial de divorcio ou separación, se é o caso.

LEMBREN que tamén poden facer a reserva na aplicación admisiónalumnado.

As prazas vacantes, logo das permanencias do alumnado que xa está no centro e das solicitudes de reserva dos centros adscritos son:

1º ESO: 28

2º ESO: 17

3º ESO: 12

4º ESO: 25

1º BAC CIENCIAS: 10

1º BAC HUMANIDADES E CSSS: 10

1º BAC XERAL: 31

2º BAC CIENCIAS: 19

2º BAC HUMANIDADES E CCSS: 14

 

Distribuir contido